"Son unha compositora con autoestima cultural", sostén Mercedes Peón con quen falamos sobre a creación colectiva, as representacións sociais, a ausencia do xénero nas aldeas, a tradición e o número 3. A través da música e das palabras, Peón descúbrenos a forza dos mundos posíbeis, a enerxía que a percorre e todo o que podemos ser capaces de habitar.