07/05/25

Correlingua 2025

Un ano máis o IES Monelos retornou ao Correlingua que tiña como eslogan: "A mocidade activa por unha lingua viva!". O alumnado de 1º ESO, xunto con outros centros da cidade e a área metropolitana, percorreu o Paseo Marítimo dende Riazor ata a Torre de Hércules. Fronte a estatua de Breogán e con a Torre a fondo celebramos un festival coa entrega de premios ao mellor manifesto e pancarta. Isabel Risco moderou o acto. A cantante Paulina interveu animando o ambiente. Sinalar, por último, que alcaldesa da Coruña, Inés Rey, deu un saúdo a todos os participantes.








Cans presenta programación: 40 filmes e 25 concertos con antimilitarismo, memoria e despoboamento como temas

 Información en Praza Pública

PORTA DA FELICIDADE E MIRADOIRO DO PÉNDULO

A Serra da Corveira, no Concello de Nogueira de Ramuín, destaca polas súas espectaculares vistas ao Val do Río Miño, con numerosas formacións graníticas e miradoiros. Nun deles, o denominado Miradoiro do Péndulo, atópase a Porta da Felicidade.

06/05/25

Amor de auga lixeira - Proxecto Imaxina

Aquí tamén se fala e Amor de auga lixeira (IES Rafael Dieste) unen forzas para traballaren arredor da auga e da reivindicación das fontes, apoiados en testemuños orais, accións de rúa, traballo de campo e laboratorio, encontros con filólogos e percebeiros que nos falan da memoria líquida da terra.  

A auga que corre polos montes, que dorme nos acuíferos e resucita nas fontes, percorre un longo camiño ata chegar á nosa billa. Purificada, filtrada, tratada con precisión científica para garantir a súa potabilidade. Mais, que valor ten unha auga se esquecemos de onde vén?  

As fontes, outrora posibilitadoras de encontros, foron templos da palabra compartida, do rumor fresco que saciaba sede e conversa. A auga da billa, tan inmediata, tan invisíbel na súa comodidade, é herdeira daqueles mananciais que a modernidade foi silenciando.  

Nas fontes vive a memoria do chan que pisamos, e cada grolo, sexa dunha billa ou dunha pedra antiga, leva consigo o eco do río que foi.

04/05/25

03/05/25

Manuel Núñez Singala: "A lingua do persoal docente condiciona en gran medida á do estudantado"

Vinte almorzando con Hugo López

 Información en Vinte

A campaña polo uso do topónimo oficial no Deportivo suma o apoio de ducias de persoeiros da cultura

Alfonso Zarauza director de cinema: "É fundamental axudar a crear unha comunidade de artistas, que haxa moitas persoas soñando con facer películas"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Unha ducia de razóns que fan da Festa do Melindre de Melide a "máis doce" de Galicia Faceboo

A vindeira fin de semana, o 10 e 11 de maio, a vila de Melide acolle a 33ª edición da Festa do Melindre, a festa "máis doce de Galicia". En dúas xornadas cheas de larpeiradas, música e diversión celébrase a repostería tradicional desta comarca e prepáranse e véndense milleiros de melindres, ricos e amendoados. Velaquí todo o que se pode facer en Melide eses días.

Información en Praza Pública 

Yuppie Psycho | Xogando en Galego Capítulo 01

 

27/04/25

Editorial: Cantareiras e Pandeireteiras

Temos un novo número de Camiño do Corgo en dixital. Van seis desde o curso 2019-2020 en dixital. Número moi limitado se temos en conta que a revista naceu en 1999. A metade da historia do noso centro.

O formato multimedia ten unha vantaxe que nos parece interesante: sumar á escrita a oralidade, a través dos pódcast de Radio Monelos, e o audiovisual dos pequenos vídeos onde presentamos as actividades realizadas no instituto. Tamén ten un problema: o parón enerxético como o do luns 28 de abril de 2025.

 

Esta revista reflicte en gran parte a actividade realizada por Radio Monelos durante este curso. Cinco foron os temas fundamentais tratados polo alumnado dos diversos niveis educativos que, en gran parte, son continuidade de cursos anteriores: elas foron, o fútbol, os compositores clásicos na nosa cidade, historias da Coruña e, por suposto, a creación musical en Galicia na actualidade.

Elas foron

É o seguimento a unha sección iniciada no curso 2021-2022. Neste curso centrámonos na historia de nove mulleres ao longo da historia: Aspasia e Hipatia, na Idade Antiga; María Balteira, na Idade Media; Francisca de Isla y Losada, na Idade Moderna e Concepción Arenal, Sofía Casanova, Gloria Pérez Corrales, María Miramontes e María Wonenburger, na Idade Contemporánea.

