25/04/22

'Ponte... nas Ondas!', premio especial do xurado de aRi[t]mar

 Información en Nós Diario

Escolas nas ondas', unha das iniciativas que desenvolveu 'Ponte... nas Ondas!'. (Foto: Nós Diario)


Escola Galega de Ilusionismo (EGI) – Mistos viaxeiros

Episodio de curta duración que pretende achegarlle ao público familiar, escolar e público xeral formación inicial nas diferentes ramas da maxia. Cada capítulo ofrece as instrucións necesarias para a creación e desenvolvemento dun xogo de maxia sinxelo pertencente a unha das ramas do ilusionismo (maxia de preto, maxia de escena, mentalismo…). Mistos viaxeiros: Este éche un número de maxia ben pensado. Se lle dedicas un pouco de tempo á súa elaboración e ao ensaio poderás fascinar a quen queiras.

 


'Da emoción á competencia' no CEIP Quintela de Moaña. Serie "Aquí medra a lingua"

 


Saúde, diñeiro e amor. Historias do Gran Sol - Pepe

 


24/04/22

Balea Vermella | Astronomía de raios gamma

 


Galicia perde seis mil habitantes máis e rexistra a cifra de poboación máis baixa no último medio século

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Vista xeral da parroquia de Teis, en Vigo

 

Patinho en twitch - as orixes da lingua

 


Isaac Alonso Estraviz: "Sou natural do país onde nasceu a língua galego-portuguesa"

 Nacido en Vila Seca en 1935, o profesor Isaac Alonso Estaviz é o lexicógrafo máis importante que ten a nosa lingua. Licenciouse en Filosofía na Universidade de Comillas e en Filosofía e Letras e Filoloxía Románica na Complutense de Madrid; diplomouse en cultura e lingua portuguesas na Universidade de Lisboa, e doutorouse en Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. 

A de Isaac Alonso Estraviz é unha vida comprometida por enteiro coa defensa e o estudo do galego, desde que sendo moi novo sofreu a represión por ser galegofalante. Monxe en Oseira na súa mocidade --de onde será desterrado por rebelde--, percorreu distintos países e cidades antes de poder volver a se instalar na Galiza. Detrás do seu sorriso e dunha nada finxida modestia, atopamos o autor do máis importante dicionario galego en liña. 

Elaborado á marxe das institucións e da Academia, a súa obra recibe milleiros de consultas diarias e é unha referencia fundamental para todos os países de fala galega e portuguesa. Conversamos con Isaac Alonso Estraviz en Allariz, na Casa da Fundación Vicente Risco e deixámonos levar polo pracer da escoita.

Brincadeiras da lingua - 21 - Ditos de burlas

O Ferrado. O centro galego da mocidade é dixital

 Información de Ana G. Liste en Vinte


 

50 anos do 'Grândola' en Compostela: o canto que prendeu a 'Revolución dos Cravos' soou antes en Galicia

 Información en Praza Pública

Detalle do mural que lembra ao Zeca Afonso e a Benedicto no Burgo das Nacións (Santiago) © AJA Galiza

 

A retranca de Radio Océano actualiza 'Miña Terra Galega' con mencións a eucaliptos, eólicos e a Sito Miñanco

 Información en Praza Pública

Museo a ceo aberto - 6 - Delas Fest - Comarca de Compostela

23/04/22

Unha ducia de episodios da revolución galega de 1846: do pronunciamento de Solís aos Mártires de Carral

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

A finais do século XIX a Liga galega da Coruña retomou o proxecto e grazas a unha subscrición popular, fíxoo realidade o 22 de maio de 1904. O monumento aos Mártires de Carral foi dende entón o escenario de numerosas homenaxes, coma a organizada polas Irmandades da Fala. en 1931, que recolle a imaxe, na que Manuel Lugrís Freire, ofrece un discurso.
 
 A Revolución Galega de 1846

 


Bailando o Camiño - 1 - Txulalai

 


21/04/22

Seis propostas para ler a arte e a realidade

 Unha exposición en Santiago exhibe unha parte dos fondos da Colección Abanca vertebrados arredor das propostas literarias suxeridas por Italo Calvino na súa obra Seis propostas para o próximo milenio. A mostra inclúe pezas de artistas como Kandinsky, Maruxa Mallo, Picasso, Lugrís, Juan Muñoz ou Euxenio Granell. 

