03/01/23

O mellor mural do mundo do 2022 podería estar en Cambre

 Información de A.S.R. en La Voz de Galicia

Fendetestas, a obra do artista galego Mon Devane, e Enraizado non presente, de Huariu, optan a este recoñecemento que concede a plataforma global Street Art Cities. En total, hai un centenar de obras nomeadas de 30 países de todo o mundo. De España, tan só 29 foron seleccionadas das que cinco son galegas, e dúas delas de Cambre . Os dous murais realizáronse dentro da última edición do Cromático Mural Fest, e están localizados en Sigrás e en Cambre.

 

Que son as plantas | XeoClip

 

02/01/23

Auga e memoria

 Información de Santi Garrido en La Voz de Galicia


 

Cando se coida quen coida? O 'patio de veciñas' d'A Morada como lugar de encontro

 María José Gayoso, Fedra Alcaraz e Ana Martínez fundaron a cooperativa A Morada no barrio da Hispanidade de Vigo para "colectivizar os coidados" e que as mulleres que coidan (pero non só) teñan "un espazo para elas soas" sen "sentirse culpables" por "dedicarse tempo a si mesmas"

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

As tres fundadoras da cooperativa A Morada en Vigo, un espazo feminista para coidar a quen coida © A Morada


 

18,15 euros da Coruña a Vigo, 6,40 de Santiago a Lalín ou 1,70 de Vigo a Baiona: así quedan as peaxes en 2023 nas autoestradas galegas

 Información de David Reinero en Praza Pública

Cabinas de peaxe na AP-53 © Google


 

Galiza entra en 2023 con menos profesores que en 2009

 A caída do investimento educativo déixase notar na calidade da docencia. A redución de fondos para o ensino está a provocar unha baixada do número de ensinantes. Galiza conta en 2023 con menos profesorado que en 2009.

Información de Xacobe Ferreiro en Nós Diario


 

Falece o músico Rogelio Groba aos 92 anos

O compositor Rogelio Groba faleceu na tarde desde 1 de xaneiro na Coruña. Groba é unha referencia da música galega dos últimos 70 anos.

 Información en Nós Diario

  Rogelio Groba. (Foto: Fundación Rogelio Groba).


 

ALLARIZ PEDRA E VIDA

 

01/01/23

Unha Noitevella pasada por auga

Opinión do poeta Ismael Ramos sobre o estado da lingua: "Teño 28 anos e estoume extinguindo"

 Información en elDiario.es

O Instituto Nacional de Estatística pechou o ano informando de que por primeira vez o castelán é a lingua de uso maioritaria en Galicia. Ademais, case un 30% dos menores de 20 anos afirma que, pese a entender o galego, fálao e escríbeo con dificultade.
 
Muller camiñando polo paseo marítimo da Coruña
 
 

Feliz 2023! Tres anos do #DígochoEu

 

Xabier Díaz. Anonovo

Xosé Ramón Veiga: “Juana de Vega foi unha muller máis de acción que de reflexión”

 Xosé Ramón Veiga Alonso (Foz, 1968) é profesor de Historia na Universidade de Compostela, membro do grupo Histagra e autor dunha ampla bibliografía arredor do século XIX galego. Actualmente comisaría unha exposición sobre Juana de Vega na Coruña e vén de publicar unha biografía sobre esta figura da historia galega.

Información de Cilia Torna en Nós Diario

  Xosé Ramón Veiga Alonso. (Foto: Nós Diario).

Exercicio na casa sen metas milagreiras

 

Comezo e fin: Galiza

 Opinión de Martín Graña Pérez en Mazarelos


#DígochoEu O máis viral 2022

Galicia de 20 a 20: De Mondoñedo a Sarria

 

Berrogüetto in Cambridge hai 20 anos

 

Carlos Núñez e Xabier Díaz interpretando Anonovo e A costa de Galicia

 

O Deportivo fecha a fichaxe de Lucas Pérez

 O Apalpador cumpriu co Dépor. Lucas Pérez xa é xogador da entidade tras fecharse o acordo de traslado co Cádiz. Pérez podería manterse ligado ao club galego até 2029.

Información en Nós Diario

  Lucas Pérez volverá vestir a camisola do Dépor. (Foto: Europa Press).


 

Eirado da Leña | O Camiño das Estrelas

29/12/22

"Sermos Galiza" presenta 'Relatan... Nós', unha compilación da potencia literaria galega

 Información de Elvira Branco en Nós Diario

  Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Marica Campo, Suso de Toro, Fina Casalderrey, Lois Diéguez, Víctor F. Freixanes, Rosalía Fernández Rial, Xosé Iglesias Lamela, Olga Novo, Xavier Queipo, Manuel Rivas, María Reimóndez, Séchu Sende, Eli Ríos, Xurxo Souto e Emma Pedreira. (Foto: Nós Diario)


 

O fotógrafo Joan Alvado revela a cultura de ritos das serras transfronteirizas

 O gañador do X Premio Galiza de fotografía Contemporánea, Joan Alvado, inaugura na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo a obra gañadora, titulada "Os batismos de meia noite".  

