Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Andaina pola zona da antiga mina de Touro © Mina Touro-O Pino Non
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Andaina pola zona da antiga mina de Touro © Mina Touro-O Pino Non
Entrevista de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Alumnado participante na edición 2021 dos '21 días co galego e +' © 21 días co galego
Información de David Reinero en Praza Pública
Instalacións de Ence na ría de Pontevedra, nunha imaxe de arquivo CC-BY-SA encefora.gal
Reportaxe sobre o Centro Galego da Habana que ten o obxectivo de
recuperar unha historia crucial do patrimonio cultural galego. Gravado
principalmente no actual Gran Teatro da Habana Alicia Alonso, conta cos
testemuños dos traballadores que custodian os arquivos e mesmo de
persoas que viviron os anos previos á revolución castrista, cando o
centro conservaba todo o seu esplendor e actividade.
Información de David Reinero en Praza Pública
Epitafio na tumba de Álvaro Cunqueiro no cemiterio antigo de Mondoñedo CC-BY-SA Barfly2001
"Un país non se fai só con lingua e literatura senón con xeografía, historia e ciencia". Domingo Fontán colocou rostro a Galicia. A súa carta xeométrica, realizada no ano 1834, foi algo máis que un mapa para os vellos galeguistas da Xeración Nós e para escritores como Cunqueiro ou Castelao. Coñecemos ben quen foi Domingo Fontán? Viaxamos ata o Concello de Portas, o seu lugar de orixe e onde aínda queda moito desta figura tan relevante para a nosa historia e cultura.
Esta semana, ademais dos aniversarios do intento de Golpe de Estado e do nacemento de Rosalía, tivo lugar outra efeméride que se cadra pasou máis inadvertida. O 24 de febreiro de 1996, hai 25 anos, nacía Vieiros.com. Nos seus 14 anos de historia, ata o seu peche en 2010, o portal e xornal foi un medio pioneiro que abriu camiños na Internet galega. Repasamos algúns dos seus fitos e iniciativas.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Velaquí un home de éxito, profe, sindicalista e youtubeir@. Pasade a coñecer máis da persoa que leva feito tanto pola comunidade educativa galega.
Economista, político e escritor galego presidente da Fundación Castelao.
Dende hai anos os podcast mudaron a forma en que escoitamos a radio, abrindo un amplo abano de oportunidades e temas que podemos seguir en múltiples soportes e en calquera momento. No 2006 Podgalego comezou a recoller e difundir os podcast realizados na nosa lingua, unha rica comunidade con programas sobre música, deporte, cine, feminismo, ecoloxía, viaxes, historia ou novas tecnoloxías. Moito onde escoller! Velaquí unha ducia deles.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Dende os séculos XII ao XV, o galego converteuse na lingua por excelencia da lírica da Península Ibérica. Unha das xoias literarias, musicais e pictóricas daquel entón, do século XIII, son as Cantigas de Santa María. A corte de Afonso X escribiu as Cantigas de Santa María en galego para avalar a súa candidatura como emperador ante o Papa. Mais por que en galego? Que importante papel xogaba a nosa lingua en semellante operación estratéxica do monarca?
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Franco inaugura unha placa en homenaxe a Barrié de la Maza, na Coruña © NO-DO
Non te amola! é o nome da publicación, que está previsto poder mercar a partir do mes de marzo. Será unha edición ilustrada por Luz Beloso.
Imaxe de arquivo da poeta Xela Arias. (Foto: Cedida)
O escritor avanza un chanzo máis en ‘O paraíso dos inocentes’, Premio Torrente Ballester, na súa reflexión, a través da guerra ou da crise migratoria, sobre a procura da liberdade, a solidariedade e a esperanza no ser humano.
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Antón Riveiro Coello, escritor © Lorena Riveiro
Lola no ano 1950 foi a primeira muller da historia do entroido de Xinzo en vestir a Pantalla. Segundo ela, "O entroido sempre existirá". Queremos dedicar este capítulo a todas as mulleres e homes como Lola e tamén para eses entroideros que xa non están entre nós e inculcáronnos o amor por esta festa carnal!
