02/11/19

Activistas da Mesa desaloxadas do Pleno de Ourense por pedir a Jácome “respecto” para o galego

A MNL reclámalle ao alcalde de Ourense que  "cumpra co seu deber de defensa e promoción do galego” e repróchalle que cando use a lingua propia da Galiza sexa para “desprestixiala”.
 
 

30/10/19

Núñez Seixas, galardoado co Premio Nacional de Ensaio 2019 por 'Suspiros de España'



Vinte filmes galegos para ver na ponte de defuntos

Tempo do Samaín... ou o Halloween?

Dúas festas cunha orixe común pero cunha evolución diferente

Galicia estivo habitada dende tempos remotos. No paleolítico vivían os Oestrimnios. Máis tarde, hai uns 3.000 anos, empezaron a chegar as primeiras tribus celtas. Este pobo trouxo importantes avances técnicos como a metalurxia do ferro e tamén as súas crenzas. 
Os celtas eran politeistas (adoraban a diferentes deuses que representaban as forzas da Natureza e as condicións do espírito: bondade, sabedoría, guerra, lume as batallas...).
A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro marcaba para os celtas o inicio do novo ano. Crían que era unha noite máxica na que as almas dos defuntos podían volver ao mundo dos vivos para visitar aos seus familiares ou para arranxar contas pendentes. Para alonxar os malos espíritos expoñían nas entradas dos seus castros as caveiras dos inimigos derrotados nas batallas.
Os celtas eran orixinarios da Europa Central, pero como eran pobos de feros guerreiros, foron quen de ampliar o seu territorio até abarcar gran parte de Europa, incluída a nosa terra e a maioría da península Ibérica. Con eles levaron as súas crenzas, entre elas a noite do Samaín.
Máis tarde, no 226 a.C., chegou á península outro pobo moi forte militar e culturalmente: os romanos.






OS ROMANOS
Costoulles moito conquistar aos celtas, pero ao final foron quen de impoñer a súa cultura, incluídas as súas crenzas. Tamén eran politeístas e, co paso do tempo, a celebración da noite máxica dos defuntos do 31 de outubro foi substituída polo culto a Pomona, a deusa romana da colleita.
Tempo despois, as crenzas politeístas foron substituídas por unha nova relixión que se expandíu polo Imperio romano: o cristianismo.
Nese momento adaptáronse as antigas festividades ás crenzas; no caso da festa do 1 de Novembro pasouse a celebrar o día de tódolos santos
Máis tarde viñeron outros pobos, como os suevos no 411 d. C.,... Por outro lado a través dos séculos seguimos recibindo influencias de moitas zonas de Europa, en gran parte gracias ao Camiño de Santiago dende finais do s. VIII.
 Mentres pasaba isto en Galiza, noutras terras veciñas, como Irlanda e os países centroeuropeos, acontecía algo parecido: foron chegando pobos con crenzas e costumes moi diferentes nalgunhas cousas e moi parecidos noutras.
No caso de Irlanda a influencia celta foi moi forte, xa que é un dos lugares onde chegaron máis tribus celtas. Por iso mantiveron moitas tradicións desa orixe. No que respecta á festa do 1 de novembro, alí cambiáronse as caveiras prehistóricas por nabos baleiros decorados para meter medo cunha candea dentro.
A mediados do s. XIX (1845), fuxindo da fame e a superpoboación no seu país, moitos irlandeses emigraron a Norteamérica.
 Con eles levaron os seus costumes, entre eles a celebración da noite de Samín herdada dos ancestros celtas.
En América comezaron a empregar cabazas, porque era moito máis abundantes. Halloween ou Allhallows son xeitos de designar en inglés a festividade relixiosa de Tódolos Santos.
Os estadounidenses comezaron a celebrar esta festa por influencia dos emigrantes europeos. De feito, á cabaza tallada chámanlle Jack-O-lantern por unha lenda de orixe irlandés.
Durante o século e medio de tradición en EE_UU. esta festa derivou nun entroido de outono (eles non celebran, por outro lado, o entroido).
En Galiza a festa do 1 de novembro tamén foi variando e enriquecéndose con cada novo pobo que habitou aquí.
Según nos contan as persoas maiores, moito antes de oírmos falar por estas terras do Halloween, nalgunhas partes de Galiza, a xente xa adoitaba baleirar, nabos primeiro e logo cabazas, para poñerlle candeas dentro e asustar aos veciños polos camiño.
 Se este costume se mantivo dende a Idade de Bronce (época dos celtas) ou se se perdera e volveu máis tarde, a través dalgunha das moitas influencias que recibimos ao longo da historia, seguramente é algo do que probablemente nunca poderemos estar certos.
Do que si temos certeza é da existencia doutras moitas tradicións para esta época do ano que sí chegaron até os nosos días. As máis amplamente extendiadas son a celebración dos Magostos e a visita aos cemiterios para adornalos en homenaxe aos nosos defuntos. En diferentes lugares de Galiza teñen costumes como deixar un prato na mesa para os defuntos, non barrer a cociña esa noite para non molestar ás ánimas, etc, etc. 
Curiosamente, nos últimos tempos a antiga festa que levaran a América os emigrantes, e que xa se perdera en Europa, volve a extenderse por todo o mundo transformada nun poderoso fenómeno comercial gracias á forte influencia da industria cinematográfica norteamericana, ao fenómeno de Aldea global e aos numerosos e moi poderosos intereses creados para fomentar un foco máis de consumo.
 

