Newton, Copérnico, Mendel ou Darwin. Son algúns dos protagonistas dos relatos de Silencio
(Galaxia), a nova obra de Agustín Agra. Oito relatos contra o exceso de
ruído e a prol do coñecemento, da argumentación e da proba, fronte ao
dogmatismo. Un monllo de historias que achegan o lector ás persoas que
foron coñecidos científicos, así como ao contexto no que se
desenvolveron os seus experimentos, debates e teorías.
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública