12/01/21

O nacemento do Dragón | Pradorua

 Comentario da youtubeira Pradorua:

Ola! Si, este vídeo non é o habitual na canle. É unha pequena curta que fixen para a materia de Didáctica das artes plásticas e visuais. O conto "O nacemento do Dragón" inspiroume para facer esta especie de performance. Non é gran cousa, mais fixen o que puiden con esta situación. Espero que pronto poida mudar de editor de vídeo para ter máis posibilidades e mellorar os aspectos técnicos da miña canle. Un saúdo!