Co prototipo xa rematado, ata agora o equipo desenvolveu a funcionalidade principal “que é ter o sensor e a comunicación coa aplicación funcionando, cunha comunicación simple de “si” e “non”. Imaxe: Duvi.
22/03/21
21/03/21
Atopan o mecanismo que causa a síndrome do colon irritable
A síndrome do colon irritable afecta a arredor do 20% da poboación, en especial ás mulleres. Imaxe: Pixabay.
20/03/21
Haberá primavera!
E chegou a primavera!
Cesar Morán ao vivo no Bâbâ Bar da Coruña o 9 de marzo de 2019. Con Alfonso Morán como contrabaixo, Pablo no baixo eléctrico, Humberto na percusión e Brais Morán na guitarra e coros. Vídeo realizado por Borja Casal e Irene Mariño.
Haberá primavera é o poema que dá título ao libro-cd de César Morán dedicado a Álvaro Cunqueiro e editado por Galaxia no 2011 no centenario do nacemento do escritor.
Entrevista a Marcos Patt Carballido: "Se certas pasaxes da Biblia fosen escritas hoxe, os avogados cristiáns irían polas autoras"
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Estrela do Día, de Producións Teatrais Excéntricas © Excéntricas
“María Solinha”, de Ignacio Vilar, emítese este sábado 20 de marzo no autocinema da Coruña
Este sábado ás 19:45 no aparcamento exterior do Coliseum.
Imaxe do aparcamento exterior do Coliseum onde se emitirá a película "María Solinha" (2020) dirixida por Ignacio Villar este sábado 20 de marzo.
19/03/21
Día do Pai: unha ducia de pais (case) tan coñecidos coma os seus fillos e fillas
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
O escritor Manuel Rivas e o pai do actor Martiño Rivas
18/03/21
16/03/21
Gañadores do concurso "Día internacional da muller"
Iria Hidalgo Novoa (3º ESO A)
Brais Soliño Rodríguez (3º ESO B)
Rubén Fernández Vecino (2º bacharelato B)
Julia García Couce (2º bacharelato C)
A entrega dos premios realizouse o martes 23 de marzo na porta de entrada no centro (Porta 1).
ESO: primeiro recreo (10:10 horas).
Bacharelato: recreo (a partir das 11:20 horas).
Parabéns aos gañadores e a todos os participantes!
15/03/21
Cúmprese un ano do estado de alarma polo covid-19: O impacto na saúde mental agrávase neste longo período do confinamento: saturación nas consultas e escaseza de medios
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Unha nena, na casa durante o confinamento pola COVID © Concello de Ferrol
14/03/21
Daniel Salgado publica o seu último poemario: "Os paxaros e outros poemas"
Ás veces é a historia a que parece que non cambia e a natureza a que se transforma.
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Daniel Salgado, poeta e xornalista © Hilda Carvalho
13/03/21
Balsámica goleada do Deportivo femenino ante o Rayo no mellor partido da temporada
O equipo coruñés recordou ao da pasada temporada cun fútbol de quilates no que Athenea e Alba Merino puxeron os goles (3-0).
Unha ducia de finalistas nos Premios Mestre Mateo 2021
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Ons dirixida por Alfonso Zarauza
A Illa das mentiras de Paula Cons
Lúa vermella de Lois Patiño
Arima de Jaiome Camborda
El desorden que dejas (serie)
Nación documental de Margarida Ledo
Illas de sal de Xabier Díaz mellor vídeo
Amnesia 3.0 mellor webserie
Night Keeper curta de animación
Segredos-Desmontando Galicia mellor programa de televisión
12/03/21
O Campus de Lugo da USC homenaxea a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia
Luisa Pérez-Soba y Baró, primeira enxeñeira agrónoma de Galicia e quinta de España © USC
11/03/21
Xurxo Souto: "O retorno dos homes mariños". Xerais publica de novo a súa primeira novela
Xurxo Souto coverteuse, por dereito propio, no narrador que mellor sabe ler o mar galego. En "O retorno dos homes mariños" rescata un mito coruñés esquecido: "Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lles parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. A estes peixes, semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños." Tal escribiu Jerónimo del Hoyo, coéngo da Catedral de Santiago, tras visitar A Coruña no século XVII. A señora Laura, a sabia do mar, sabe todo o que se pode saber dos homes mariños. E Mercedes, que tamén é a protagonista da novela "A gran travesía de Chiruca Macallas", traballa nun taller textil. É "heavy" e soña con marchar polo mundo co seu conxunto musical. Cada noite, no taller, máis forte que o boureo das máquinas, sente unha voz que a chama: a canción do mar do Orzán.
