Un ano máis o IES Monelos retornou ao Correlingua que tiña como eslogan: "A mocidade activa por unha lingua viva!". O alumnado de 1º ESO, xunto con outros centros da cidade e a área metropolitana, percorreu o Paseo Marítimo dende Riazor ata a Torre de Hércules. Fronte a estatua de Breogán e con a Torre a fondo celebramos un festival coa entrega de premios ao mellor manifesto e pancarta. Isabel Risco moderou o acto. A cantante Paulina interveu animando o ambiente. Sinalar, por último, que alcaldesa da Coruña, Inés Rey, deu un saúdo a todos os participantes.
07/05/25
PORTA DA FELICIDADE E MIRADOIRO DO PÉNDULO
06/05/25
Amor de auga lixeira - Proxecto Imaxina
Aquí tamén se fala e Amor de auga lixeira (IES Rafael Dieste) unen forzas para traballaren arredor da auga e da reivindicación das fontes, apoiados en testemuños orais, accións de rúa, traballo de campo e laboratorio, encontros con filólogos e percebeiros que nos falan da memoria líquida da terra.
A auga que corre polos montes, que dorme nos acuíferos e resucita nas fontes, percorre un longo camiño ata chegar á nosa billa. Purificada, filtrada, tratada con precisión científica para garantir a súa potabilidade. Mais, que valor ten unha auga se esquecemos de onde vén?
As fontes, outrora posibilitadoras de encontros, foron templos da palabra compartida, do rumor fresco que saciaba sede e conversa. A auga da billa, tan inmediata, tan invisíbel na súa comodidade, é herdeira daqueles mananciais que a modernidade foi silenciando.
Nas fontes vive a memoria do chan que pisamos, e cada grolo, sexa dunha billa ou dunha pedra antiga, leva consigo o eco do río que foi.
05/05/25
04/05/25
Un reivindicativo descenso polo Ulla volve clamar contra Altri e a mina de Touro
A Coruña inaugura os actos do V centenario da segunda circunnavegación coa presentación sobre a expedición de Loaísa
Información en Xornal da Coruña
03/05/25
Unha ducia de razóns que fan da Festa do Melindre de Melide a "máis doce" de Galicia Faceboo
02/05/25
01/05/25
30/04/25
29/04/25
28/04/25
27/04/25
Editorial: Cantareiras e Pandeireteiras
Temos un novo número de Camiño do Corgo en dixital. Van seis desde o curso 2019-2020 en dixital. Número moi limitado se temos en conta que a revista naceu en 1999. A metade da historia do noso centro.
O formato multimedia ten unha vantaxe que nos parece interesante: sumar á escrita a oralidade, a través dos pódcast de Radio Monelos, e o audiovisual dos pequenos vídeos onde presentamos as actividades realizadas no instituto. Tamén ten un problema: o parón enerxético como o do luns 28 de abril de 2025.
Esta revista reflicte en gran parte a actividade realizada por Radio Monelos durante este curso. Cinco foron os temas fundamentais tratados polo alumnado dos diversos niveis educativos que, en gran parte, son continuidade de cursos anteriores: elas foron, o fútbol, os compositores clásicos na nosa cidade, historias da Coruña e, por suposto, a creación musical en Galicia na actualidade.
Elas foron
É o seguimento a unha sección iniciada no curso 2021-2022. Neste curso centrámonos na historia de nove mulleres ao longo da historia: Aspasia e Hipatia, na Idade Antiga; María Balteira, na Idade Media; Francisca de Isla y Losada, na Idade Moderna e Concepción Arenal, Sofía Casanova, Gloria Pérez Corrales, María Miramontes e María Wonenburger, na Idade Contemporánea.
Fútbol
Centrados na historia do Dépor, sobre todo daquel Super Dépor (1992-2005): os grandes éxitos (Supercopas, copas do Rei e a liga de 1999-2000), o Centenariazo ou a vitoria no Bernabéu nos cen anos da historia do Real Madrid, as vitorias contra o Milán, o grande Mauro Silva... Tamén falamos de seareiros como os Blues, de Martola (compoñente e exalumna de Monelos que formaba parte deste grupo). Ah! e tamén falamos do fútbol de man: o futbolín! cun capítulo dedicado ao seu inventor en plena Guerra Civil: Alexandre de Fisterra
Compositores clásicos na Coruña
A Coruña ten unha enorme tradicional musical. A opera, a Orquestra Sinfónica de Galicia son exemplos. Elaboramos sete programas relacionados con compositores que naceron ou viviron na nosa cidade.
Historia da Coruña
16 episodios sobre historia da nosa cidade nunha sección iniciada no curso 2022-2023.
Musicos e música en galego
Cuarta serie con 16 novos músicos recentes e consolidados dun apartado iniciado no 2021-2022.
O capítulo principal da revista está relacionado co homenaxe que este ano se realiza ás Cantareiras e pandeireteiras. A música folclórica popular que conservou a lingua en momentos escuros e que rexurde con moita pegada en grupos folclóricos recentes.
Que gocedes deste novo número de Camiño do Corgo.
26/04/25
5ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS
BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2024-2025.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 3 semanas. Empezará na semana do 28 de abril de 2025 e rematará na semana do 12 ao 16 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas).
4. O concurso terá tres niveis:
• 1º e 2º de ESO.
• 3º e 4º de ESO.
• Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:
• Durante a primeira semana (28 de abril ao 2 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (5 ao 9 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na derradeira semana (12 ao 16 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar.
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas dúas semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
Accede ao cuestionario da 1ª semana (do 28 de abril ao 2 de maio):
Juana Dolores: «A revolución é inevitable, a non ser que os capitalistas acaben de destruír o mundo»
«Traballar por un salario é renunciar cada día á plenitude da vida», di Juana Dolores. A artista catalá participa no Carballo Interplay co seu discurso lúcido que emprega os argumentos da política e a estética para promover a organización da mocidade fronte ao sistema capitalista. Unha mensaxe que colleu forza nas súas obras e que está presente tanto nas súas pezas teatrais como nos textos que ten en marcha
25/04/25
Aquí tamén se fala: Xabier Díaz - Grândola, vila morena
A voz de Xabier Díaz resoou no planetario de Náutica. Grândola Vila Morena. Palabras que romperon o silencio dos tempos escuros nunha radio lisboeta hai cincuenta anos, un 25 de abril de 1974, e que neste concerto trouxeron a luz á sombra do esquecemento.
Creación e recuperación do herbario de algas de Fermín Bescansa Casares, un valioso legado científico
Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública
24/04/25
23/04/25
'Carapucho', 'Carmeliña' e 'Maruxiña': as variedades recuperadas de oliveira galega que xa se poden comercializar
22/04/25
1982, 1989 e 2010: as visitas de papas a Galicia que Francisco non puido repetir
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Francisco, o papa que manchou as mans
Información de David Lombao en Praza Pública
Resiste a Coruña a chegada de 5 cruceiros nun mesmo día?
Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña
Manuel Pampín: "A TVG vai camiño da irrelevancia e os dirixentes teñen pánico a calquera crítica á Xunta". 40 anos da galega
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
21/04/25
20/04/25
Letras Galegas 2025. As cantareiras
Bases do concurso das letras galegas:
Programas elaborados pol@s alumn@s de 3º ESO Raúl Orosa e Noa Vázquez.
O primeiro programa está centrado sobre a introdución á música tradicional galega e o seu impacto na actual.
O segundo trata das cantareiras e pandeireteiras homenaxeadas neste ano 2025:
Cantareiras
Adolfina (1912-2009) e Rosa Casás Rama (1914-2005) naturais de Vila da Igrexa (Cerceda)
Eva Castiñeira (1925-2008) natural de Agranzón (San Martiño de Ozón-Muxía)
Pandeireteiras
Manuela Lema Villar (1913-1993)
Teresa García Prieto (1914-1979)
Prudencia García Prieto (1905-1993)
Asunción Garrido Ameixenda (1915-2007)
Todas elas da parroquia de Mens en Malpica de Bergantiños. Precisamente coñecidos como as Pandeireteiras de Mens
Eva Castiñeira Loureiro naceu no lugar de Aghransón (parroquia de Osón, Muxía) en 1926. Aos 42 anos migrou ao barrio coruñés de San Pedro de Visma para traballar como asistente doméstica. Tiña 55 anos cando se realizaron estas gravacións. Aos 8 anos comeza cantar facendo trío con dúas pandeireteiras veciñas nos bailes da bisbarra nos que as chamaban para actuar. Ao pouco tempo, asimilado xa o instrumento, tamén ela comeza tocar a pandeireta ademais de cantar. Moitas veces tocaba coa súa irmá Engracia. Os temas interpretados por Eva son todos herdados da tradición popular oral, máis nalgúns casos, adapta letras segundo os modos imperantes por exixencias diglóxicas do seu público. (Texto de Pablo Quintana, recolector desta riqueza inmensa).
Dorothé na Vila é unha película documental que percorre corenta anos despois o mundo gravado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas de tradición oral do país. Coa presenza de Adolfina e Rosa Casás de Vila da Igrexa (Cerceda)
As Pandeireteiras de Mens intrepretando o Maneo de Mens no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, coas #PandereteirasdeMens acompañando á #AFAturuxo no seu 25 aniversario, ano 1980.
19/04/25
Os derradeiros habitantes: en 1.565 aldeas galegas só viven maiores de 65 anos
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Entrevista a Emilio Fonseca: "O lobo é un símbolo polisémico, cargado de contos e mitoloxías, e esa forza serve para crear unha outredade á que culpar"
Salvaxe, salvaxe é un filme documental con vocación experimental que busca achegar o espectador á vida animal salvaxe coa que convivimos, a pesar de que cada vez sexamos menos conscientes. Pérdese a comprensión desas vidas salvaxes e, a causa diso, os falsos mitos e a desinformación ábrense camiño.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
Unha ducia de obras galardoadas na edición 2025 dos Premios COAG
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
18/04/25
17/04/25
A península da Torre e a Casa Cornide aspiran tamén a ser Lugares de Memoria Democrática na Coruña
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Evanxélicos, musulmáns e mesmo druídicos: 65 concellos teñen templos non católicos
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
16/04/25
15/04/25
O Xardín de San Carlos recibe os novos olmos resistentes á grafiosis
Información en Xornal da Coruña
14/04/25
'The Mind Guardian', o videoxogo que avisa do deterioro cognitivo e como combatelo
Información de Ana G. Liste en Praza Pública














































