Reportaxe sobre o Centro Galego da Habana que ten o obxectivo de
recuperar unha historia crucial do patrimonio cultural galego. Gravado
principalmente no actual Gran Teatro da Habana Alicia Alonso, conta cos
testemuños dos traballadores que custodian os arquivos e mesmo de
persoas que viviron os anos previos á revolución castrista, cando o
centro conservaba todo o seu esplendor e actividade.