29/10/19

Riazor celebra o seu 75 aniversario

Tal día como hoxe en 1944, o capelán municipal, Ricardo Rodríguez Dopazo, bendixo o escenario que acolleu o día seguinte un partido entre o Deportivo e a Valencia, aínda que a súa inauguración oficial foi no encontro entre as seleccións de España e Portugal do 6 de maio de 1945.
O novo campo, que substituíu ao Parque de Riazor, situado a un centenar de metros do actual, levantouse nun terreo que adquiriu o Concello por 300.000 pesetas (1.800 euros) e o proxecto foi obra do arquitecto Santiago Rey Pedreira, segundo os datos que constan na web do Deportivo.
A construción do estadio, un escenario de case 40.000 metros cadrados e cun terreo de xogo máis grande que o actual (105 por 74 metros, en lugar de 105 por 68), superou o cinco millóns de pesetas (30.000 euros) e a súa capacidade foi a máis alta de toda a historia con 32.000 espectadores sentados ou 40.000 de pé.
Daquel campo consérvase o obelisco de máis de 45 metros que, tras unha das remodelacións, quedou fóra do recinto, a Torre de Marathon, un miradoiro que naceu para seguir as probas atléticas.
Riazor, que debutou con derrota (2-3 ante a Valencia), foi considerado gafe nos seus inicios, pero ese escenario, que acolleu o Mundial de 1982, para o que foi profundamente renovado, foi testemuña da mellor etapa do seu inquilino (é de titularidade municipal).
ESTADIO DE GRANDES TÍTULOS
Nel celebráronse partidos da liga de Campións cinco tempadas consecutivas, entre elas unha semifinal ante o O Porto (2004), e festexáronse os títulos de Liga, Copa do Rei (2) e Supercopas de España (3) que conquistou o Deportivo na década do noventa e a pasada.
Agora, o equipo afronta unha etapa moito máis modesta, xoga a súa segunda tempada consecutiva na categoría de prata e, ademais, é pechacancelas con nove puntos.

Estadio de Riazor (1944). Realizado polo arquitecto Rey Pedreira



 
Maqueta do proxecto


Imaxe da reforma para os Mundiais de 1982

Imaxe actual despois da reforma da cuberta (2019)

27/10/19

O Superdépor feminino nos puntos altos da clasficación da 1ª división

Un fin de semana de outubro de 1992 naceu o Superdépor, tras unha épica remontada contra o Real Madrid (3-2). O club blanco inciaría nese momento unha sequía de 17 tempadas consecutivas sen gañar en Riazor, con auténticos bailes para escarnio galáctico.
Case tres décadas depois, outro Superdépor, o feminino, colíder de Primeira Iberdrola co orzamento máis baixo da competición, parece disposto a recoller aquel legado. O derradeiro domingo de outubro ridiculizou ao Club Deportivo Tacón (3-1), club comprado a golpe de talonario polo Real Madrid, e para o que ficharon moitísimas xogadoras internacionais. Porque se Pablo Pereiro e Manú Sánchez víronse e desexáronse para armar un equipo de elite, co bloque da tempada pasada e algunhas xoves que foron captando, o Tacón aproveito a notable inxección económica de Florentino para firmar internacionais suecas, francesas, ingles, brasileiras e nixerianas.
Pero este novo Superdépor é moi grande. Enorme. As branquiazuis rebentaron Abegondo (terceiro cheo consecutivo), aumentado incluso máis o sobreaforo, xa que contras as madrileñas encheuse de público a pé de campo, por detrás das vallas. Á  media hora do inicio, xa non había sitio para sentarse.


26/10/19

Galicia, todo ao negro

O "thriller" detectivesco convírtese na gran aposta dos escritores galegos
 

 Artigo de Susana Acosta en Fugas de La Voz de Galicia (25-10-2019)


Nunha das habitacións da segunda planta dunha casa indiana de Lagoa de Pastoriza, en Lugo, Carlos Reigosa propuxose escribir en pleno mes de agosto Crime en Compostela. Era o verán do 83. E a obra convertiuse no primeiro best seller da literatura galega contemporánea, con máis de 35.000 exemplares vendidos, precursora dunha ondada de crimes resoltos que crearon escola, unha auténtica revolución de plumas dispotas a escribir a crónica actual de sucesos ficticios que se fragua na mente destes creadores.
Reigosa pechouse durante 26 días exacatamente. Dende as seis da mañá ata ás doce da noite non deixou de crear e de mover as teclas da súa antiga máquina de escribir, mentres a súa muller e as súas fillas disfrutaban do verán ao aire libre no xardín: Era agora ou nunca. Tiña que escribila neses días antes de regresar a Madrid, á redacción central de Efe. Foi un ataque de paixón, de paixón desbordada que acabou case nun acto heroico. Non escribín ningunha outra novela máis así na miña vida. Entón, o xove Reigosa tiña 35 anos e a historia a tiña en mente dende facía tempo. A tiña estruturada e tiña moi claro que os seus personaxes non serían aqueles arquetipos que lera nos seus referentes da novela negra -Raymond Chanler, Ross MacDonald, Dashiell Hammett-. Personaxes sen vida propia, que só servían de fío condutor para resolver o crime: Tiñan que ser persoeiros que vivisen no tempo, envellecesen, que tivesen vida, relacións familiares, psicoloxía... explica.
E todo isto o veu moi claro cando aterrou en Santiago como delegado en Galicia para a axencia de noticias. Descubriu o escenario perfecto para cometer un crime: A Compostela desa época era un lugar fascinante. Tamén tiña algo de aldea. Nunca a mirara asía ata que vivín nela. Era un espazo idóneo, de rúas estreitas e con poucas luces. E xurdiu ese espazo negro onde cometer un crime podería parecer doado. Santiago chamoume para facer a obra. E así foi como naceu Crime en Compostela na cabeza de Reigosa. O final da obra tampouco podía ser doutro xeito, moi noir: Estiven tres ou catro días facéndolle correcións e fun ver a un amigo catedrático de galego para que me detectase os castelanismos. Acabamos bebendo whisky. Cando es novo xa se sabe... comenta o que foi dende o primeiro momento consciente de que estaba abrindo un camiño no mundo da narrativa galega: Era consciente de que non existía novela policial galega, que se abría un camiño no que a xente podería considralo unha idiotez ou non. A resposta foi contundente. Reigosa gañou a primeira edición do Premio Xerais e se publicaron oito edicións seguidas.
Se as rúas de Santiago foron testemuña do asasinato de Aurelio Xieiro, un coñecido construtor da sociedade compostelana, a cidade do crime pasou ser Vigo e arredores coa irrupción de Domingo Villar, Pedro Feijoo, Francisco Castro e Beto Luaces no panorama literario. A praia dos afogados foi a consagración deste escritor vigués que traspasa fronteira e que nos tres libros da serie do inspector Caldas xa conseguiu vender máis de 70.000 exemplares. A súa última novela O último barco, esgotou a primeira edición en tres meses.