Información de Manuel Xestoso en Nós Diario

Unha obra de Joaquín Torres García, 'Port constructif au drapeau jaune', presente na exposición dos fondos da Colección Abanca.

 

XXVIII Certame Literario Xoán Díaz – Concello de Cambre 2022

 Destinado a xoves de 12 a 26 anos

O prazo de presentación das propostas literarias remata o 30 de abril

Ver bases do concurso 


 

Receita: salmón marinado do Ulla elaborado polo cociñeiro Oscar Durán de Casa Lagoeiro (A Estrada)

 

18/04/22

A Casa Gótica: o palacio medieval desaparecido na Coruña

 

A Casa Gótica foi un edificio singular arquitectónicamente no entramado urbano da Coruña. Unha peza peculiar da Cidade Vella que desapareceu en 1936 polo seu deterioro. 

 
Analizando a arquitectura da Coruña dende a antigüidade, a construción máis antiga é a Torre de Hércules, despois a Igrexa de Santa María e despois a de Santiago. O seguinte nesta lista foi unha peza de arquitectura civil que faltaba: a Casa Gótica. A Casa era un pazo medieval construído no século XV, que estaba situado no Paseo da Dársena nº18 fronte ao actual Hotel Finisterre, que daquela era un cárcere situado no porto, resgardado pola muralla. Pertencente aos condes de San Román, foi utilizado por primeira vez como vivenda familiar, para ser convertido en residencia do alcalde do Reino de Galicia dende 1712 ata 1882. 
 
Despois dese período foi cedida ás Irmáns da Caridade que permanecerán alí ata 1936, cando debido ao seu estado case ruinoso por anos de falta de mantemento e coidados, a casa quedou inhabitable. Nese momento intentouse negociar co Concello un convenio polo que o inmoble, en estado visiblemente ruinoso e deteriorado, se vendería ao concello por un importe de 60.000 pesetas (taxados polos propietarios en 1915, ao tipo de cambio actual arredor dos 96.000 euros aproximadamente, pola variación do valor do diñeiro provocada polo golpe de estado que invalidou a moeda nacional republicana) co obxectivo de convertela nun museo de Belas Artes. A operación non foi viable, e a vivenda foi derrubada polo seu estado ruinoso como consecuencia da falta de mantemento do inmoble. 
 


A Casa Gótica da Coruña presentou características propias da arquitectura gótica civil. A diferenza da arquitectura gótica relixiosa, a arquitectura gótica civil non transmite a sensación de desmaterialización natural en edificios como a catedral de León ou a Sainte Chapelle de París, senón que transmite gravidade e masividade. Nun contexto medieval de influencias francesas, polo menos no noroeste español, fortemente influenciado polo Camiño de Santiago e algunhas conexións xenealóxicas, a arquitectura civil gótica está máis relacionada con construcións como o Palacio Papal de Aviñón ou o Palacio do Conde de Alpuente. en Segovia e non tanto con outras como a Lonxa de Valencia ou o Palacio Ducal de Venecia, de carácter menos masivo. 
 

 
Aínda que as imaxes que se conservan deste edificio amosan unha construción deteriorada, con fiestras tapiadas, e ausencia de xeso, os detalles e a estrutura característica deste estilo arquitectónico están inevitablemente presentes. A estrutura da Casa Gótica é maciza, formada por muros de cachotería de gran sección, o que impide a existencia de grandes ocos. A tipoloxía estrutural, cunha tecnoloxía construtiva moi básica, configura a estética do edificio: pequenos ocos, sobria ornamentación e ausencia de curvas ou saíntes na fachada.
 
