23/12/22

50 anos de 'O meu país' de Miro Casabella

 Información de Xan Fraga en Praza Pública

Capa do disco 'O meu país' Dominio Público

Entrega dos premios aos gañadores do concurso "videos de ciencia en galego"

 O 22 de decembro fíxose entrega dos premios por parte d@s profesor@s Carlos Álvarez de física e química e Pilar Veiga de lingua e literatura galega.

Nicolás Castro Botana (4º ESO B) 1º premio

Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO A) 2º premio
 
Victoria Caraballo Hernández (4º ESO B) Finalista


Galicia de 20 a 20: De Santiago a Muros

 

#CiberEsther É correcto dicir 'cookies'? #DígochoEu

Merenda cos Bolechas 17

 

Galicia de 20 a 20: De Buño a Sada

 

Vinte destaques de 2022. Os acontecementos culturais que fixeron avanzar o (noso) mundo este ano

 Información en Vinte


 

O Ortegal, proposto pola UNESCO para ser o segundo xeoparque galego

 Información en Praza Pública

Cabo Ortegal e os Aguillóns © Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

Os Premios Youtubeiras xa teñen finalistas: 22 propostas para un 2022 no que a lingua galega medrou na rede

Finalistas da edición 2022 dos Premios Youtubeiras © Premios Youtubeiras

Espazos de ocio e mobilidade sostible para procurar que a mocidade fique na provincia de Lugo

 Información en Praza Pública

A nova vía ciclista no litoral de Ribadeo no tramo próximo á Illa Pancha CC-BY-SA Deputación de Lugo


 

Dependentas de Inditex logran unha suba de 4.800 euros brutos ao ano e suspenden a folga previa ao Nadal

 Información en Praza Pública

Manifestación pola folga das dependentas de Inditex na Coruña o 25 de novembro CC-BY-SA CIG


 

Senda Litoral de Galicia

 

19/12/22

Concurso ciencia en galego (2ª edición 2022)

 Organizado polo EDLG en colaboración co departamento de Física e Química do IES Monelos.

1º premio Reacción química dun limón efervescente de Nicolás Castro Fontela (4º ESO)

2º premio: Dous experimentos básicos de Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO)  

Finalista Victoria Caraballo Hernández (4º ESO)

MANU CHAO & XURXO SOUTO - Licorcafé (A Coruña, 29.8.22)

 Versión do mítico tema de Lamatumbá. Con Lucky Salvatore (Guitarrita) e Miguel Rumbao (percusión) + colaboración especial de Pulpiño Viascon (Acordeón) e Xurxo Souto (Os Diplomáticos). A CORUÑA | PARQUE SANTA MARGARIDA | 29.08.2022

Intervención de Xurxo Souto en Bruxelas - 20 anos do Prestige

CRNDS | Portas do Camiño, portas da cultura

 

18/12/22

De Cabo Verde a Burela: unha corrente migratoria na que o traballo de coidados sempre depende das mulleres

 Información en Praza Pública

Algunhas das protagonistas do documental 'Si ka badu, ka ta biradu', en Cabo Verde © Agareso


 

Nadal en Vigo: cando se fai excesivo o exceso?

 Información de Ana G. Liste en Praza Púbica

A nora do Nadal na Alameda de Vigo CC-BY-SA Ana G. Liste/Praza.gal


 

Morre Nélida Piñón, a 'brasilega' de Cotobade que sempre gardou Galicia "no nicho da memoria"

 Información en Praza Pública

Intervención de Nélida Piñón no seu acto de ingreso na Real Academia Galega © RAG


 

Entrevista a María do Cebreiro: "Parece incrible que para algo que leva estando aí dende que o mundo é mundo tamén vaiamos necesitar o algoritmo"

 Un dos mellores acontecementos que pode suceder ao redor dun libro é que sexa compartido, como está a suceder con Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza (Editorial Galaxia) de María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, 1976). Este ensaio que deixa clara a súa vontade crítica, recompila as teorías e visións que determinan, dalgunha maneira, o feito de ser nai hoxe. A maternidade, ou precisamente a decisión de non seguir ese camiño, debátese neste texto ensaístico e mais noutros exemplos recentes da literatura galega como a novela Os seres queridos (Xerais) de Berta Dávila ou o poemario Materia (Xerais) de Yolanda Castaño. María do Cebreiro, poeta e ensaísta, di que non contaba escribir este libro, co que gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, e que dedica á súa primeira filla.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