10/03/21
Folga xeral en Ferrolterra, Eume e Ortegal: o norte revólvese contra a ameaza dun "ermo industrial"
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Operarios de Navantia, nunha mobilización en Ferrolterra, o pasado mes de decembro CC-BY-NC-SA CIG
'Ons' e 'A Illa das Mentiras' encabezan as candidaturas aos Mestre Mateo, que celebrarán unha gala presencial
Os XIX premio Mestre Mateo entregaranse na Coruña o vindeiro 10 de abril © AGA
09/03/21
08/03/21
07/03/21
Os outros efectos da pandemia: menos poboación nas cidades e máis nalgúns concellos rurais e nas contornas urbanas
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
No confinamento da pasada primavera as zonas rurais incrementaron o seu atractivo fronte ás áreas urbanas CC-BY-SA Anthony Desruelles
IRMANDIÑAS NA SALA REBULLÓN
Resumo do concerto de Irmandiñas na Sala Rebullón o 16 de marzo de 2019. Baixo o lema “músicas en pé de festa”, "Irmandiñas" nace co obxectivo de normalizar a presenza de mulleres músicas nos carteis das festas e verbenas galegas. Trátase de ofertar unha alternativa de calidade á programación habitual neste país para este tipo de eventos e coa posibilidade de deseñar un cartel variado e sen moito esforzo para as organizacións, xa que se trata dun formato totalmente pechado con todo o que fai falta para a súa posta en práctica. As bandas encargadas de poñer a festa son Habelas Hainas, Oîma, Sacha na Horta e The Tetas' Van, catro formacións cunha traxectoria máis que probada no noso panorama musical e que ademais ofrecen estilos musicais diversos dirixidos a un amplo perfil de público tanto en gustos como en idades.
06/03/21
As fotografías de Jean Laurent achégannos a imaxe da Coruña, Lugo ou Monforte a finais do século XIX
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Estación de tren de Lugo e vista xeral da cidade a finais do século XIX Dominio Público Ministerio de Cultura
05/03/21
Entrevista a Agustín Agra: "Silencio' é unha protesta contra todo tipo de imposturas e de imposicións, de dogmatismos”
Newton, Copérnico, Mendel ou Darwin. Son algúns dos protagonistas dos relatos de Silencio
(Galaxia), a nova obra de Agustín Agra. Oito relatos contra o exceso de
ruído e a prol do coñecemento, da argumentación e da proba, fronte ao
dogmatismo. Un monllo de historias que achegan o lector ás persoas que
foron coñecidos científicos, así como ao contexto no que se
desenvolveron os seus experimentos, debates e teorías.
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Unha ducia de artistas galegas que racharon o teito de cristal
Este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, actos e mobilizacións incidirán na demanda de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que continúan tendo que superar obstáculos engadidos nas súas profesións e no seu día a día. Tamén as artistas teñen que vencer resistencias para acadar unha maior visibilildade das súas obras e traxectorias, como exploraron os proxectos Mulleres do silencio (MARCO) ou o documental Arte + Muller + Galicia (Rosario Sarmiento). Algunhas abriron o camiño polo que hoxe avanza unha nova xeración de creadoras.
Información de Marco Pérez Pena en Praza Pública
04/03/21
Punto e final ao megaproxecto mineiro en Touro tras catro anos de loita social
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Andaina pola zona da antiga mina de Touro © Mina Touro-O Pino Non
03/03/21
Entrevista a Pilar Ponte: '21 días co galego', a normalidade da lingua en plena pandemia: "o que sempre se fai é falar"
Entrevista de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Alumnado participante na edición 2021 dos '21 días co galego e +' © 21 días co galego
02/03/21
Ence abre o debate sobre a súa seguridade e non quere unha lei contra a súa concesión, pendente de avaliación xudicial
Información de David Reinero en Praza Pública
Instalacións de Ence na ría de Pontevedra, nunha imaxe de arquivo CC-BY-SA encefora.gal
01/03/21
A memoria viva. Centro Galego da Habana
Reportaxe sobre o Centro Galego da Habana que ten o obxectivo de
recuperar unha historia crucial do patrimonio cultural galego. Gravado
principalmente no actual Gran Teatro da Habana Alicia Alonso, conta cos
testemuños dos traballadores que custodian os arquivos e mesmo de
persoas que viviron os anos previos á revolución castrista, cando o
centro conservaba todo o seu esplendor e actividade.
28/02/21
28 de febreiro de 1981: Hai 40 anos faleceu Álvaro Cunqueiro. 960 primaveras máis para o galego
Información de David Reinero en Praza Pública
Epitafio na tumba de Álvaro Cunqueiro no cemiterio antigo de Mondoñedo CC-BY-SA Barfly2001
27/02/21
O mapa de Fontán, rostro e alma da vella Galicia
"Un país non se fai só con lingua e literatura senón con xeografía, historia e ciencia". Domingo Fontán colocou rostro a Galicia. A súa carta xeométrica, realizada no ano 1834, foi algo máis que un mapa para os vellos galeguistas da Xeración Nós e para escritores como Cunqueiro ou Castelao. Coñecemos ben quen foi Domingo Fontán? Viaxamos ata o Concello de Portas, o seu lugar de orixe e onde aínda queda moito desta figura tan relevante para a nosa historia e cultura.
Unha ducia de fitos na historia de Vieiros.com
Esta semana, ademais dos aniversarios do intento de Golpe de Estado e do nacemento de Rosalía, tivo lugar outra efeméride que se cadra pasou máis inadvertida. O 24 de febreiro de 1996, hai 25 anos, nacía Vieiros.com. Nos seus 14 anos de historia, ata o seu peche en 2010, o portal e xornal foi un medio pioneiro que abriu camiños na Internet galega. Repasamos algúns dos seus fitos e iniciativas.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Conversa con Pablo Rodríguez Vila
Velaquí un home de éxito, profe, sindicalista e youtubeir@. Pasade a coñecer máis da persoa que leva feito tanto pola comunidade educativa galega.