Información Marcos Pérez Pena en Praza Pública
O Santa María, xa rebautizado como 'Santa Liberdade' Dominio Público
Información Marcos Pérez Pena en Praza Pública
O Santa María, xa rebautizado como 'Santa Liberdade' Dominio Público
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Central térmica de Endesa, nas Pontes CC-BY-SA M. Pereira
CONCURSO CAMIÑO SOLIDARIO
O EDLG do IES Monelos organiza un concurso a través do programa Pasaporte solidario dirixido a todo o alumnado do centro que desexe participar.
Este concurso está relacionado coa celebración Xacobeo durante este ano. Aproveitando, por outro lado, que o día 31 de xaneiro celébrase o día da Solidariedade, preténdese reflectir este tipo de valor fundamental.
O Certame Cancións no Camiño estará centrado polo tanto no tema A solidariedade no Camiño de Santiago.
BASES
1. Dirixido a todo o alumnado do centro, establecéndose dúas categorías:
A. De 1º a 3º da ESO.
B. De 4º de ESO a 2º BAC.
2. As letras das cancións deberán estar
escritas en lingua galega e ser orixinais.
3. Haberá un premio por valor de 50
€ por cada categoría.
4. A data límite de entrega é o 29
de xaneiro.
5. Os traballos premiados daranse a coñecer o 2 de febreiro, día
da Candeloria.
Restos do bosque fósil atopados na praia de Bastiagueiro. Imaxe: @ppoleiros (Twitter).
Os científicos Mariano Esteban (esquerda) e Juan García Arriaza, investigadores da vacina. Fotos: Vinca Page.-J.G. A. CSIC Comunicación
Olaxonmario reflexiona un pouco sobre o colonialismo cultural e lingüístico e fixo este vídeo. Esta peza (segundo el) non pretende ser un ataque persoal contra ninguén, mais si unha reflexión das supraestruturas fora da nosa vontade individual que moldean a nosa identidade cultural e humana.
A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia. Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.
As voces da cultura galega chegarán a cada recuncho do país a través do 'Saúde e Terra! Voces da cultura galega'. Neste primeiro programa, o protagonista é Xabier Díaz: Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional.
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Parque eólico de Montouto, promovido por Norvento entre Abadín e Muras © Norvento
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Bodoque:Adorno de bordado que forma un pequeno círculo en relevo. Termo recollido tamén como "bodocos"
Serie de vídeos sobre a a atmosfera e o clima. Elaboración de Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez. A meteoroloxía é a ciencia que trata de explicar o tempo atmosférico e que condicións dánse nun día determinado en base á temperatura, presión, humidade, choiva, etc que temos no momento. Para estudar o tempo, temos que estudar a atmosfera, que é onde se producen os fenómenos meteorolóxicos que estuda a meteoroloxía. Case todos ocorren na parte máis baixa da atmosfera, a mais próxima á superficie terrestre, nunha capa que se chama a troposfera. Alí é onde se forman as nubes, se producen os lóstregos e onde cae a precipitación en forma de choiva, neve ou sarabia. Outra cousa alucinante da atmosfera é que na seguinte capa da atmosfera, na estratosfera, atópase a capa de ozono, que nos protexe das radiación ultravioletas do sol que son terriblemente prexudiciais para a vida dos seres vivos.
Comentario da youtubeira Pradorua:
Ola! Si, este vídeo non é o habitual na canle. É unha pequena curta que fixen para a materia de Didáctica das artes plásticas e visuais. O conto "O nacemento do Dragón" inspiroume para facer esta especie de performance. Non é gran cousa, mais fixen o que puiden con esta situación. Espero que pronto poida mudar de editor de vídeo para ter máis posibilidades e mellorar os aspectos técnicos da miña canle. Un saúdo!
Xosé Alfeirán resume dous mil anos de acontecementos "nun feixe de episodios seleccionados" que ilustra Xosé Tomás
Información de Rodri García en La Voz de Galicia
O Pescados Rubén pechou o seu triplete en tempos de pandemia coa supercopa en casa ante un combativo Poio Pescamar
Información de I. Díaz Rolle en La Voz de Galicia
Dous de cada tres concellos de Galicia teñen menos poboación que en 1900
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Unha das imaxes do proxecto 'Morte Terra' de Matteo Bertolino sobre o despoboamento do rural galego © Matteo Bertolino
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen...»A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.
Moi boas, kosmikoides! Benvidos e benvidas a un novo vídeo do Jato Kósmiko. No día de hoxe, poderedes ver o terceiro capítulo do VISTO NAS REDES. Neste caso, trátase dunha edición retro na que irán aparecendo vídeos clásicos vistos na tele ou nas redes sociais, aos que irán reaccionando.