Fútbol

Centrados na historia do Dépor, sobre todo daquel Super Dépor (1992-2005): os grandes éxitos (Supercopas, copas do Rei e a liga de 1999-2000), o Centenariazo ou a vitoria no Bernabéu nos cen anos da historia do Real Madrid, as vitorias contra o  Milán, o grande Mauro Silva... Tamén falamos de seareiros como os Blues, de Martola (compoñente e exalumna  de Monelos que formaba parte deste grupo). Ah! e tamén falamos do fútbol de man: o futbolín! cun capítulo dedicado ao seu inventor en plena Guerra Civil: Alexandre de Fisterra

Compositores clásicos na Coruña

A Coruña ten unha enorme tradicional musical. A opera, a Orquestra Sinfónica de Galicia son exemplos. Elaboramos sete programas relacionados con compositores que naceron ou viviron na nosa cidade.

Historia da Coruña

16 episodios sobre historia da nosa cidade nunha sección iniciada no curso 2022-2023.

Musicos e música en galego

Cuarta serie con 16 novos músicos recentes e consolidados dun apartado iniciado no 2021-2022.

O capítulo principal da revista está relacionado co homenaxe que este ano se realiza ás Cantareiras e pandeireteiras. A música folclórica popular que conservou a lingua en momentos escuros e que rexurde con moita pegada en grupos folclóricos recentes.

Que gocedes deste novo número de Camiño do Corgo.

Das pandeiretas ás mesas de mestura con BAIUCA e LILAINA | O Faiado Podcast 3x05

 

26/04/25

5ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS

BASES E OBXECTIVOS 

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2024-2025. 

2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 

3. O concurso durará 3 semanas. Empezará na semana do 28 de abril de 2025 e rematará na semana do 12 ao 16 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 

4. O concurso terá tres niveis: 

• 1º e 2º de ESO. 

• 3º e 4º de ESO. 

• Bacharelato. 

5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 

6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 

• Durante a primeira semana (28 de abril ao 2 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas. 

• Na segunda semana (5 ao 9 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas. 

• Na derradeira semana (12 ao 16 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas. 

 7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 

 8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 

9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 

10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 

11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 

• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar. 

• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 

12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 

a) Maior puntuación nas dúas semanas previas. 

b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 

12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases. 

Accede ao cuestionario da 1ª semana (do 28 de abril ao 2 de maio):

 


O Quiosco da praza de Orense reabre coa unión de "Down Experience" con "Amasarte"

 Información en Xornal da Coruña

Xeopolítica vaticana: O Espírito Santo vai vello, pero agardemos que aínda non chochee

Información de Xoán Vázquez Mato en Praza Pública 



Juana Dolores: «A revolución é inevitable, a non ser que os capitalistas acaben de destruír o mundo»

 «Traballar por un salario é renunciar cada día á plenitude da vida», di Juana Dolores. A artista catalá participa no Carballo Interplay co seu discurso lúcido que emprega os argumentos da política e a estética para promover a organización da mocidade fronte ao sistema capitalista. Unha mensaxe que colleu forza nas súas obras e que está presente tanto nas súas pezas teatrais como nos textos que ten en marcha

Información de Ana G. Liste en Vinte

Entrevista á poeta María Álvarez Landesa: "Hai que saber deixar que a dor nos atravese para renacer e empezar doutro xeito, máis sabias"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública



Unha ducia de premios do Colexio de Xornalistas e 'José Couso' á liberdade de prensa

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública 



Xabaxira 98

 

25/04/25

Aquí tamén se fala: Xabier Díaz - Grândola, vila morena

 A voz de Xabier Díaz resoou no planetario de Náutica. Grândola Vila Morena. Palabras que romperon o silencio dos tempos escuros nunha radio lisboeta hai cincuenta anos, un 25 de abril de 1974, e que neste concerto trouxeron a luz á sombra do esquecemento.

Conformidade da Xunta ao novo Centro de Saúde de Santa Lucía

 Información en Xornal da Coruña

Dez propostas para non perder no Carballo Interplay

 Información en Vinte

Se canto é porque quero | 3. Eva Castiñeira. A necesidade de perdurar

 

Creación e recuperación do herbario de algas de Fermín Bescansa Casares, un valioso legado científico

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Retrato de Fermín Bescansa e dúas algas do seu herbario ©
 

22/04/25

1982, 1989 e 2010: as visitas de papas a Galicia que Francisco non puido repetir

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Imaxes das visitas de Xoán Paulo II e Bieito XVI a Santiago en 1989 e 2010, tiradas do arquivo da TVG © CRTVG

Francisco, o papa que manchou as mans

 Información de David Lombao en Praza Pública

O Papa Francisco, despedíndose tras unha visita a México en 2016 CC-BY Presidencia da República Mexicana

Letras galegas 2025. FERRO, MADEIRA E PEL

 

As traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

 Información en Xornal da Coruña

Parón das traballadoras da residencia de Padre Rubinos

 

Resiste a Coruña a chegada de 5 cruceiros nun mesmo día?