María do Cebreiro Rábade Villar © Laura Dalama


 

Unha ducia de retratos de Fernández del Riego para o seu ano das Letras

 Información en Praza Pública

Retrato de Laxeiro 1941
 

Xesús San Luís, o poeta zapateiro

 Aínda que invisibilizado nas páxinas da historia, Xesús San Luís Romero foi unha figura de alta importancia para a nosa cultura e o devir democrático da sociedade galega. Naceu o 9 de setembro de 1872 e a súa historia é a dun obreiro, a dun político, a dun poeta e dramaturgo, a de quen sufriu o cárcere polas súas ideas. A historia dun home republicano, galeguista e progresista que non quedou nin quieto nin calado. 

O documental conta con voces como a do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o historiador e cronista, Xan Fraga; a poeta e integrante de A.C.Lumieira, Rosalía Fernández Rial, o actor amateur Antonio Rodeiro, do Grupo Teatro da Maía, ou o sobriño neto do propio Xesús San Luís, José Ramón San Luis Díaz. 

Esta peza audiovisual non tería sido posible sen a participación do CEIP Xesús San Luís Romero coa especial aparición de Nagore Calvedo Espasandín e David Gómez Botana xunto con Paloma Delgado Botana, Aroa Varela Abelleira, Roberto López Colombo, Javier Golpe Villar e Joel Collazo García. A mestra Sabina Isabel Facal Pérez tamén resultou fundamental para a elaboración do documental xunto coa directora do centro, María Luísa López Losada. 

A memoria de San Luís agroma xa en todo o país 🌱

Entrevista a Santiago Ferragud autor do libro "Todo chega desde o mar"

 "Manter Vigo paralizada dúas semanas cunha folga en 1972 demostrou ao poder o auténtico talante da sociedade".

Información en Praza Pública

Santiago Ferragud © Isaac Garabatos


 

Poutega | Portas do Camiño, portas da cultura

 

16/12/22

A Galiza ignorada: O Reino de Galiza: unha etapa de esplendor (1157-1230)

 Información de Francisco Rodríguez en Nós Diario

A protección da música e da poesía, á que os dous reis eran afeccionados, provocaría unha eclosión do uso literario do galego-portugués. 

  Fernando II, nunha miniatura do Tombo A da catedral de Compostela. (Foto: Catedral)


 

14/12/22

A Mesa lanza Pipocas, un catálogo que recolle todos os filmes e series que están dobrados ao galego

 

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou esta mañá Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series dobradas ou lexendadas á nosa lingua e que redirixe o público ás plataformas na que está cada título. No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos. Dende a entidade asegúrase que será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.

“Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua”, explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, “especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas”. “Dende hoxe”, conclúe, “as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua”.

Información en A Mesa


 

Fálame sempre. Galego na comarca do Bierzo | Capítulo 1

 Miniserie documental de tres capítulos que ten por obxectivo documentar un fenómeno lingüístico e cultural: o galego do Bierzo. As protagonistas poñen en valor tres puntos de vital importancia para a conservación dunha lingua: a tradición oral, o apoio institucional nas escolas e a súa consagración como expresión artística.

13/12/22

Arte en Santiago (13-12-2022)

 A anagnórise ou recoñecemento (do grego antigo ἀναγνώρισις, recoñecemento) é un topos clásico da trama narrativa e, en particular, do teatro consistente en que un personaxe, após unha cadea máis ou menos complexa de vicisitudes, é recoñecido por outros (ou se dá conta el mesmo) na súa verdadeira identidade. 

A anagnórise aparece mencionada na Poética de Aristóteles e foi moi usada na comedia latina e no teatro barroco (Tirso de Molina, Calderón, Shakespeare). Un caso sería o de dous irmáns, separados por un naufraxio, que se atopan anos máis tarde, a punto de casar con alguén do contorno do outro. Edipo é un paradigma de recoñecemento tráxico, pois mata o seu pai e casa coa súa nai. 

