21/02/21

Bases do concurso e presentación do Día Internacional da muller (IES Monelos)


O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 22 de febreiro e rematará o venres 12 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 18 mulleres galegas relacionadas co mundo da cultura, ciencia, matemáticas, medicina, dereito, empresa e educación. 
 A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas.
 
 BASES:
 
1.  Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría.
 2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización. 
3.  Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todos as personaxes femininas.
4. Só se concederán ata 5 premios. 
5. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores. 5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto.