13/10/24

Pedro Madruga non foi Cristóbal Colón, segundo un polémico documental baseado nunha investigación con ADN das respectivas familias

A reportaxe, emitida este sábado en TVE, relata a investigación impulsada polo forense José Antonio Lorente, da Universidade de Granada, que foi descartando diversas hipóteses para concluír que Colón era xudeu do Mediterráneo occidental. A investigación, da que aínda non se fixeron publicacións científicas e criticada por outros expertos, non puido descartar outra das teorías galegas sobre a súa orixe, que Colón fose de Poio, polo mal estado dos restos analizados no cemiterio histórico dese concello.