A mestra e escritora Victoria Moreno, a quen se lle ten dedicado o día das letras galegas no 2018, ten unha novela que leva este título. 

A letra da canción composta pola banda da loba titúlase do mesmo xeito. 

Que a través dos vieros da arte, e do que isto representa, sexamos quen de recoñecermos en milenios de historia da humanidade. 

Este é o significado da música seleccionada.

Arte en Santiago (13-12-2022)

Visita do alumnado de Hª da Arte de 2º de bacharelato do IES Monelos a Santiago para coñecer máis os aspectos artísticos da cidade. Curso 2022-2023.
 

O outro lado da pantalla

 

12/12/22

Xisco Feijóo, Wilma Vieira, Lúa Mosquetera, Ana Moura e Ponte... nas Ondas! premiados na gala aRi[t]mar de irmandade galego-portuguesa

 Información en Praza Pública

A artista de Setúbal A garota não e a arxentino-galega Catuxa Salom actuarán nos premios aRi[t]mar © aRi[t]mar


 

Guadi Galego - Penélope

 

O Seminario de Onomástica responde: A Coruña

 A Coruña é un dos topónimos que máis interese suscitou dentro da nosa filoloxía. Foron múltiplas as hipóteses que tentaron deitar luz sobre o nome da cidade herculina, algunhas tan temperás como a do propio Afonso X o Sabio. A última das propostas etimolóxicas foi a do académico Gonzalo Navaza, quen descartou as anteriores para lanzar a súa propia e sorprendente proposta.

Entrega dos premios do primeiro certame de relatos de terror do IES Monelos

A alumna de 2º ESO a Catalina Bago Pérez recibiu o primeiro premio na categoría de 1º, 2º e 3º de ESO. Julián Santos Santos optivo o 2º premio na mesma categoría.

Jia Hao Yang de 2º bacharelato B recibiu o primeiro premio da 2ª categoría (4º ESO e bacharelato).

A actividade foi organizada pola Biblioteca escolar e o EDLG do centro.

Grazas a tod@s os concursantes que participaron e parabéns aos gañadores.


 

Xoias románicas da Ribeira Sacra

 

11/12/22

RESUMO #PrimeiraFederación | DEPORTIVO 2-0 Racing Club Ferrol | Grupo 1 | Xornada 16

 

Conferencia «Ucraína: as guerras da memoria» de Xosé M. Núñez Seixas

 

Familia Caamagno: O mundo está derrotado

 

Trailer MENINOS CANTORES

 Um projeto de PONTE...NAS ONDAS! realizado por 17 escolas ao longo da fronteira galego-portuguesa. Meninos Cantores 2 é um projeto realizado por 17 escolas nas margens da fronteira galego-portuguesa, de Chaves a Caminha e de Verin à Guarda. 

Um projeto que conta com: 18 músicas, um documentário de 4 capítulos de 50 minutos cada um e um livro de 82 páginas. Trata-se de uma nova proposta realizada a partir da primeira edição de Meninos Cantores editada em 2005. Naquela altura, foram 17 centros educativos localizados entre Vigo e Porto, os que recriaram temas do património musical galego-português. Um tema comum composto por Uxia Senlle e Segundo Grandio foi gravado num videoclipe na ponte entre Tui e Valença com a presença de mais de 500 jovens das duas margens. 

O trabalho realizado foi apresentado como um exemplo do compromisso das escolas com o património imaterial galego-português, candidato à UNESCO, por Ponte…nas ondas! com o aval do Estado português e espanhol.