Domingo Villar: Tirei centos de páxinas porque sentín  que non tiñan emoción
Ata a universidade portuguesa ten estudado o bum da novela negra en Galicia, que este ano ten chegado ao top tamén grazas a autoras como Arantza Portabales e Ledicia Costas.
En Vigo o thriller detectivesco acadou unha difusión desoñecida ata o monento (...). A narración de suspense polas rúas de Vigo e a súa contorna foi acollida moi positivamente polo público e a crítica, acadando, ademaís unha notable lexitimación cultural e académica, que transcendía a categorización popular e subxenérica que a narración policial tivo nos inicios, explica Xaquín Núñez da Universidade do Minho, en Vigo noir, Xeografías literarias e relacións intersistémicas na novela negra galega.
As claves deste fenómeno literario as ten claras Francisco Castro, autor da novela negra Tes ata as dez  (2014), outro auténtico éxito literario con máis de 4.500 exemplares vendidos. Esa é a mensaxe que, supostamente, recibe por correo electrónico o protagonista, Antonio Correa, do seu pai. Un correo que chega un día despois da morte do seu proxenitor e que lle obrigará a investigar un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Castro destaca, por encima de todo, o feito de que a novela negra é o xénero que máis se consome: En primeiro lugar a madurez do sistema literario galego, xa é un sistema maduro e ocúpase de tódalas temáticas. Faltábanos a novela negra, como explisión de xénero, no sentido de como se deu en castelán hai décadas. Así que é un síntoma de normalidade. Outro factor que tamén subraia o director da editorial Galaxia é o feito de que os autores de agora pensan no lector: Se nos anos 60 ou 70 o novelista pretende ser patriótico e que as novelas retraten Galicia, neste momento este asunto está superado e o que queremos é ter lectores e lectoras, facerlle pasar un bo momento, que pensen, que reflexionen (...), e nese sentido, o xénero negro permíteo ben. Tamén apunta o feito de que a xeneración actual de autores criouse vendo series de televisión: Levamos toda a vida vendo historias de detectives, crimes, tramas de intriga e loxicamente isto configúranos. E como derradeiro factor determinante considera que a literatura galega é unha literatura urbana: Escribimos historias urbanas e as cidades, nomeadamente Vigo, son escenarios que se prestan moito ás tramas policiais. Castro xa prepara un novo título que sairá en xaneiro, que conta con tódolos ingredientes dun thriller detectivesco.
Este último aspecto, e o do carácter urbano, que tamén o menciona Francisco Alonso, director de Xerais, que destaca o feito de que a novela negra en Galicia está en evolución: Temos a un autor tan importante como Diego Ameixeiras -con Conduce rápido (2014)-, que renovou o xénero de forma mor levante, e así foi recoñecido fóra de Galica. Un autor ao que na Semana Negra de Xixón lle teñen un enorme respecto. E iso é pola súa capacidade de renovar a novela negra. Vigo ten moito, unha estrutura urbana e unhas características urbanas que a fan máis próxima para a novela negra, pero hoxe a novela negra está moi aberta e ten moitas formas posibles, explica Alonso, que tamén destaca a obra de Manuel Esteban, A ira dos mansos (2016), premio Xerais do 2016 con 2.600 exemplares vendidos, e que tamén está ambientada en Vigo: A novela non nace como unha novela senón como unha necesidade miña de contar cousas, de explicarme a min mesmo e á miña contorna o que estabamos a vivir como pais dun rapaz con síndrome de Down. E áinda que o que aparece é unha novela negra, realmente é unha escusa para falar da vivencia diaria dunha persoa con síndrome de Down, explicou o autor nunha entrevista tras recibir o premio.
Vigo é tamén a capital do crime para Pedro Feijoo en Os fillos do mar (2011), finalista dos premios Xerais dese ano e outro auténtico fenómeno liberario en Galicia e con moi boas cr´ticas, con 9.800 exemplares vendidos. Ao igual que a cidade olívica é protagonista en Os fillos do lume (2017) e 3.200 exemplares, no que a corrupción urbanística e a política entran tamén en escena. Sen piedade (2018) convírtese, en cambio nunha especie de road movie literaria, na que os verdadeiros protagonistas non son os personaxes principais, senon as mulleres que non teñen voz no libro. Ansioso ten Pedro Feijoo aos lectores que sacará un novo título en novembro, Un lume azul.
Outro auténtico hit foi Vicus. Un lugar do común  (2017), publicada polo selo Bolanda e ambientada tamén en Vigo e na serra do Suído, ten desbancado o pasado ano en préstamos na Biblioteca Central de Vigo a bestsellers como Patria, de Fernando Aramburu, La verdad sobre el caso Harry Quebert, de Joël Dicker, La sustancia del Mal, de Luca D'Andrea, e Todo esto te daré, de Dolores Redondo.

