30/09/21

A verba viva

 'A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico', un percorrido pola Ribeira Sacra desde o seu núcleo. Unha viaxe audiovisual a unha paisaxe cultural única que só poden ser entendidas desde as claves que rexen o patrimonio humano e os seus e as súas protagonistas: os ribeiraos e as ribeirás, que achegan o público espectador de primeira man á verdadeira identidade do territorio. O documental audiovisual, de algo máis dunha hora de duración, foi dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e producido por Chantada Comunicación.