Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
17/04/21
As Irmandades da Fala, un movemento que non se pode entender sen o seu contexto internacional
Membros da Irmandade da Fala de Betanzos indo cara ao concello, 1918 © Arquivo Municipal de Betanzos
Saúde e Terra, Laura Romero!
Laura Romero é ilustradora, urban sketcher e música. Debuxa en vivo durante festivais e concertos, o proxecto Músicas Galegas Ilustradas, espectáculos de música e ilustración en directo, deseño de logos para bandas, etc. É baixista en Zënzar e en MJ Pérez.
O Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla, contará con máis de 45.000 metros cadrados
Información en Galicia Confidencial
Membros do Instituto de Estudos Ulloáns sinalizan a localizacion exacta do Centro Xeográfico de Galicia, ubicado en Nugallás (Antas de Ulla) | IEU
Zeca 1972 Galiza - o Zeca Afonso máis aló do Grândola
O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou en Compostela por vez primeira o Grândola. José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos fai parte da nosa historia. O Zeca forxou un vínculo co pobo galego que vai máis alá dos concertos e das amizades. 1972 tampouco é unha data calquera en Galiza. Este ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido o 10 de marzo a mans da policía franquista como pola forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais. Este documentario, producido por Nós Televisión, afonda no Zeca, no 1972 e na Galiza. Esta produción non tería sido posíbel sen a colaboración de Xarda Cooperativa Galega de Comunicación e a Associaçom José Afonso Galiza.
16/04/21
15/04/21
Conversa con TOMASHOW
Camiño da Geira e dos Arrieiros
Documental dirixido por Xoel Méndez no que se percorre o Camiño de Santiago desde Braga a través da ruta da Geira e dos Arrieiros. Cun enfoque eminentemente divulgativo e a xeito de road movie, a cámara (por terra e por aire) percorre esta senda que, malia o seu inxusto anonimato, xa conta seis séculos de historia. No camiño irá atopándose investigadores e persoeiros da vida política e cultural dos diversos concellos polos que pasa. Son eles quen, xunto cunha narración en off de corte neutral e informativo, irán ilustrando e explicando a importancia histórica dese itinerario, da paisaxe e do patrimonio que atesoura e que converte o da Geira nun dos vieiros con maior potencial e mellor valoración entre os peregrinos.
BAIUCA LIVE FROM APOLO | DIA EUROPEO DA MÚSICA 2020
Baiuca é o alcume do galego Alejandro Guillán, artista que sorprendou co seu primeiro disco longo ("Solpor", 2018), cunha mistura de sons tradicionais e electrónica. Aquí vos deixamos un miniset gravado en directo na Sala Apolo de Barcelona, que Alejandro nos regalu como motivo do Día Europeo da Música (2020).
14/04/21
As primeiras horas da II República en Galicia: música e bandeiras entre chamadas á orde e á esperanza
Información de David Lombao en Praza Pública
Unha alegoría da República substitúe o retrato do rei no Pazo de María Pita o 14 de abril de 1931, nunha imaxe custodiada no arquivo da RAG e incluída no repositorio europeo Europeana CC-BY-NC-ND RAG / Europeana
13/04/21
12/04/21
Agustín Fernández Paz: "A viaxe da Gagarin"
O 12 de abril de 1961, hai sesenta anos, o cosmonauta soviético Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. O escritor e docente Agustín Fernández Paz publicou esta novela no ano 2014 que, aproveitando a proeza deste feito, evoca a memoria dos feitos da súa adolescencia e mocidade. A cidade da Coruña será o marco espacial onde se desenvolva o relato.
Recensión da novela en edicións Xerais
11/04/21
1ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA”
Bases do concurso
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2020-2021.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará na semana do 10 ao 14 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas.
4. O concurso terá tres niveis:
· 1º e 2º de ESO.
· 3º e 4º de ESO.
· Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:
· Durante a primeira semana (19 ao 23 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
· Na segunda semana (do 26 ao 30 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
· Na terceira semana (do 3 ao 7 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas.
· Na derradeira semana (10 a 14 de maio) poderán ser gañadores únicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público no taboleiro do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
· 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
· 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas tres semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
"Hai que rematar co mito de que as cousas en galego non se venden fóra. Claro que se venden, o que hai que ter é calidade"
Ghaleb Jaber Martínez, showrunner (produtor e guionista) da serie © CTV
Un programa da TVG expón a unha muller a reencontrarse cun ex-mozo co que rompera por controlala
Un intre da emisión do programa 'Land Rober' da TVG, este 8 de abril © CRTVG
Eligio Montero | Guionista da serie ‘O sabor das margaridas’
“A xente decide ver en galego ‘O sabor das margaridas’ aínda que exista dobrada”
Entrevista de Gemma Malvido en La Opinión de A Coruña
Eligio Montero. | // LA OPINIÓN
Teatro: entrevista a Diego Anido
“Ao mellor o único que trato de reivindicar co meu traballo é a retranca como xénero artístico”
Información de Montse Dopico en Praza Pública
Diego Anido CC-BY-SA Praza Pública
Non te fíes do que din do teu cerebro: Nin usamos o 10% nin os hemisferios nos definen
O funcionamento do órgano non é tan descoñecido como se cre, e ao tempo resulta máis complexo do que algunhas crenzas expoñen.
10/04/21
Saúde e Terra, Antón Reixa!
Antón Reixa é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor. Neste 13 programa, senta ante as cámaras do noso compañeiro Xosé Bocixa.
O 10 de abril de 1977 a Mariña mobilizouse contra a central nuclear que se quería facer en Xove
Hai 44 anos
Información de David Lombao en Praza Pública
Cartel das Comisiós Labregas contra a central nuclear en Xove Dominio Público SLG
Unha mobilización contra a central Dominio Público Fundación Galiza Sempre
Na Estrada, en galego
O rural é o berce da nosa lingua. Os espazos urbanos semellan, cada vez máis, un risco na transmisión do galego. Como evitalo?
