Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO Lara Beade e Inés Insua
Algúns videoclips de Xosé Manuel Budiño: Muiñeira da Lúa, Branca Vela, Fonte de Amorar e Serán de Niñóns
Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO Lara Beade e Inés Insua
Algúns videoclips de Xosé Manuel Budiño: Muiñeira da Lúa, Branca Vela, Fonte de Amorar e Serán de Niñóns
Netanyahu di que os Cascos Azuis actúan como "escudos humanos" de Hezbolá e esixe á ONU que os retire de Líbano. Israel atacou nas últimas xornadas en varias ocasións a tropas das forzas de pacificación da ONU. [Imaxe: ONU]
"A provocación a Irán serve a Netanyahu, que estaba a perder a batalla do relato e agora vólvese colocar no papel de vítima"As tendencias apuntábano e os datos oficiais máis recentes acredítano. O galego xa non é a lingua predominante en Galicia, cando menos non en canto ao seu uso cotián. O Instituto Galego de Estatística actualizou este 11 de outubro de 2024 o módulo de coñecemento e uso do galego da súa enquisa estrutural a fogares e as grandes cifras do estudo non traen consigo boas novas en canto ao emprego habitual da lingua propia de Galicia.
Información de David Lombao en Praza Pública
rúa Real (A Coruña)
Hai pouco máis de tres meses o profesor Bichara Khader estivo en Compostela invitado polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), en colaboración coa Fundación Araguaney e a Universidade de Santiago, para presentar o seu último ensaio, Palestina: A traxedia permanente (1948-2024), publicado en galego polo Igadi. Nese momento, amosábase falto de esperanza sobre o futuro inmediato do seu país e do conxunto de Oriente Medio: "con este Israel non vexo unha luz no horizonte", dicía nunha conversa con Praza.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
A escritora surcoreana recibe a distinción, en palabras do xurado, "pola súa intensa prosa poética que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana". A novela de Kang A vexetariana pode lerse en galego grazas á tradución de Alba Verea Pérez na editorial Rinoceronte.
O outono chegou con tanta forza que non foi necesario consultar o calendario, faltou con mirar pola fiestra. Volveu a choiva e con ela anticipamos eses momentos de lectura a cuberto tan idílicos destas datas. A ‘rentrée literaria’ tamén vén con forza e as autoras galegas volven ser recoñecidas. Celebramos os recentes galardóns do Ministerio de Cultura, o Premio Nacional de Poesía para Chus Pato por Sonora e o Premio Nacional de Cómic para Bea Lema por El Cuerpo de Cristo. En Praza vimos de entrevistar a Manuel Rivas pola súa nova novela, Tras do ceo, e abordamos con Nee Barros o fenómeno internacional Heartstopper, que está a piques de presentar o seu segundo volume en galego. Alberto Ramos volveu gañar o Premio Narrativa Breve Repsol, esta vez con Pirotecnia, e coñecemos a decisión da editorial Kalandraka de desvincularse do Premio Orihuela de poesía para crianzas pola negativa de PP e Vox a apoiar unha declaración institucional neste concello que pedía a anulación do xuízo que condenou a morte o poeta Miguel Hernández. As novidades editoriais non deixan de chegar ás librarías e bibliotecas e aquí seleccionamos unha ducia delas para ir pensando nas próximas lecturas.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Praza Pública fala con Susana Mangana Porteiro, investigadora e docente na Universidade Deusto de Bilbao e directora da Cátedra Permanente de islam e Mundo árabe da Universidad Católica de Uruguay. Criada en Arrasate (Guipúscoa) pero de ascendencia galega, Mangana colabora co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública