O pasado martes 13 de maio celebramos as Letras na Biblioteca do Castrillón nun acto conxunto no que participaron os centros educativos públicos do barrio: o IES "Monte das Moas", o IES Monelos, o CEIP Fernández Latorre acompañados de usuarios do Centro de día de Eirís. O acto contou coa presenza da escritora Paula Carballeira que desenvolveu un contacontos centrado na súa obra literaria. O acto rematou coa participación de catro alumnas do noso centro: Carolina Barbeito (2º ESO), Noa Vázquez (3º ESO), Paula Queijas e Carmela Rivas de 1º de bacherelato, compoñentes por outro lado da agrupación cultural "Donaire", que amenizaron o acto tocando a pandeireta. O acto estivo organizado pola biblioteca escolar e o EDLG do noso centro.
15/05/25
Entrega dos XX premios de fotografía Xurxo Lobato
O 12 de maio fíxose entrega dos premios de fotografía Xurxo Lobato organizada pola Asociación de exalumnos do IES Monelos. Nesta vixésima edición celebrouse no salón de plenos do Concello da Coruña presidida pola alcaldesa Inés Rey. Neste concurso, onde participaron máis de 100 alumnas e alumnos de distintos centros de educación secundaria de toda Galicia enviando máis de 400 fotografías, participaron dous membros do noso centro: a alumna de 1º de ESO Nerea Márquez Díaz e o alumno de 2º de bacharelato Alejandro Lorenzo Naya.
Os gañadores deste certame foron:
1º premio
"Marcado" de Bruno Álvarez Giménez do IES Sto. Tomé de Freixeiro (Vigo)
2º premio
"Afogada en silencio" de Ashlee Sofía Rengifo Hincapie do IES Durmideiras (A Coruña)
3º premio
"Retrato de artista" de Sarai Fernández Barreiro do EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)
Premio especial 20 aniversario á mellor fotografía que reflicte a cidade da Coruña
"Faro da nosa vida" de Nerea Márquez Díaz (IES Monelos)
Por outro lado houbo dez finalistas e tres mencións de honor na que destacou:
"Luz entre sombras" de Alejandro Lorenzo Naya (IES Monelos)
Parabéns aos agraciados!
14/05/25
12/05/25
Día da Ciencia na rúa (10/5/2025)
O profesorado e alumnado do IES Monelos estivo presente na casteta 46 con dúas experiencias moi interesantes coordinadas polo profesor de física e química Carlos Álvarez e Pedro Martín (matemáticas). O primeiro traballou co alumnado de 1º de bacharelao sobre como actúa a presión atmosférica sobre os obxectos. Pedro, por outra banda, realizou co alumnado de 3º de ESO dúas experiencias relacionadas cos números binarios.
11/05/25
10/05/25
Da primeira tenda de Zara ao imperio Inditex, en datos. Cincuenta anos dunha empresa
Información de Sofía Vázquez, Belén Araujo e Laura Placer en La Voz de Galicia
09/05/25
08/05/25
07/05/25
Correlingua 2025
Un ano máis o IES Monelos retornou ao Correlingua que tiña como eslogan: "A mocidade activa por unha lingua viva!". O alumnado de 1º ESO, xunto con outros centros da cidade e a área metropolitana, percorreu o Paseo Marítimo dende Riazor ata a Torre de Hércules. Fronte a estatua de Breogán e con a Torre a fondo celebramos un festival coa entrega de premios ao mellor manifesto e pancarta. Isabel Risco moderou o acto. A cantante Paulina interveu animando o ambiente. Sinalar, por último, que alcaldesa da Coruña, Inés Rey, deu un saúdo a todos os participantes.
PORTA DA FELICIDADE E MIRADOIRO DO PÉNDULO
06/05/25
Amor de auga lixeira - Proxecto Imaxina
Aquí tamén se fala e Amor de auga lixeira (IES Rafael Dieste) unen forzas para traballaren arredor da auga e da reivindicación das fontes, apoiados en testemuños orais, accións de rúa, traballo de campo e laboratorio, encontros con filólogos e percebeiros que nos falan da memoria líquida da terra.
A auga que corre polos montes, que dorme nos acuíferos e resucita nas fontes, percorre un longo camiño ata chegar á nosa billa. Purificada, filtrada, tratada con precisión científica para garantir a súa potabilidade. Mais, que valor ten unha auga se esquecemos de onde vén?
