Aínda que as colas que conseguen Glaccé e Flory sobresaen con diferenza, infinidade de reposterías e pastelerías dan a talla co doce do 6 de xaneiro. Presentamos algunhas das mellores opcións na cidade:
Repostería Flory na rúa Vila de Negreira (Agra do Orzán)
Glaccé na rúa Menéndez Pelayo 16 (Zona Xoán Flórez)
Habarizo na rúa Luis Quintas Goyanes, 2 (Mato Grande)
La Tahona (praza de Lugo 1) e outros despachos na cidade.
Amasarte(Avda. de Oza 110 e Avda. de Fisterra, 183)
Fendetestas, a obra do artista galego Mon Devane, e Enraizado non presente, de Huariu, optan a este recoñecemento que concede a plataforma global Street Art Cities. En total, hai un centenar de obras nomeadas de 30 países de todo o mundo. De España, tan só 29 foron seleccionadas das que cinco son galegas, e dúas delas de Cambre . Os dous murais realizáronse dentro da última edición do Cromático Mural Fest, e están localizados en Sigrás e en Cambre.
María José Gayoso, Fedra Alcaraz e Ana Martínez fundaron a
cooperativa A Morada no barrio da Hispanidade de Vigo para
"colectivizar os coidados" e que as mulleres que coidan (pero non só)
teñan "un espazo para elas soas" sen "sentirse culpables" por "dedicarse
tempo a si mesmas"
A caída do investimento educativo déixase notar na calidade
da docencia. A redución de fondos para o ensino está a provocar unha
baixada do número de ensinantes. Galiza conta en 2023 con menos
profesorado que en 2009.
O Instituto Nacional de Estatística pechou o ano
informando de que por primeira vez o castelán é a lingua de uso
maioritaria en Galicia. Ademais, case un 30% dos menores de 20 anos
afirma que, pese a entender o galego, fálao e escríbeo con dificultade.
Xosé Ramón Veiga Alonso (Foz, 1968) é profesor de Historia na
Universidade de Compostela, membro do grupo Histagra e autor dunha
ampla bibliografía arredor do século XIX galego. Actualmente comisaría
unha exposición sobre Juana de Vega na Coruña e vén de publicar unha
biografía sobre esta figura da historia galega.
O Apalpador cumpriu co Dépor. Lucas Pérez xa é xogador da
entidade tras fecharse o acordo de traslado co Cádiz. Pérez podería
manterse ligado ao club galego até 2029.
Pois aquí está! Para pechar o ano queren compartir con nós esta
pequena peza documental na que falan un pouco da banda e do que foi a
xira de Girando por Salas. Sen dúbida supuxo unha experiencia
dificilmente repetible que lles levou a Soria, Zaragoza, León, Cáceres,
Sevilla, Guadalajara, Toledo e Madrid. Esperamos que vos guste.
O gañador do X Premio Galiza de fotografía Contemporánea, Joan
Alvado, inaugura na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo a
obra gañadora, titulada "Os batismos de meia noite".
Nee Barros vén de recibir o V Premio María Victoria Moreno pola
súa novela Nom estamos quebrades, escrita en galego reintegrado e cunha
linguaxe non binaria e que sairá en abril coa editora Cuarto de inverno.
Barros aborda as eivas na representación de determinados colectivos na
literatura e nos espazos seguros xa que, como di, “intento dar voz a
cousas que a min me gustaría que estiveran representadas”.
Actividade común co gallo do Nadal 2022.
-Canción: versión de "A horse with no name" (América), argallada polo alumnado de 4º de Educación Primaria no Obradoiro de Audiovisuais.
-Panxoliña dos mestres baseada no "Tengo el corazón contento" de Marisol para darlle os parabéns ao cole polo seu 50 aniversario.
-Festa de Fin de Ano con vestimenta de gala, decoración navideña, libros de Nadal na biblioteca, tren de Nadal, Mercadillo, actuacións con panxoliñas, merendolas nas aulas e Belén futurista.
-Equipo de Actividades complementarias e extraescolares, titorías, Obradoiro de Audiovisuais, ANPA "Viñas Blancas" e biblioteca.
-PDI 2022/2023: "50 anos argallando".
-O recuncho de Tambo.
-CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín).
Com este video aprenderás a escrever em galego internacional ou português da Galiza. Partindo do galego que já conheces, o que estudaste na escola, e sem deter-nos em exceções nem em formas particulares, vamos dar-che as regras gerais mais úteis.
Explicaremos a acentuaçom, os grupos cultos e a ortografia dos principais pares gráficos do galego internacional (b-v; s-ss; c(ç)-z; g/j-x) e daremos umas dicas para as transformações mais sistemáticas.
Com estas dicas já poderás lançar-te a escrever em reintegrado, sempre com a ajuda de um dicionário e do corretor do teu processador de textos.
Se cometerás erros? Obviamente, e que importância tem isso para uma ortografia que ainda nom temos a oportunidade de aprender na escola? O estranho seria que nom tivesses.
O EDLG do IES Monelos quere felicitar o Nadal e desexar un próspero 2023 cheo de proxectos e esperanzas renovadas a toda a Comunidade Educativa.
Nesta reportaxe de non moi boa calidade pero si ben intencionada vese reflectido o alumbrado da nosa cidade nestas festas tan xeitoso como o doutras metrópoles do Universo cercanas a nós.
A música que acompaña titúlase "Volver a casa por Nadal". Trátase dun traballo de Pablo Novoa (músico multinstrumentalista que compuxo temas para Golpes Bajos, Los Ronaldos, Julieta Venegas ou Iván Ferreiro entre outros) xunto co grupo Xababanda e que popularizou o programa xuvenil da TVG Xabarín Club cun videoclip moi exitoso na súa década dourada.
Neste pequeno video compartimos algunhas imaxes da Serra do Courel, un espazo cargado de lendas, mitoloxía, natureza e xeoloxía. Ao longo destes case 3 minutos pasamos pola Fervenza da Pedreira, Fonte do Cervo, Fervenza do Rexiu, Pozo das Mulas, Val das Mouras ou a mítica Devesa da Rogueira entre outros lugares.
Por desgraza este recuncho está hoxe ameazado polos lumes, a falta de políticas institucionais, a megaminería ou a industria eólica entre outras.
Un mozo, Lois, volve dos Estados Unidos, onde está emigrado, para
visitar a súa avoa, que o criara de pequeno. Mais ao chegar a Galicia
séntese tan perdido como cando o estaba en América, vivindo coa súa nai.
As pantasmas do pasado non parecen deixarlle vivir, polo menos ata que
poida averiguar quen é e que quere facer da súa vida. Aínda que abrirse
aos demais poida, ás veces, magoar. Disto vai Destempo
(Barbantesa), a última novela de Silvia Bardelás. A autora respondeu por
correo electrónico as preguntas de Praza Pública sobre este libro e as súas obras
anteriores.