 A parte inferior inclúe arcos de descarga tanto na fachada que dá á Dársena como na que dá á praza do Parrote, aínda que na fachada que dá á praza se duplican para aliviar cada planta. A modulación do edificio responde precisamente ás dimensións destes arcos, que tamén facilitan a apertura de ocos grazas ao relevo de forzas internas dentro do muro. Os ocos teñen dimensións reducidas, e incorporan algúns elementos decorativos e outros funcionalmente vernáculos, como o revestimento superior das fiestras máis sinxelas, que as protexen da entrada de choiva que acabaría deslizando pola fachada. A pesares precisamente desa estrutura e linguaxe gótica, a casa incorporou fiestras guillotinadas, propias da cidade. 
 



 

Maria Mera Baile

 


'Militantes da contorna' no CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso. Serie "Aquí medra a lingua"

 


Saúde, diñeiro e amor. Historias do Gran Sol - Laureano

 


17/04/22

A Camisa, de Lauro Olmo

 A Camisa foi unha obra emblemática do teatro social, escrita polo valdeorrés Lauro Olmo e estreada en Madrid en 1962 no Teatro Goya. O concello do Barco de Valdeorras e o CCG promoven esta versión en podcast da obra, realizada a partir da tradución ao galego de Ramón de Valenzuela. 

O podcast está dividido en cinco episodios accesibles no Youtube e nas principais plataformas de podcasting.

 

A vida continúa no patio de veciños...os nenos seguen a xogar, repetindo quizáis os vicios e virtudes dos seus maiores, e María e Ricardo seguen a discutir salvaxemente. Aparecen en escena dous amigos de Xan: Sebas e Lolo. O primeiro está cos últimos preparativos para marchar ao estranxeiro, e ven despedirse como a ocasión o merece. Xan está totalmente en contra da idea de marchar, quere ficar na sua terra, pero iso cada vez semella máis complexo." 

 

 "O desexo de emigrar é algo que non ten idade nesta vila. Os adultos loitan por facer realidade a posibilidade de marchar, e os pequenos non poden facer máis que tratar de copialos, como Loliña e Nacho, que xa soñan, case antes de chegar a adolescencia, cun futuro lonxe do seu país. Lola soña tamén con darlles un futuro mellor aos seus fillos e toma a resolución de marchar á Alemania, xa que o seu marido, Xan, está decidido a quedar na súa terra. Durante a cea na súa casa debatirase esa decisión, con consecuencias imprevisibles..." 

  

Neste novo capítulo os veciños van presenciar o paso do satélite americano sobre o ceo nocturno, feito que será interrompido polos petardos lanzados polos nenos Agostiño e Nacho, provocando o caos e o desconcerto. Días despois, vemos como os problemas derivados da miseria non deixan de acentuarse: malos tratos, desexos de fuxida, frustracións…ante isto, un raio de esperanza xorde para Lolo, xa que resultou gañador da quiniela, con catorce resultados. 

Como hai 9 anos: Pódese!

 Esta hinchada non se rende! É de nós de quen depende! Hugo Torreiro súmase ao apoio ao Depor pola permanencia cun tema e un videoclip inédito. PÓDESE!

'Reforzar o propio' no CPI Virxe da Saleta (Cea, Ourense). Web serie 'Aquí medra a lingua'

 


'Alianzas necesarias' no CEIP Barouta de Ames. Web serie "Aquí medra a lingua"

 


Balea Vermella | Loot boxes e mecánicas adictivas nos videoxogos

 


Dicionario da Ciencia: 'Xúpiter'

 


Club Raza Can de Palleiro: “Se ben é certo que levamos camiño andado, aínda queda moito por facer”

 Información en Orgullo Galego


 

As Tanxugueiras triunfan en Benicàssim e Madrid

 Información en Nós Diario

As Tanxugueiras brillaron no escenario do Festival de Benidorm na final do certame (@PlanetESC).