Viaxamos ata o Concello da Estrada onde xiste unha iniciativa que usa o galego para impulsar o comercio local e fortalecer a comunidade en galego. Benvidas e benvidos a 'Na Estrada, en galego'!
Unha ducia de exemplos do 'Galician Noir' que puxo de moda o audiovisual galego en todo o mundo
Este sábado entréganse os Premios Mestre Mateo do audiovisual galego e unha boa parte dos filmes e series finalistas poden ser encadrados na etiqueta do Galician Noir, que está a servir como selo de calidade das producións realizadas aquí e do bo facer dos e das profesionais. A ficción galega, sempre cun puntiño negro, ten cada vez máis éxito internacional. Non é casualidade.
Información Marcos Pérez Pena en Praza Pública
"A banda sonora dos galegos e galegas o longo da história foron as campas” ✨ Arrieiros Somos.
09/04/21
Repsol presenta un ERTE para un terzo do persoal da refinería da Coruña
Afectará a un máximo de 212 traballadores e prolongarase durante seis meses
Entre pastores e lobos
Manuel Pedrosa:"A cultura do lecer inmediato non debera impoñerse a outras formas de relacionarse co medio"
33 mil sinaturas levan ao Parlamento a 'iniciativa Xabarín' pola mellora da programación infantil e xuvenil en galego
As sinaturas foron entregadas por Marcos Maceira, presidente da Mesa © AMesa
Unha sentenza histórica dá a razón aos colleiteiros do Ribeiro fronte ás grandes adegas
A xustiza anulou o acordo do Consello Regulador da D.O. Ribeiro © Turismo de España
08/04/21
Almorfe-Ottawa
Videocreación poética bilingüe galego-inglés de coprodución galego-anglo-canadiana onde a imaxe e a música enlazan dúas culturas unidas pola emigración a través das voces de Chus Pato e de Erín Moure, con música orixinal de Nano Panforreteiro e Enma Hooper e coa colaboración da tradutora Antía Veres.
07/04/21
06/04/21
A RAG edita un novo exemplar de 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Carballo
A colección ofrece ata o momento os estudos da toponimia dos concellos da Agolada, Ames, Begonte, A Estrada, Trabada así como este de Carballo
Información en Galicia Confidencial
Vista aérea do casco urbano de Carballo
05/04/21
Camiño inglés de Santiago tramo urbano da Coruña
Andaina do primeiro tramo urbano do camiño inglés de Santiago. Realizada polo alumnado de 3º de ESO de PMAR do IES Monelos no curso 2020-2021.
Música de Ruxe Ruxe Soños (2015).
04/04/21
Victoria Folgueira, concursante de «¡Boom!»: «Para concursar non fai falta ter só coñecementos, senón manter a calma baixo presión»
Foi alumna do IES Monelos de 1989 a 1993.
Entrevista realizada por Elena Silveira en La Voz de Galicia
Fotografía de Eduardo Pérez
CUÑADOS. Tráiler oficial (VOSE galego). 9 de abril en cines
Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey protagonizan CUÑADOS, unha comedia que conta as peripecias de tres cuñados embarcados nun plan disparatado.
Dirigido por Toño López, producido por Portocabo e distribuido por Filmax, #CuñadosFilm chegará aos cines este venres 9 de abril.
03/04/21
Conversa con JENNI DORF
Cada vez máis menores de 15 anos non saben falar galego, e a cifra aumentará segundo o Consello de Europa
Case un 24% dos menores de 15 anos "non son capaces de falar en galego", lamenta A Mesa pola Normalización Lingüística.
Marcos Maceira, presidente da Mesa | Foto: A Mesa
02/04/21
Unha ducia de cregos cos pés na terra
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Estamos na Semana Santa, un bo momento para lembrar algúns cregos e persoas vencelladas á relixión católica en Galicia que se distinguiron polo seu compromiso social, pola súa loita antifranquista, ou pola súa defensa da lingua galega. Curas vermellos, galeguistas ou simplemente conscientes das preocupacións e demandas dos seus fregueses e freguesas.
Moncho Valcarce foi un exemplo deste compromiso dalgúns cregos rurais. Promoveu a resistencia á ocupación forzosa dos terreos en Meirama (Cerceda) por parte da empresa Lignitos de Meirama a finais da década dos setenta do século XX.
Cantar e contar
Vídeo-resumo da actividade do mesmo título destinada á promoción da lingua galega nas voces dos novos creadores, como Cristina V. Miranda e Os amigos dos músicos.
01/04/21
31/03/21
Surfeando no Pedrido
Fermoso e divertido vídeo dende O Pedrido, o noso wavepark gratis e ilimitado, a onda máis longa de Europa.
30/03/21
29/03/21
Unha ‘app’ da USC calcula de forma automática os niveis de placa dental
Investigadores da USC que participaron no desenvolvemento de DenTiUS Plaque. Foto: USC.
27/03/21
Saúde e Terra, Mou e Sokram!
Dende Ordes, Mou e Sokram son dous artistas urbanos que tamén forman parte do grupo de hip hop Dios ke te crew. Ambos protagonizan este undécimo programa do 'Saúde e Terra. Voces da cultura galega' conducido por Xosé Bocixa e producido por Nós Televisión.
CUAC FM cumpre 25 anos
Naceu o 27 de marzo de 1996.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
26/03/21
'Ponte nas ondas!' avanza cara ao seu recoñecemento pola UNESCO como exemplo de defensa do patrimonio
Información Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa organizada por Ponte nas Ondas © PNO