Información de Elvira Branco en Nós Diario

  Fotografía de Joan Alvado que se expón en Lugo. (Foto: Joan Alvado)


 

Nee Barros: "É interesante que sexamos as persoas autistas as que contemos as nosas propias historias"

 Información de Laura Veiga en Nós Diario

Nee Barros vén de recibir o V Premio María Victoria Moreno pola súa novela Nom estamos quebrades, escrita en galego reintegrado e cunha linguaxe non binaria e que sairá en abril coa editora Cuarto de inverno. Barros aborda as eivas na representación de determinados colectivos na literatura e nos espazos seguros xa que, como di, “intento dar voz a cousas que a min me gustaría que estiveran representadas”.

Tras publicar obra poética e teatral, Nee Barros iníciase na novela con 'Nom estamos quebrades' (Foto: Nós Diario).



#DígochoEu Xa está aquí #CiberEsther! Ciberseguridade e palabras con ciber-

 

28/12/22

Nadal 2022 - "Belén Futurista"

 Actividade común co gallo do Nadal 2022. -Canción: versión de "A horse with no name" (América), argallada polo alumnado de 4º de Educación Primaria no Obradoiro de Audiovisuais. -Panxoliña dos mestres baseada no "Tengo el corazón contento" de Marisol para darlle os parabéns ao cole polo seu 50 aniversario. -Festa de Fin de Ano con vestimenta de gala, decoración navideña, libros de Nadal na biblioteca, tren de Nadal, Mercadillo, actuacións con panxoliñas, merendolas nas aulas e Belén futurista. -Equipo de Actividades complementarias e extraescolares, titorías, Obradoiro de Audiovisuais, ANPA "Viñas Blancas" e biblioteca. -PDI 2022/2023: "50 anos argallando". -O recuncho de Tambo. -CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín).

 

Galicia de 20 a 20: De Carnota a Camariñas

 

Galiza, terra dos galegos. Galiza, terra do galego.

 

Manuel Rivas recibe a Medalla de Ouro ao mérito en Belas Artes

 Información en Nós Diario

  Manuel Rivas (no centro) nunha presentación dun dos seus libros (Foto: Europa Press).


 

A AP-9 e a AP-53 subirán un 4% en 2023, menos que a inflación, a cambio de aumentar máis nos anos seguintes

 Información de David Reinero en Praza Pública

Cabinas de peaxe da AP-9 © Google


 

A colleita da música atlántica. Discos clave de 2022 e o que xa está á volta da esquina

 Información en Vinte


Aprende galego internacional (portugués da Galiza) em 26 minutos [ortografia]

 Com este video aprenderás a escrever em galego internacional ou português da Galiza. Partindo do galego que já conheces, o que estudaste na escola, e sem deter-nos em exceções nem em formas particulares, vamos dar-che as regras gerais mais úteis. 

 Explicaremos a acentuaçom, os grupos cultos e a ortografia dos principais pares gráficos do galego internacional (b-v; s-ss; c(ç)-z; g/j-x) e daremos umas dicas para as transformações mais sistemáticas. Com estas dicas já poderás lançar-te a escrever em reintegrado, sempre com a ajuda de um dicionário e do corretor do teu processador de textos. 

Se cometerás erros? Obviamente, e que importância tem isso para uma ortografia que ainda nom temos a oportunidade de aprender na escola? O estranho seria que nom tivesses.

24/12/22

Caamaño&Ameixeiras cantan o Nadal para Deleite 🎁🎄

 

Bo Nadal e próspero 2023 a toda a Comunidade Educativa do IES Monelos

 O EDLG do IES Monelos quere felicitar o Nadal e desexar un próspero 2023 cheo de proxectos e esperanzas renovadas a toda a Comunidade Educativa.

Nesta reportaxe de non moi boa calidade pero si ben intencionada vese reflectido o alumbrado da nosa cidade nestas festas tan xeitoso como o doutras metrópoles do Universo cercanas a nós.

A música que acompaña titúlase "Volver a casa por Nadal". Trátase dun traballo de Pablo Novoa (músico multinstrumentalista que compuxo temas para Golpes Bajos, Los Ronaldos, Julieta Venegas ou Iván Ferreiro entre outros) xunto co grupo Xababanda e que popularizou o programa xuvenil da TVG Xabarín Club cun videoclip moi exitoso na súa década dourada.

Saúde a tod@s!