 

Domingo de Resurrección para o Deportivo en Riazor

 O Dépor vence ao Dux e consolida a segunda praza  

 Información de Héctor Pena en Nós Diario

De 10 concellos a 32 países en 25 anos: o Fondo Galego de Cooperación celebra o seu aniversario tras 170 proxectos en todo o mundo

 Información de David Reinero en Praza Pública

Acción de axuda do Fondo Galego de Cooperación en Mozambique © Fondo Galego

 

Museo a ceo aberto - 2 - As Meninas de Canido - Ferrol

 


15/04/22

As 50 do YouTube - MARZO '22

 


A chegada de peregrinos no comezo de 2022 volve ser como a do último ano antes da pandemia

 Información de David Reinero en Praza Pública



A TVG encarga un estudo sobre o grao de cumprimento da súa misión de servizo público

 Información de David Reinero en Praza Pública

Sede da CRTVG en San Marcos (Santiago), nunha imaxe difundida pola Corporación pública © CRTVG

 

O Liceo clasifícase para as semifinais cun despregamento coral en todas as partes da pista que secou ao Noia e deixoulle sen recursos | O Benfica será o sábado o seu rival

 Traballo, defensa, goles, equipo

Información de María Varela en La Opinión de A Coruña

Liceo - Noia (6-0) na Golden Cup Víctor Echave

 


 Na #GoldenCup hai oportunidade para facer moitas cousas. Os nosos xuvenís e alumnos de Monelos @ivan55__e Pepe Verdía comentando os partidos na plataforma #Escoita q axuda ás personas con déficits visuais a seguir os encontros #aprender #mellorar @ConcelloCoruna @ArcayMonica

A Coruña ampliará o proxecto do Bosque de Breogán con outros 35.000 metros cadrados

 Información de Elena Silveira en La Voz de Galicia


 

Anna, oito anos de vida en guerra de Donetsk a Kíiv

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Unha rúa de Lviv antes da guerra na Ucraína © Ana G. Liste

 

Entrevista a Calros Solla: "Quixen escribir un libro para abraiarse, para manter esperta a capacidade de asombro"

Máis de 100 historias extraordinarias escolmadas de 120 anos de prensa galega, de entre 1848 e 1968. Este é o contido de Crónica da Galiza Bizarra o segundo volume do “gabinete de curiosidades” que Calros Solla está a publicar da man de Morgante. Un libro non só para abraiarse, tal como sinala o autor, senón tamén para pensar sobre o cambio de mentalidades ou sobre a transformación da prensa de sucesos. Falamos co seu autor. 

Información en Praza Pública


 

 

Entrevista a Alfonso Franco, mestre da Escola de Municipal de Música Tradicional de Vigo: "Se empezas a tocar fiddle, xa non o soltas nunca"

 Hai dez anos naceu a asociación Galicia Fiddle para fomentar o violín na música tradicional. Impulsado polo mestre Alfonso Franco, o proxecto celebra a súa primeira década cun disco, 'Acanteira', que mostra o que rapaces e rapazas poden facer coas músicas populares cun violín e sen depender dunha partitura.

Información en Praza Pública

Un intre da gravación do disco 'Acanteira', de Galicia Fiddle © Galicia Fiddle


Brincadeiras Da Lingua - 11 - Animais Pequenos

 


14/04/22

Lucía Pérez: Na miña pel

 Videoclip de presentación do traballo discográfico "Encantos e quimeras", de Lucía Pérez, a galega que representou a España no Festival de Eurovisión. A peza é unha ranchera con elementos de fusión de diferentes estilos protagonizada por mulleres distintas.

Gastro(E)Ciencia. A análise científica do produto galego

 Audiovisual en que o reputado cociñeiro Pepe Solla reúne arredor dunha mesa do seu restaurante diferentes membros da comunidade científica para que lle acheguen o seu saber acerca de oceanografía, xeoloxía, bioloxía, física ou química. 

Mentres se degustan produtos galegos, faise unha análise técnica exhaustiva das características (microclimas, correntes marítimas, tipos de solo, temperaturas, cadeas de nutrientes, partículas ambientais...) que os fan únicos, na procura dunha cooperación entre gastrónomos e científicos que demostre de maneira indiscutible e obxectiva a calidade da despensa galega.