As fontes, outrora posibilitadoras de encontros, foron templos da palabra compartida, do rumor fresco que saciaba sede e conversa. A auga da billa, tan inmediata, tan invisíbel na súa comodidade, é herdeira daqueles mananciais que a modernidade foi silenciando.
Nas fontes vive a memoria do chan que pisamos, e cada grolo, sexa dunha billa ou dunha pedra antiga, leva consigo o eco do río que foi.
05/05/25
04/05/25
Un reivindicativo descenso polo Ulla volve clamar contra Altri e a mina de Touro
A Coruña inaugura os actos do V centenario da segunda circunnavegación coa presentación sobre a expedición de Loaísa
Información en Xornal da Coruña
03/05/25
Unha ducia de razóns que fan da Festa do Melindre de Melide a "máis doce" de Galicia Faceboo
02/05/25
01/05/25
30/04/25
29/04/25
28/04/25
27/04/25
Editorial: Cantareiras e Pandeireteiras
Temos un novo número de Camiño do Corgo en dixital. Van seis desde o curso 2019-2020 en dixital. Número moi limitado se temos en conta que a revista naceu en 1999. A metade da historia do noso centro.
O formato multimedia ten unha vantaxe que nos parece interesante: sumar á escrita a oralidade, a través dos pódcast de Radio Monelos, e o audiovisual dos pequenos vídeos onde presentamos as actividades realizadas no instituto. Tamén ten un problema: o parón enerxético como o do luns 28 de abril de 2025.
Esta revista reflicte en gran parte a actividade realizada por Radio Monelos durante este curso. Cinco foron os temas fundamentais tratados polo alumnado dos diversos niveis educativos que, en gran parte, son continuidade de cursos anteriores: elas foron, o fútbol, os compositores clásicos na nosa cidade, historias da Coruña e, por suposto, a creación musical en Galicia na actualidade.
Elas foron
É o seguimento a unha sección iniciada no curso 2021-2022. Neste curso centrámonos na historia de nove mulleres ao longo da historia: Aspasia e Hipatia, na Idade Antiga; María Balteira, na Idade Media; Francisca de Isla y Losada, na Idade Moderna e Concepción Arenal, Sofía Casanova, Gloria Pérez Corrales, María Miramontes e María Wonenburger, na Idade Contemporánea.
Fútbol
Centrados na historia do Dépor, sobre todo daquel Super Dépor (1992-2005): os grandes éxitos (Supercopas, copas do Rei e a liga de 1999-2000), o Centenariazo ou a vitoria no Bernabéu nos cen anos da historia do Real Madrid, as vitorias contra o Milán, o grande Mauro Silva... Tamén falamos de seareiros como os Blues, de Martola (compoñente e exalumna de Monelos que formaba parte deste grupo). Ah! e tamén falamos do fútbol de man: o futbolín! cun capítulo dedicado ao seu inventor en plena Guerra Civil: Alexandre de Fisterra
Compositores clásicos na Coruña
A Coruña ten unha enorme tradicional musical. A opera, a Orquestra Sinfónica de Galicia son exemplos. Elaboramos sete programas relacionados con compositores que naceron ou viviron na nosa cidade.
Historia da Coruña
16 episodios sobre historia da nosa cidade nunha sección iniciada no curso 2022-2023.
Musicos e música en galego
Cuarta serie con 16 novos músicos recentes e consolidados dun apartado iniciado no 2021-2022.
O capítulo principal da revista está relacionado co homenaxe que este ano se realiza ás Cantareiras e pandeireteiras. A música folclórica popular que conservou a lingua en momentos escuros e que rexurde con moita pegada en grupos folclóricos recentes.
Que gocedes deste novo número de Camiño do Corgo.
26/04/25
5ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS
BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2024-2025.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 3 semanas. Empezará na semana do 28 de abril de 2025 e rematará na semana do 12 ao 16 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas).
4. O concurso terá tres niveis:
• 1º e 2º de ESO.
• 3º e 4º de ESO.
• Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:
• Durante a primeira semana (28 de abril ao 2 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (5 ao 9 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na derradeira semana (12 ao 16 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar.
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas dúas semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
Accede ao cuestionario da 1ª semana (do 28 de abril ao 2 de maio):
















