Nesta ocasión o Jato Kósmiko estivo moi ben acompañado, pois fixo esta colabo con Helena, da canle Cousas RarismASMR e con María da canle pradorua.
O goberno licita por 48,6 millóns a dragaxe de 583.377 millóns de metros cúbicos de lodos, unha cifra que multiplica por seis a capacidade do buque do Prestige que causou o peor desastre ecolóxico de Galicia.
Os mariscadores solicitan unha reunión entre o Estado e a Xunta para determinar as compensacións.
Información de Xosé Gago en La Voz de Galicia
Información de David Reinero en Praza Pública
Captura da CNN amosando unha imaxe de Getty Images de persoas armadas no interior do hemiciclo apuntando a asaltantes que intentan acceder a el CC-BY-SA Praza Pública
Mobilización de persoal de Alcoa ante a sede da Xunta en San Caetano CC-BY-NC-SA BNG
Os veciños lamentan que non se vexa ao barrio como parte da cidade
Información de David García en La Voz de Galicia
Membros da asociación veciñal, na zona que debería crearse o corredor entre as rúas Fragas do Eume e Ribeira Sacra. Fotografía de Vítor Mejuto
Representantes da ANPA, diante do CEIP inaugurado en setembro. Fotografía de Vítor Mejuto
As empresas poderán reservar espazo neste mes de xaneiro, unha vez que a UDC e o clúster publiquen a convocatorio e os prezos.
Información de Montse Carneiro en La Voz de Galicia
Esta é a esperada versión galega, preparada e actualizada polo autor, dun libro pensado inicialmente para explicar Galicia aos non galegos, pero que axiña se converteu nun texto de referencia dentro do noso propio país. Nel, o escritor Miguel-Anxo Murado, constrúe unha particular «teoría de Galicia», utilizando os recursos do libro de viaxes, a crítica literaria, a xeografía ou a historia. Cun estilo irónico pero apaixonado, o autor vai desmontando os tópicos acumulados sobre o país, tanto polos seus visitantes como polos propios galegos, para intentar descubrir e explicar o que caracteriza e distingue Galicia.
Adestradoras Pokemon, chegou o voso momento! É posible crear Poke Ball de verdade? Con este vídeo aprenderedes o abraiante segredo detrás do funcionamento deste aparello.
A poeta e activista compostelá Luz Fandiño convidounos á súa casa para falar de política, vellez e contarnos varias lembranzas da súa vida.
Hai un século que o Santa Isabel un vapor-correo que, o 2 de xaneiro de 1921, se afundiu nas costas da Illa de Sálvora. Neste pequeno documental faise un pequeno percorrido pola historia deste suceso, un dos máis tráxicos das costas galegas.
Cantiga composta coa letra do poema de Celso Emilio Ferreiro do mesmo nome. Audio gravado e mesturado en Son Natural (Angueira de Castro) en setembro e outubro de 2016. Time lapses cedidos por Emilio Carral.
Fotografía da voda de Blanca Quiroga Pardo-Bazán e José Cavalcanti de Alburquerque e Padierna no pazo de Meirás, con Emilia Pardo Bazán como madriña. | // ARQUIVO DA REAL ACADEMIA GALEGA
Emilia Pardo Bazán nunha merenda nun parque. | // ARQUIVO DA REAL ACADEMIA GALEGA
O 28 de decembro "mercaron" o Corte Inglés de Marineda City
Queremos
dalas grazas a tódolos os que participaron na inocentada de onte (non,
non compramos El Corte Inglés, para que, co ben que se está nos Mallos?)
Ademais, o noso é, e queremos reivindicalo:
* O comercio local
* O comercio de proximidade
* A atención personalizada
* A calidade do produto único
* Os pequenos produtores
* A xente dos barrios
e por iso, quedamos onde estamos e onde vos agardamos: Nos Mallos.
Gustouvos tanto que fomos o cuarto contido máis visto onte nos amigos do @quincemil.
Grazas a @mayglezt, @en3vistas3 e @iagoprada pola súa axuda!!!!!!
Avogados Cristiáns denunciara o pregón do Entroido coruñés de 2018
Imaxe de arquivo de Carlos Santiago interpretando o seu personaxe do Apóstolo durante un dos seus monólogos. (Foto: Nós Diario)Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Nieves Cabo, tras ser vacinada contra a COVID en Santiago CC-BY-SA Xunta
Dirixido e realizado por Carlos Abal Lobato. Interpretado por Fredi Muiño.
"Son unha compositora con autoestima cultural", sostén Mercedes Peón con quen falamos sobre a creación colectiva, as representacións sociais, a ausencia do xénero nas aldeas, a tradición e o número 3. A través da música e das palabras, Peón descúbrenos a forza dos mundos posíbeis, a enerxía que a percorre e todo o que podemos ser capaces de habitar.