Presentación da edición 2021 de 'As mulleres que opinan son perigosas' © Deputación de Pontevedra
O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.
Información O Portal da Lingua Galega
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O prazo remata o 12 de marzo
A carón da N-550, entre Santiago e O Milladoiro, estivo o castelo máis grande de Galicia. Era do arzobispado da cidade e non durou máis de dous séculos, cando aló por 1467 os irmandiños remataron con el. Desde aquela permaneceu esquecido: aguantou cincocentos anos, mil batallas e mesmo a desfeita dun tren que o pasou por literalmente por riba.
- En 1998 a veciñanza da Rocha “sublevouse” como fixeran os irmandiños para sacar o castelo de debaixo da herba. Os traballos comezaron no ano 2000 e tras varios paróns e novas axudas, a recuperación do espazo chega a unha nova fase para mellorar a contorna e seguir coas sondaxes. Falamos con Carlos Delgado, presidente da Asociación Rocha Forte; Lola Cerqueiro, arqueóloga municipal; e Mercedes Rosón, actual Concelleira de Cidade Histórica.
Kendrah nace cunha idea innovadora e sinxela: fusionar a música tradicional galega e a afro-bahiana. Seguindo a traxectoria de grandes artistas como Olodum, Muzenza e ile Aye; e empregando cantos de taberna, poemas en galego e de recoñecidos poetas e poetisas galleg@s. Este ano centrámonos no ano Xacobeo e na poeta Xela Arias.
O escultor Miguel Couto tardou tres meses en moldear, fundir e soldar no seu taller de Arteixo a enorme sardiña que o concello instalou este luns na rotonda da rúa da Torre coa confluencia da rúa San Xoán como homenaxe ao espírito do entroido coruñés.
Repaso pola obra de Vicent Van Gogh acompañada da música de Don McLean "Vicent. Starry, starry, night" con subtítulos en galego.
As intensas chuvias do inverno están a volver facer rexurdir a lagoa de Antela, que volve reclamar o seu lugar. Así sucedera tamén en 2019.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Publica
As chuvias fan 'revivir' á lagoa de Antela © Árbores da Limia
Será a partir do 16 de febreiro, día do nacemento do poeta. Na homenaxe participan xente do mundo das letras como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas; músicos como Abe Rábade e Mercedes Peón, xente vinculada ao audiovisual como Alfonso Zarauza, Miguel de Lira e Mariño Rivas; xornalistas como Antón Losada, ademais de persoas do mundo do deseño, a edición ou a educación.
Información en Galicia Confidencial
⚡ A verbena da cumbia e do merengue con autotune coloca no escenario a Ortiga, un dos proxectos musicais de Manuel González González, tamén coñecido como Chicho do Funk. Con máis conexión pola música con raíces en Latinoamérica -moi conectada con Galiza a raíz da emigración- que cun violinista de Salzburgo, Chicho do Funk fala ante as cámaras de Nós Televisión de Ortiga e de Boyanka Kostova, da lingua galega, da música que move o corpo das pobres, da identidade e da aspiración a pasalo ben na vida. Cumbia e autotune para todxs! 🎶
“Sempre é tempo de volver a ser unha mesma e afrontar as verdadeiras querenzas”
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Nazaret López, escritora © Manuel González
Organiza a vicedirección do centro
Ola
Estade atentos porque este curso o Entroido en Monelos será diferente ao doutros anos. Temos que cumprir con todas as medidas de seguridade ás que nos obriga a pandemia e por iso non podemos organizar o concurso de comparsas. O que si podemos facer é o seguinte:
- A partir do martes que vén e ata o xoves, teredes que cumprir cunha serie de "mandados" que vos iremos poñendo por aquí, no hall do instituto e na nosa conta de Twitter. O martes xa ten o seu mandadiño asignado, o do mércores subirase o martes e así ata o xoves que será cando rematemos.
- O venres poderedes vir disfrazados pero tendo moito coidado en cumprir cos protocolos nas aulas, nas entradas e no patio. Estades a facelo moi ben así que non vos custará traballo seguir como ata o de agora. Tedes tamén a posibilidade de participar no consurso virtual de disfraces e gañar moitos premios.
