A escritora surcoreana recibe a distinción, en palabras do xurado, "pola súa intensa prosa poética que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana". A novela de Kang A vexetariana pode lerse en galego grazas á tradución de Alba Verea Pérez na editorial Rinoceronte.