Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Estamos na Semana Santa, un bo momento para lembrar algúns cregos e persoas vencelladas á relixión católica en Galicia que se distinguiron polo seu compromiso social, pola súa loita antifranquista, ou pola súa defensa da lingua galega. Curas vermellos, galeguistas ou simplemente conscientes das preocupacións e demandas dos seus fregueses e freguesas.
Moncho Valcarce foi un exemplo deste compromiso dalgúns cregos rurais. Promoveu a resistencia á ocupación forzosa dos terreos en Meirama (Cerceda) por parte da empresa Lignitos de Meirama a finais da década dos setenta do século XX.