 

 Podedes consultar o Catálogo de Nadal 2022 publicado pola Mesa

 Publicado pola Mesa


 
Almanaque 2023 editado polo EDLG da Universidade de Vigo con ilustracións de Dávila

Vivir Aquí - O Belén de ano en ano. O Belén de Mallou en Santiago

 

O Courel - O tesouro medioambiental de Galiza

Neste pequeno video compartimos algunhas imaxes da Serra do Courel, un espazo cargado de lendas, mitoloxía, natureza e xeoloxía. Ao longo destes case 3 minutos pasamos pola Fervenza da Pedreira, Fonte do Cervo, Fervenza do Rexiu, Pozo das Mulas, Val das Mouras ou a mítica Devesa da Rogueira entre outros lugares. 
Por desgraza este recuncho está hoxe ameazado polos lumes, a falta de políticas institucionais, a megaminería ou a industria eólica entre outras. 
 

O Censo sitúa por vez primeira o castelán como a lingua usada con máis frecuencia en Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Imaxe da praza de abastos en Compostela
 

Entrevista á escritora Silvia Bardelás: "O sacrificio é o contrario do amor. Non se pode confundir e confúndese dun xeito moi sutil"

 Un mozo, Lois, volve dos Estados Unidos, onde está emigrado, para visitar a súa avoa, que o criara de pequeno. Mais ao chegar a Galicia séntese tan perdido como cando o estaba en América, vivindo coa súa nai. As pantasmas do pasado non parecen deixarlle vivir, polo menos ata que poida averiguar quen é e que quere facer da súa vida. Aínda que abrirse aos demais poida, ás veces, magoar. Disto vai Destempo (Barbantesa), a última novela de Silvia Bardelás. A autora respondeu por correo electrónico as preguntas de Praza Pública sobre este libro e as súas obras anteriores. 

Información en  Praza Pública

Silvia Bardelás © Lucía Reyero


 

Unha ducia de recantos do futuro xeoparque do Cabo Ortegal

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Praia de Teixadelo
 

O impacto paisaxístico tomba varios parques eólicos na Serra do Suído

 Información de David Reinero en Praza Pública

Serra do Suído CC-BY-SA Xunta de Galicia

“Pontevedra é o único sitio do mundo onde se documenta o apelido Colón no século XV”

 Información de Laura Filloy en GCiencia

Retrato de Cristóbal Colón do século XVI por Ridolfo Ghirlandaio.


 

23/12/22

50 anos de 'O meu país' de Miro Casabella

 Información de Xan Fraga en Praza Pública

Capa do disco 'O meu país' Dominio Público

Entrega dos premios aos gañadores do concurso "videos de ciencia en galego"

 O 22 de decembro fíxose entrega dos premios por parte d@s profesor@s Carlos Álvarez de física e química e Pilar Veiga de lingua e literatura galega.

Nicolás Castro Botana (4º ESO B) 1º premio

Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO A) 2º premio
 
Victoria Caraballo Hernández (4º ESO B) Finalista


Galicia de 20 a 20: De Santiago a Muros

 

#CiberEsther É correcto dicir 'cookies'? #DígochoEu

Merenda cos Bolechas 17

 

Galicia de 20 a 20: De Buño a Sada

 

Vinte destaques de 2022. Os acontecementos culturais que fixeron avanzar o (noso) mundo este ano

 Información en Vinte


 

O Ortegal, proposto pola UNESCO para ser o segundo xeoparque galego

 Información en Praza Pública

Cabo Ortegal e os Aguillóns © Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

Os Premios Youtubeiras xa teñen finalistas: 22 propostas para un 2022 no que a lingua galega medrou na rede

Finalistas da edición 2022 dos Premios Youtubeiras © Premios Youtubeiras

Espazos de ocio e mobilidade sostible para procurar que a mocidade fique na provincia de Lugo

 Información en Praza Pública

A nova vía ciclista no litoral de Ribadeo no tramo próximo á Illa Pancha CC-BY-SA Deputación de Lugo


 

Dependentas de Inditex logran unha suba de 4.800 euros brutos ao ano e suspenden a folga previa ao Nadal

 Información en Praza Pública

Manifestación pola folga das dependentas de Inditex na Coruña o 25 de novembro CC-BY-SA CIG


 

Senda Litoral de Galicia

 

19/12/22

Concurso ciencia en galego (2ª edición 2022)

 Organizado polo EDLG en colaboración co departamento de Física e Química do IES Monelos.

