Soldados de Franco, a premiada e recoñecida obra do historiador galego Francisco J. Leira-Castiñeira, conclúe que a diversidade da xente mobilizada polo bando franquista era tal que, malia que a ditadura construíu un mito baseado en homenaxes a heroes combatentes, eran moitos deles os que renegaban daquel conflito e mesmo da ideoloxía dos seus superiores. A súa nova obra, Soldados forzosos, insiste nese fenómeno, pero de maneira máis breve e gráfica, a través de imaxes que retratan o drama e as viviencias persoais dos galegos reclutad. Velaquí algunhas desas fotografías.