 

As foliadas, no camiño de seren Ben de Interese Cultural polo seu carácter de "manifestación festiva comunitaria"

 Información en Praza Pública

Foliada en Compostela CC-BY-SA Noel Feáns


 

Boadicea, unha nova editorial para a fantasía e as primeiras veces

 Información en Praza Pública


 

As cooperativas galegas xa son 1.600 e queren ser moitas máis

 Información en Praza Pública

Representación de EspazoCoop nun encontro de emprendemento celebrado na Coruña © EspazoCoop


 

Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC: Os problemas que a rapazada ten nas redes reflíctense no seu benestar: "Estámonos esquecendo de formar persoas"

O limiar da felicidade dun rapaz hoxe en día está nas redes sociais, no que ve aí, que é algo moi superficial, irreal e artificial. Estámonos esquecendo de formar persoas e iso, ao mesmo tempo, fai á mocidade máis vulnerable nas redes”. Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela, é o responsable científico do estudo Adolescencia, Tecnología, Salud y Convivencia, impulsado pola Fundación Barrié, que conta coa participación de máis de 10.000 rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos de centros escolares galegos para analizar o uso que fan das Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación (TRIC).

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Dúas rapazas cos seus teléfonos móbiles no campus da Universidade de Santiago © Santi Alvite/USC


 

Máis dunha ducia de novidades da música galega para pechar o ano

 Familia Caamagno, Berto, Antía Muíño, Ataque Escampe, Xosé Lois Romero & Aliboria, Dani, LaMontagne & PicoAmperio, Baiuca, Blanco Palamera, Sés, Catuxa Salom, Secho, Catalina Rubirosa, Carlangas & Manu Chao son algúns dos grupos e cantantes que presentan novidades no panorama musical galego neste fin de ano 2022.

Sobre algún deles traballaremos en Radio Monelos o trimestre que vén. No caso de Sés, Berto ou Ataque Escampe xa fixemos un programa de radio o curso pasado. Deixamos unha pequena referencia dos seus videoclips presentados en Praza Pública

Información de Marcos Pérez Pena en  Praza Pública

Familia Caamagno compartiron varios concertos con Berto, un dos grandes nomes da escena musical galega actual. Berto tamén ten un disco moi recente, SINTO, onde aparece este 'Bágoas de cocodrilo'

Brais Lamela presenta a novela "Ninguén queda": "É posible construír pertenza sen reificar ningunha idea purista sobre o que é un fogar"

 Unha poética dos vestixios. Do que pode construírse sobre os restos, sobre os fragmentos. Como espazos de pertenza erguidos mesmo onde non quedaba nada. É unha das propostas de Ninguén queda (Euseino), a primeira novela de Brais Lamela. Un mozo conta a historia dun desposuimento, o da veciñanza de Negueira de Muñiz obrigada a desprazarse á Terra Chá tras seren as súas casas anegadas para facer un encoro. Mais esta historia entrecrúzase con outras, todas unidas polo desarraigo e, tamén, pola necesidade, e a vontade, de erixir comunidade malia todo. [Ninguén queda preséntase este 13 de decembro (19:30) no Vello Cárcere de Lugo e o día 15 (20:00), na Casa da Cultura de Vilalba]

Información en Praza Pública

Brais Lamela © Mariana Katz


 

Xeado ecolóxico, unha nova saída para o sector lácteo galego

Información de Noa Martínez en GCiencia

 

Antonio Gómez e Broder Fernández, responsables da A Factoría Ecolóxica

Amparo Alonso: “A axencia da Coruña fará de Galicia pioneira en intelixencia artificial”

 Información de Laura Veiga en GCiencia

Amparo Alonso, enxeñeira química especialista en intelixencia artificial.


 

O infante que nunca chegou: así foi a ruína de Vigo e A Coruña á espera de Don Juan José

 En 1668, os veciños de ambas cidades foron obligados a contentar ao fillo extramatrimonial de Felipe IV e a manter ao Terzo de Valadares.