As raíñas do crime

Sí, elas pisan forte no xénero negro. Como a escritora viguesa María Oruña. O seu famoso Puerto escondido (2015) acumula 19 edicións con Planeta. O éxito desta novela foi tal que, o ano seguinte de publicarse, os concellos de Suances, Comillas e Santillana del Mar acordaron realizar unha ruta literari oficial seguindo a novela. A serie da teniente Valentina Redonda continuou con Un lugar a donde ir (2017), con once edicións e Donde fuimos invencibles (2018), o seu terceiro traballo, que suman sete edicións. 
Arantza Portabales: Penso que as cousas boas que me pasan non as merezo

Cunha imaxe impactante comeza Beleza vermella (2019), de Arantza Portabales. O asasinato da sobriña dunha das artistas máis relevantes do panorama cultural polo seu círculo máis cercano aparece escrupulosamente escenificado cunha estampa que recorda a unha obra de vangarda. No momento do asasinato tan só cinco persoas atópanse na casa. Unha trepidante historia que xa enganchou a máis de dous mil lectores. 
A coruñesa Nieves Abarca  tamén ocupa un posto honorífico no xénero negro. Dende o 2012 non deixou de colleitar éxitos con Vicente Garrido. Os casos de Valentina Negro xa se converteron nun clásico do xénero con catro entregas Crímenes exquisitos (2012), Martyrium (2013), El hombre de la máscara de espejos (2014) e Los muertos viajan deprisa (2016). O seu último traballo, El beso de Tosca (2018), xa atrapou a máis de 30.000 lectores aos poucos meses de saír á luz.
Ledicia Costas: Obsesioneime. Deixei a pel na escrita
A listaxe do noir galego péchase con unha das escritoras de moda, e con máis garra, do panorama literario. Ledicia Costas abandona momentaneamente a literatura infantil tras o éxico de Escarlatina, a cociñeira defunta (2014) e Esmeraldina, a pequena defunta (2016) e adéntrase no trepidante xénero negro cunha obra que non poderás deixar de ler ata acabala. Xa conta con máis de 4.400 exemplares vendidos. Asi que fagan as súas apostas, pero recorden que Galicia xoga todo ao negro.

25/10/19

Guadi Galego: Immersión

IMMERSION é unha reconstitución de si mesma.
Unha revisión en sete linguas afíns a Guadi, por territorio cultura e emoción.
Unha reinterpretación da súa própia música.
Son once temas xa editados non seus últimos traballos e un tema inédito que soa agora en mundos musicais distintos.
A IMMERSION prodúcese nun universo íntimo e arriscado. O disco afástase dos moldes e ábrese a un mundo plural de posibilidades artísticas e de sentimentos. Para conseguilo bota man de múltiples colaboracións.
A venda o 25 de outubro.

https://www.guadigalego.eu/index.html

 

Fariña

Estreo no Teatro Colón venres 25 de outubro


Baseada na obra de Nacho Carretero



22/10/19

Ses-Algo que me anime

O Barbanza: a comarca de Galicia onde máis medrou o uso do galego na última década

Cal é o segredo da zona de Galicia onde máis aumentou o número de galegofalantes?

Esta é a zona de Galicia onde máis creceu a proporción de galegofalantes nos últimos dez anos, a tvg foi ata alí para saber cales puideron ser os motivos.

