Información de Laura Veiga en Nós Diario
Nee Barros vén de recibir o V Premio María Victoria Moreno pola súa novela Nom estamos quebrades, escrita en galego reintegrado e cunha linguaxe non binaria e que sairá en abril coa editora Cuarto de inverno. Barros aborda as eivas na representación de determinados colectivos na literatura e nos espazos seguros xa que, como di, “intento dar voz a cousas que a min me gustaría que estiveran representadas”.