Información Eduardo Rolland en GCiencia

Juan José de Austria
 

 

Entrevista a Miguel Ángel Santalices deputado do PP e presidente do parlamento galego en "Nós Televisión"

Miguel Ángel Santalices entrou na primeira liña da política despois dunha ampla experiencia como xestor sanitario. Entre outros, dirixiu o Hospital Xeral de Vigo e o de Ourense, lugar desde onde foi un privilexiado observador dos avances da sanidade en Galicia durante as últimas décadas. Conta con orgullo como, antes de se decidir por iniciar os estudos de Medicina, o seu pai levouno a pedir consello a Don Ramón Otero Pedraio e que este, nada máis que o animou a "tocar a gaita como o seu tío avó", o célebre Faustino Santalices. 
A entrada en política deste arraiano, nacido no concello de Bande, prodúcese a comezos dos anos noventa, cando se incorpora ao Partido Popular. Desde a Quinta lexislatura do Parlamento de Galicia exerce de deputado e é a partir do ano 2016 cando pasa a presidir esa institución.
Miguel Ángel Santalices recibe a Nós Televisión na biblioteca do Pazo do Hórreo e ao longo da conversa vai debullando as súas ideas sobre Galicia, o galeguismo e os retos que temos como sociedade neste século XXI.
 

Vinte e cinco proxectos gandeiros contribúen a que o monte lucense sexa "o que non arde"

 Información en Praza Pública

Vacas nos Ancares, pertencentes á cooperativa A Carqueixa © Deputación de Lugo


 

Pontedeume e comarca

 

08/12/22

Radio Monelos: historias da Coruña e do noso barrio capítulo 4. O Capitán Xeneral de Galicia Pedro Martín Cermeño y García de Paredes

 Capítulo 4º de historias da Coruña e do noso barrio elaborado polas alumnas de 1º de ESO B Lara Beade Hermida e Claudia Aparicio Ramos sobre a figura do capitán xeneral Pedro Martín Cermeño y Paredes e a repercusión que tivo o seu traballo na historia da Coruña e en Oza-Monelos no 300 aniversario do seu nacemento.

 


Radio Monelos: historias da Coruña e do noso barrio. Capítulo 3. O río Monelos

 Programa sobre o río Monelos elaborado polas alumnas de 1º ESO B Sara Díaz Ruíz e Inés Insua Puente.

Mural sobre o río Monelos na rúa Montes. Proxecto MonRiveR

 


AQUIS QUERQUENNIS a vista de dron

06/12/22

Gañadores Concurso de #TapasPicadillo #VisitCoruna

 Dez días, máis de 50 tapas e nove finalistas. A edición de 2022 do Concurso de #TapasPicadillo  chega a súa fin, e estes son os gañadores!

 Mención especial Tapa recetario Picadillo - Casa Surrey

 Mención especial Maridaxe 1906 - Taller de Sastrería 

 Mención especial Tapa Creativa - Casa Surrey 

 Premio Picadillo 2022: Maridaxe 1906 

- Intenso Premio Picadillo 2022: Tapa Recetario Picadillo 

- Taberna Triay Premio Picadillo 2022: Tapa Creativa - Roots 

Premio Picadillo 2022: Cidade de A Coruña - Ajetreo  

#VisitCoruna #SaboreaACoruña

#DígochoEu Non digas *confitería

 

SÉS presenta Diante un Eco na Coruña

“Diante un eco” é o oitavo disco do cantautor galego. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, lamentablemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días. 

“Diante un eco” é tamén, para Sés, unha volta ao principio, pero dende o comercio e a madurez, e sobre todo dende unha visión alternativa de sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantante se considera amante e debedora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza. 

 SÉS, acompañada de toda a súa banda, volverá pisar as táboas dos principais escenarios de Galicia, Estado español e Latinoamérica, para presentar este novo disco en directo. 

O sábado 10 de decembro ás 20:30 horas.


 

Como é? Qatar ou Catar? #DígochoEu

 

JOSÉ SELLIER, o pioneiro do cinema galego que fixo a primeira película española

 

#DígochoEu Non digas nin *mote nin *apodo

 