 

Ver reportaxe na TVG 

 

 


19/10/19

Deirdre Barry-Murphy: «Aos alumnos lles sorprende que sendo irlandesa fale galego»

A profesora organiza na Escola de Idiomas da Coruña "coffe sessions" con aprendices de galego e inglés

Foi profesora no IES Monelos en cursos anteriores. Actualmente é a coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega na Escola Oficial de Idiomas da Coruña

Máis información en La Voz de Galicia

 

18/10/19

Unha exalumna do IES Monelos compite con éxito nun concurso da televisión

Victoria Folgueira veciña do barrio e exalumna do IES Monelos participa no concurso de Boom de Antena 3

Estudiou bacharelato no noso instituto de 1989 a 1993. Posteriormente cursou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago. É especialista en arqueoloxía e participou profesionalmente en moitas campañas ao longo da xeografía galega.
A súa experiencia televisiva en concursos non é ninguha novidade. Xa no 2006 pisou por primeira vez o plató de Saber y Ganar emitido en La 2 da televisión pública, e foi imbatible durante 86 programas. Grazas a isto gañou a edición dos Magníficos daquel ano, Victoria puido reincorporarse e chegar ata o programa 100. No seu último programa respondeu a unhas preguntas do Duelo grabadas na Coruña e enfrontouse por teléfono, a 4 xogadores do programa, nun especial Tres en Raya.
Actualmente forma parte dun grupo denominado Los Dispersos que compite no programa Boom de Antena 3. Que teña moita sorte neste concurso. 


Terror e humor galego no Festival de Cinema Fantástico da Coruña

O domingo 20 de outubro clausúrase o Festival de Cinema Fantástico da Coruña. Para pechar a semana, proxectaranse películas fantásticas do cinema galego e xaponés, estas últimas infantís. Ademais, ata o 27 de outubro, poderase visitar a exposición de Xurxo Penalta, un dos ilustradores galegos máis importantes a nivel internacional. O día 31 será o día adicado á caracterización, cun obradoiro de FX e unha andaina zombi pola Coruña.



17/10/19

Os nomes das rúas centran a IV xornada da onomástica que se celebra en Pontevedra

“Estudar a toponimia dos nosos espazos urbanos axuda a coñecer o que somos e, sobre todo, de onde vimos”, salienta o presidenteReal Academia Galega Víctor F. Freixanes.

16/10/19

Unha ducia de estampas galegas no V centenario da Habana


 

Premios Xerais de Galicia 2019

Os Premios Xerais de Galicia foron entragados o sábado 19 de outubro na súa 40º edición

Os agrazados nesta edición foron:

Xelís, o guieiro das botellas de mar de Rosa Aneiros, premio Merlín.

Os corpos invisibles de Emma Pedreia, premio Jules Verne.

Shaghai a Barcelona de Amador C. Moure, premio Xerais.

Parabéns aos gañador@s.



 

13/10/19

12/10/19

A quebra na transmisión xeracional do galego certifica a importancia da poboación neofalante no futuro da lingua

O pasado setembro o Instituto Galego de Estatística actualizaba os datos de uso e coñecemento da lingua galega. As cifras amosaban que o galego resiste como lingua maioritaria entre a metade da poboación, aínda que cun enorme 'pero': esa resistencia aséntase fundamentalmente na poboación maior de cincuenta anos. Mentres, pola banda da mocidade as persoas que din falar habitualmente en galego ou "máis en galego que en castelán" xa non chegan ao 40% e a proporción cae por baixo do 30% no caso da infancia de 5 a 14 anos. O panorama ten aínda máis sombras no que atinxe ao coñecemento infantil: a cuarta parte dos nenos e nenas sabe falar galego "pouco ou nada", case seis puntos máis que a comezos de século.


 

11/10/19

Un lume azul

Novidade literaria de Pedro Feijoo este novembro

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, "Un lume azul" é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos. 

 

 

10/10/19

Vinte falando

En que fala a xente nova na Galicia do 2019? Nesta minipeza documental preguntámoslles a distintas persoas do universo VINTE pola súa relación coa lingua e a súa perspectiva en canto á situación do galego. Participan: Lucía Estévez, Nuno Pico, Sabela Arán, Lois Brea, Carolina Iglesias, as Brigantias, Cuchillo de Fuego, Flow do Toxo, Melania Freire, Wage Kori, Andrea Villa, Vella Escola, Edu Fernández e Belén G. Ojea. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia).

07/10/19

A Xunta alega unha excepción da Lei de Transparencia para ocultar canto paga aos colexios que segregan por sexo

A Xunta non sabe canto suman as diversas partidas económicas que entrega cada ano a cada un dos cinco colexios galegos concertados que seguen a discriminar o alumnado por sexo. Así o admite o Goberno galego.