Moi feliz entroido a todos!
Mandadiño do martes 9 de febreiro
O director do IES Monelos fai entrega dos diplomas e vales regalos ás alumnas gañadoras do concurso realizado en 3º de ESO coa colaboración do EDLG e o departamento de debuxo do centro.
O proxecto Trasno pide colaboración da cidadanía galega para reunir máis de 5.000 frases curtas en galego e que as máquinas poidan, así, comunicarase na nosa lingua.
Información en Galicia Confidencial
Unha persoa utilizando o seu teléfono móbil. STADA - Arquivo
A Cartabón é un símbolo no espazo cultural e literario galego que foi quen de resistir desde o ano 1984, entregada ao libro en galego e cunha verdadeira paixón pola profesión de libreiro.
O 12 de febreiro o director do IES Monelos Antón Orosa fai entrega dos diplomas e os vales dos premios aos gañadores do concurso "Canción solidaria no Camiño".
Nina Varela Ota (2º ESO B) gañadora da 1ª modalidade do concurso
Jia Hao Yang (4º ESO A) gañador da 2º modalidade deste concurso
11 de febreiro: día internacional da muller e a nena na ciencia.
Investigadoras e profesoras da Universidade de Vigo apostan por celebrar este día con centros de secundaria de Galicia
11 de febreiro: día da muller na ciencia.
Unha sentencia recoñece a discriminación na convocatoria á que a científica galega se presentou en desvantaxe por mor do permiso de maternidade.
A investigadora María de la Fuente, do IDIS. Foto: Sergas.
Xunto á súa irmá Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, e acadou gran notoriedade investigadora.
Jimena Fernández de la Vega y Lombán. Foto cedida pola RAGC.
Máis do 80% das alumnas da Universidade de Vigo toman apuntamentos en castelán. En galego, só o fan sempre o 7%. Un reflexo da situación sociolingüística do país.
1º Premio: Sálvora IES Plurilingüe A Cachada de Boiro (A Coruña)
2º Premio: De Naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos ingleses a Camariñas do IES Monte Neme de Carballo.
3º Premio: A melodía do faro CMUS Xan Viaño de Ferrol
Artigo do catedrático da Universidade de Santiago e director da Fundación Pública de medicina xemónica (SERGAS), Ángel Carracedo, para conmemorar o 7 de febreiro os días dos medios en galego.
Información en Galicia Confidencial
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Nas unidades de coidados intensivos o número de camas ocupadas semella ter chegado ao seu máximo, pero leva varios días situado nese nivel, sen iniciar aínda o desexado descenso CC-BY pxfuel
Nova visión crítica de Olaxonmario sobre o uso do galego en tik tok.
Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva sete producións teatrais.
Na parte oeste da cidade da Coruña sitúase a Agra do Orzán, un dos barrios con maior densidade de poboación de toda España. En apenas 0,4 quilómetros cadrados habitan 30 mil persoas. Esta é a historia dun barrio obreiro na que o cemento e os coches foron gañando espazo até expulsar ás persoas e ás árbores. A veciñanza leva décadas solicitando un parque no que poden desenvolver a vida en común.
🎥 Nesta reportaxe, poñemos voz a unha loita compartida en moitos outros barrios conformados por traballadoras e traballadores.
“A figura paterna márcanos tanto como a materna, detesto esa hiperinflación da maternidade como valor absoluto”
Entrevista realizada por Montse Dopico para Praza Pública
Rexina Vega © Anxo Cabada
Rodolfo Ucha (Vigo, 1882 - Ferrol, 1981) foi arquitecto municipal de Ferrol entre 1909 e 1936 e nese tempo realizou unha vintena de edificios de estilo modernista, que constitúen unha parte moi destacada do patrimonio arquitectónico da urbe. O Concello iniciou en xaneiro o proceso para concederlle o título de fillo adoptivo da cidade, lembrando ademais o 40 cabodano da súa morte. Repasamos aquí unha ducia destes edificios que desbotan por completo a idea (por desgraza demasiado estendida) de Ferrol como unha cidade fea.
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Casa Cornide, na Cidade Vella da Coruña © Concello da Coruña