07/03/21

IRMANDIÑAS NA SALA REBULLÓN

 Resumo do concerto de Irmandiñas na Sala Rebullón o 16 de marzo de 2019. Baixo o lema “músicas en pé de festa”, "Irmandiñas" nace co obxectivo de normalizar a presenza de mulleres músicas nos carteis das festas e verbenas galegas. Trátase de ofertar unha alternativa de calidade á programación habitual neste país para este tipo de eventos e coa posibilidade de deseñar un cartel variado e sen moito esforzo para as organizacións, xa que se trata dun formato totalmente pechado con todo o que fai falta para a súa posta en práctica. As bandas encargadas de poñer a festa son Habelas Hainas, Oîma, Sacha na Horta e The Tetas' Van, catro formacións cunha traxectoria máis que probada no noso panorama musical e que ademais ofrecen estilos musicais diversos dirixidos a un amplo perfil de público tanto en gustos como en idades.