18/12/22

Entrevista a María do Cebreiro: "Parece incrible que para algo que leva estando aí dende que o mundo é mundo tamén vaiamos necesitar o algoritmo"

 Un dos mellores acontecementos que pode suceder ao redor dun libro é que sexa compartido, como está a suceder con Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (Editorial Galaxia) de María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, 1976). Este ensaio que deixa clara a súa vontade crítica, recompila as teorías e visións que determinan, dalgunha maneira, o feito de ser nai hoxe. A maternidade, ou precisamente a decisión de non seguir ese camiño, debátese neste texto ensaístico e mais noutros exemplos recentes da literatura galega como a novela Os seres queridos (Xerais) de Berta Dávila ou o poemario Materia (Xerais) de Yolanda Castaño. María do Cebreiro, poeta e ensaísta, di que non contaba escribir este libro, co que gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, e que dedica á súa primeira filla.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

María do Cebreiro Rábade Villar © Laura Dalama