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

3 dos 5 cruceiros que atracaron hoxe no porto da Coruña

 

"Elas son a tradición": o documental 'Lévame a idea' reivindica as cantareiras e pandeireteiras

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Alfredo González-Ruibal arqueólogo: "Desde o século I antes de Cristo, o Corno de África estaba moito máis integrado en redes globais do que estaba Europa"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Alfredo González-Ruibal en Xibuti © cedida

Homenaxe a 'Barriga Verde', o monicreque que mantivo vivo o galego nun tempo en que estaba proscrito

 Información en Praza Pública

Títeres de Silvent © Proxecto Barriga Verde

Manuel Pampín: "A TVG vai camiño da irrelevancia e os dirixentes teñen pánico a calquera crítica á Xunta". 40 anos da galega

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Manuel Pampín, xornalista xubilado da TVG CC-BY-SA Defende A Galega

#8casadosilencio. ISMAEL RAMOS. Cada Casa

 

20/04/25

Letras Galegas 2025. As cantareiras

Bases do concurso das letras galegas: 

Descargar bases 


Programas elaborados pol@s alumn@s de 3º ESO Raúl Orosa e Noa Vázquez.

O primeiro programa está centrado sobre a introdución á música tradicional galega e o seu impacto na actual.

O segundo trata das cantareiras e pandeireteiras homenaxeadas neste ano 2025:

Cantareiras

Adolfina (1912-2009) e Rosa Casás Rama (1914-2005) naturais de Vila da Igrexa (Cerceda)

Eva Castiñeira (1925-2008) natural de Agranzón (San Martiño de Ozón-Muxía)

Pandeireteiras

Manuela Lema Villar (1913-1993)

Teresa García Prieto (1914-1979)

Prudencia García Prieto (1905-1993)

Asunción Garrido Ameixenda (1915-2007)

Todas elas da parroquia de Mens en Malpica de Bergantiños. Precisamente coñecidos como as Pandeireteiras de Mens


Eva Castiñeira Loureiro naceu no lugar de Aghransón (parroquia de Osón, Muxía) en 1926. Aos 42 anos migrou ao barrio coruñés de San Pedro de Visma para traballar como asistente doméstica. Tiña 55 anos cando se realizaron estas gravacións. Aos 8 anos comeza cantar facendo trío con dúas pandeireteiras veciñas nos bailes da bisbarra nos que as chamaban para actuar. Ao pouco tempo, asimilado xa o instrumento, tamén ela comeza tocar a pandeireta ademais de cantar. Moitas veces tocaba coa súa irmá Engracia. Os temas interpretados por Eva son todos herdados da tradición popular oral, máis nalgúns casos, adapta letras segundo os modos imperantes por exixencias diglóxicas do seu público. (Texto de Pablo Quintana, recolector desta riqueza inmensa).

  

Dorothé na Vila é unha película documental que percorre corenta anos despois o mundo gravado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas de tradición oral do país. Coa presenza de Adolfina e Rosa Casás de Vila da Igrexa (Cerceda)

  

As Pandeireteiras de Mens intrepretando o Maneo de Mens no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, coas #PandereteirasdeMens acompañando á #AFAturuxo no seu 25 aniversario, ano 1980. 

Sintonía de saída de Doraemon Orixinal

 

19/04/25

Os derradeiros habitantes: en 1.565 aldeas galegas só viven maiores de 65 anos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Concellos con entidades de poboación nas que só viven persoas de máis de 65 anos sobre unha imaxe dunha aldea de Láncara © Montaxe: Praza.gal

Entrevista a Emilio Fonseca: "O lobo é un símbolo polisémico, cargado de contos e mitoloxías, e esa forza serve para crear unha outredade á que culpar"

Salvaxe, salvaxe é un filme documental con vocación experimental que busca achegar o espectador á vida animal salvaxe coa que convivimos, a pesar de que cada vez sexamos menos conscientes. Pérdese a comprensión desas vidas salvaxes e, a causa diso, os falsos mitos e a desinformación ábrense camiño.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Fotograma de 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca © Walkie Talkie Films

Unha ducia de obras galardoadas na edición 2025 dos Premios COAG

Hai uns días o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) deu a coñecer as obras recoñecidas na XXI edición dos seus premios, que dende 1985 recoñecen os mellores proxectos arquitectónicos construídos do país. Entre os 18 galardóns hai obras grandes e pequenas, edificios de nova planta e rehabilitacións e tamén recoñecementos a iniciativas de planificación, deseño de espazos urbanos e de divulgación. Velaquí algúns destes proxectos e construcións. O mellor do ano na arquitectura galega.

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Fullblast | Xogando en Galego Capítulo 02