24/12/22

Entrevista á escritora Silvia Bardelás: "O sacrificio é o contrario do amor. Non se pode confundir e confúndese dun xeito moi sutil"

 Un mozo, Lois, volve dos Estados Unidos, onde está emigrado, para visitar a súa avoa, que o criara de pequeno. Mais ao chegar a Galicia séntese tan perdido como cando o estaba en América, vivindo coa súa nai. As pantasmas do pasado non parecen deixarlle vivir, polo menos ata que poida averiguar quen é e que quere facer da súa vida. Aínda que abrirse aos demais poida, ás veces, magoar. Disto vai Destempo (Barbantesa), a última novela de Silvia Bardelás. A autora respondeu por correo electrónico as preguntas de Praza Pública sobre este libro e as súas obras anteriores. 

Información en  Praza Pública

Silvia Bardelás © Lucía Reyero