1º premio Reacción química dun limón efervescente de Nicolás Castro Fontela (4º ESO)

2º premio: Dous experimentos básicos de Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO)  

Finalista Victoria Caraballo Hernández (4º ESO)

MANU CHAO & XURXO SOUTO - Licorcafé (A Coruña, 29.8.22)

 Versión do mítico tema de Lamatumbá. Con Lucky Salvatore (Guitarrita) e Miguel Rumbao (percusión) + colaboración especial de Pulpiño Viascon (Acordeón) e Xurxo Souto (Os Diplomáticos). A CORUÑA | PARQUE SANTA MARGARIDA | 29.08.2022

Intervención de Xurxo Souto en Bruxelas - 20 anos do Prestige

CRNDS | Portas do Camiño, portas da cultura

 

18/12/22

De Cabo Verde a Burela: unha corrente migratoria na que o traballo de coidados sempre depende das mulleres

 Información en Praza Pública

Algunhas das protagonistas do documental 'Si ka badu, ka ta biradu', en Cabo Verde © Agareso


 

Nadal en Vigo: cando se fai excesivo o exceso?

 Información de Ana G. Liste en Praza Púbica

A nora do Nadal na Alameda de Vigo CC-BY-SA Ana G. Liste/Praza.gal


 

Morre Nélida Piñón, a 'brasilega' de Cotobade que sempre gardou Galicia "no nicho da memoria"

 Información en Praza Pública

Intervención de Nélida Piñón no seu acto de ingreso na Real Academia Galega © RAG


 

Entrevista a María do Cebreiro: "Parece incrible que para algo que leva estando aí dende que o mundo é mundo tamén vaiamos necesitar o algoritmo"

 Un dos mellores acontecementos que pode suceder ao redor dun libro é que sexa compartido, como está a suceder con Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (Editorial Galaxia) de María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, 1976). Este ensaio que deixa clara a súa vontade crítica, recompila as teorías e visións que determinan, dalgunha maneira, o feito de ser nai hoxe. A maternidade, ou precisamente a decisión de non seguir ese camiño, debátese neste texto ensaístico e mais noutros exemplos recentes da literatura galega como a novela Os seres queridos (Xerais) de Berta Dávila ou o poemario Materia (Xerais) de Yolanda Castaño. María do Cebreiro, poeta e ensaísta, di que non contaba escribir este libro, co que gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, e que dedica á súa primeira filla.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

María do Cebreiro Rábade Villar © Laura Dalama


 

Unha ducia de retratos de Fernández del Riego para o seu ano das Letras

 Información en Praza Pública

Retrato de Laxeiro 1941
 

Xesús San Luís, o poeta zapateiro

 Aínda que invisibilizado nas páxinas da historia, Xesús San Luís Romero foi unha figura de alta importancia para a nosa cultura e o devir democrático da sociedade galega. Naceu o 9 de setembro de 1872 e a súa historia é a dun obreiro, a dun político, a dun poeta e dramaturgo, a de quen sufriu o cárcere polas súas ideas. A historia dun home republicano, galeguista e progresista que non quedou nin quieto nin calado. 

O documental conta con voces como a do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o historiador e cronista, Xan Fraga; a poeta e integrante de A.C.Lumieira, Rosalía Fernández Rial, o actor amateur Antonio Rodeiro, do Grupo Teatro da Maía, ou o sobriño neto do propio Xesús San Luís, José Ramón San Luis Díaz. 

Esta peza audiovisual non tería sido posible sen a participación do CEIP Xesús San Luís Romero coa especial aparición de Nagore Calvedo Espasandín e David Gómez Botana xunto con Paloma Delgado Botana, Aroa Varela Abelleira, Roberto López Colombo, Javier Golpe Villar e Joel Collazo García. A mestra Sabina Isabel Facal Pérez tamén resultou fundamental para a elaboración do documental xunto coa directora do centro, María Luísa López Losada. 

A memoria de San Luís agroma xa en todo o país 🌱

Entrevista a Santiago Ferragud autor do libro "Todo chega desde o mar"

 "Manter Vigo paralizada dúas semanas cunha folga en 1972 demostrou ao poder o auténtico talante da sociedade".

Información en Praza Pública

Santiago Ferragud © Isaac Garabatos


 

Poutega | Portas do Camiño, portas da cultura

 

16/12/22

A Galiza ignorada: O Reino de Galiza: unha etapa de esplendor (1157-1230)

 Información de Francisco Rodríguez en Nós Diario

A protección da música e da poesía, á que os dous reis eran afeccionados, provocaría unha eclosión do uso literario do galego-portugués. 

  Fernando II, nunha miniatura do Tombo A da catedral de Compostela. (Foto: Catedral)


 

14/12/22

A Mesa lanza Pipocas, un catálogo que recolle todos os filmes e series que están dobrados ao galego

 

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou esta mañá Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series dobradas ou lexendadas á nosa lingua e que redirixe o público ás plataformas na que está cada título. No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos. Dende a entidade asegúrase que será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.

“Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua”, explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, “especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas”. “Dende hoxe”, conclúe, “as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua”.

Información en A Mesa