13/02/21

GZ na verbena do autotune! con Chicho do Funk

 ⚡ A verbena da cumbia e do merengue con autotune coloca no escenario a Ortiga, un dos proxectos musicais de Manuel González González, tamén coñecido como Chicho do Funk. Con máis conexión pola música con raíces en Latinoamérica -moi conectada con Galiza a raíz da emigración- que cun violinista de Salzburgo, Chicho do Funk fala ante as cámaras de Nós Televisión de Ortiga e de Boyanka Kostova, da lingua galega, da música que move o corpo das pobres, da identidade e da aspiración a pasalo ben na vida. Cumbia e autotune para todxs! 🎶