Ruth Matilda Anderson. Galicia de 20 a 20: De Cangas a Padrón

 A segunda etapa da viaxe comeza por mar, cruzando a ría de Vigo para chegar a Cangas. Alí seguirémoslle a pista a unha casa de patín que retratou Ruth Matilda en 1924. Beti Iglesias, técnica de turismo, axudaranos nesta busca da arquitectura tradicional. Despois faremos unha parada en Pontevedra para tirar do fío dunhas pezas de pan retratadas por Ruth e feitas por Manuel Vilela, da panadaría La Estrella de Viena. A súa pista levaranos ata a actual panadaría Acuña. Na ría de Pontevedra buscaremos un misterioso lugar que Ruth anotou como “Jeivotas”, preto de Raxó. Para saber máis deste suposto topónimo, pedirémoslle axuda a Iago Tomé, patrón maior, e a seu pai Sebastián Tomé. A seguinte foto que actualizaremos será a dunha mariscadora de Carril con Rita Vidal e Guadalupe Jueguen de Amarcarril. E remataremos esta etapa cun final moi especial en Padrón, na Casa de Rosalía de Castro. Ruth Matilda visitou e retratou a casa da poeta nun estado ruinoso e tamén traduciu poemas seus ao inglés. Ademais de falar con Anxo Angueira, presidente da Fundación, xuntaremos tres poetas novas da zona para casar as fotos de Ruth coa poesía dos 20 do XXI.

MØU - Saudando á Saudade (Feat. Sokram e Miguel González)

 

Aser Álvarez leva ao cinema o camiño de Prisciliano

 Información de Manuel Xestoso en Nós Diario

  Vitorino Pérez Prieto diante da Porta Nigra de Tréveris, durante a rodaxe do filme.


 

Despoboación, transporte, inmoble ou lingua: os motivos oficiais polos que a Coruña terá a Axencia de Intelixencia Artificial

 Información de David Reinero

Edificio da Terraza onde o Concello aspira a que teña a sede a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial © Concello da Coruña



CRÓNICA 12 | Doma do Reino de Galiza

 

05/12/22

Clara e a liberdade a través da danza: "No escenario síntome ben, libre"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Clara López na actuación de Experimentadanza na edición de 2021 do Festigual coa peza 'Habitados' © Rocío Cibes


 

Antía Muíño. Cancións que achegan emocións

 Información de Ana G. Liste en Vinte

A Coruña consegue para Galicia a sede da Axencia estatal de Intelixencia Artificial

Información en Praza Pública

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación da candidatura da cidade para acoller a sede da AESIA © Concello da Coruña

Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto"

 Nesta páxina pódense escoitar os nove podcast sobre unha escolma da historia da música galega que ten como referentes a Andrés do Barro, Ana Kiro, Voces Ceibes, Luis Emilio Batallán, Fuxan os Ventos, Milladoiro, Radio Océano, Os Resentidos e Os Diplomáticos de Monte Alto realizados polo alumnado do IES Monelos ao longo deste primeiro trimestre do curso 2022-2023. 

Non son todos os que foron pero si están os que representan, dalgún xeito,  o que foi a evolución da música galega dos últimos 50 anos na nosa opinión e con esta finalidade quixemos presentar este traballo.


Andrés do Barro

Traballo elaborado polas alumnas  de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.


Ana Kiro
 
Traballo elaborado polas alumnas de 2º ESO Catalina Bago e Sabela García.
 
 
 
Voces Ceibes
 
Traballo elaborado polas alumnas de 3º ESO Iria Domínguez e Lucía Morandeira.
 
 
 
Luis Emilio Batallán
 
Traballo elaborado polas alumnas de 3º ESO Adriana Miranda e Sara Castro.
  
 
Fuxan os Ventos
 
Traballo elaborado polas alumnas de 3º ESO Lucía Barbé e Inés Rodríguez.
 
 
 
Milladoiro
 
Traballo elaborado polos alumnos de 4º ESO Lucas Eiroa e Abel Vilariño.
  
 
Radio Océano
 
Traballo elaborado polos alumnos de 4º ESO Fernando López e Elías Pardo.
 
 
Os Resentidos
 
Traballo elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO Sara Lorenzo e Anxo Vázquez.
 
 
 
Os Diplomáticos de Monte Alto 
 
Traballo elaborado polas Alumnas de 1º BAC Soraya Martínez e África Trillo.
  

 Rematamos este proxecto coa entrevista realizada polas alumnas de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.


 

As reporteiras con Xurxo Souto ás portas da librería "Sisargas"