Brais Morán & NASAUFUNK - Euforia

 


Balea Vermella/Os tempos e o clima de Galicia

 


A música contemporánea conquista o espazo público da Coruña na quinta edición do festival Resis

 Do 21 de abril o 4 de xuño o festival Resis achega as últimas creacións de prestixiosos artistas á cidadanía a través do espazo público e con acceso gratuíto

Información en Praza Pública

Cartaz da quinta edición do festival Resis da Coruña © RESIS

 

A Coruña dá outro paso para a creación da primeira empresa pública municipal de enerxía en Galicia

 Información en Praza Pública

Sede de Emalcsa, empresa que asumirá a xestión do operador enerxético municipal

 

Unha palabra de futuro para a Igrexa a través de Exeria e o seu 'Itinerario' do século IV

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

O 'Itinerario' de Exeria na mostra 'Galicia, un relato no mundo' na Cidade da Cultura © Óscar Corral/Cidade Cultura

 

O impacto da COVID dous anos despois: "Temos máis medos sociais que económicos"

Entrevista a Antía Domínguez, investigadora e profesora no departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC

Información de Miguel Pardo en Praza Pública 


 

Suso Vaamonde, "o bardo que o país necesitaba"

 Información en Praza Pública


 

Unha ducia de momentos fundamentais na historia da radio en Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

24 horas no Porto. Paseos, brunch, arte na rúa e pasteis de nata

 Información Ana G. Liste en Praza Pública

 

Unha vista desde a rúa dos Mártires da Liberdade (Porto) © Ana G. Liste


O Festival de Cans regresa á primavera con João Nicolau, Margarita Ledo e o documental sobre Eme DJ como protagonistas

 Información en Praza Pública

Presentación da imaxe da 19ª edición do Festival de Cans, hai uns días © Festival de Cans

 

As oliveiras galegas que fixo desaparecer o conde-duque de Olivares recuperan o seu valor

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Obtención de mostras dunha oliveira centenaria no proceso de catalogación das variedades galegas desta especie © Misión Biolóxica de Galicia (CSIC)

 

O retorno de Nabiza Girl - 2 - O Mar

 


11/04/22

Loitar saben - 1

 Serie documental de dous capítulos que dá a coñecer o papel que exerceron as mulleres galegas no século XX e o paso destas do espazo privado ao espazo público. Faise a través da historia de mulleres de emigrantes que ficaron na casa e dun equipo de fútbol feminino, unhas e outras contadas por mulleres de distintas zonas de Galicia. 

Pretende tratar temáticas desatendidas pola historiografía e evitar a perda do patrimonio oral e da memoria da sociedade galega mediante a recollida de relatos familiares e colectivos para que non sexan esquecidos. 

 O primeiro capítulo versa sobre o eido privado e o traballo doméstico das mulleres galegas.

07/04/22

Conversa con Iria Veiga "A Raiña Vermella"

 Conversamos con Iria Veiga, "a Raiña Vermella", unha médica psiquiatra, divulgadora científica e da lingua, que actualmente traballa na Seguridade Social e á que podedes ver xunto a Javier Balea no proxecto de divulgación científica Balea Vermella (en twitch, YouTube e formato podcast).

Presentación do novo CHUAC, o novo hospital público da Coruña

 


A máscara de protección pola COVID deixa de ser obrigatoria en interiores o 20 de abril tras case dous anos

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Dúas alumnas da USC, con máscaras de protección © USC/Santi Alvite

 

O universo de Laxeiro en América pode visitarse até o 5 de xuño en Lalín

 Información en Nós Diario

Vista da exposición sobre Laxeiro en Lalín (Foto: Nós Diario).

 

Os nomes da nosa terra - 6 - Monte Pindo

 


06/04/22

Melodía a Compostela. No Majors - 3

 Webserie documental de 6 episodios, de 10 minutos cada un, sobre a música no Camiño de Santiago. En cada capítulo, Benxamín Otero entrevista diferentes especialistas (músicos, musicólogos, frades, historiadores, luthiers, promotores etc.) para introducir o espectador no universo musical que rodea o Camiño. 

A docuserie ten como obxectivo difundir o patrimonio musical que impregna a Ruta Xacobea desde o seu inicio ata a actualidade; promover, en xeral, o patrimonio cultural galego (sobre todo o relacionado coa música, as artes plásticas, a artesanía e a lingua); promover o fenómeno do Xacobeo e os Camiños de Santiago e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural de calidade.

05/04/22

Radio Monelos: "Ataque Escampe"

 Programa de Radio sobre o grupo musical de pop "Ataque Escampe" realizado polas alumnas de 2º ESO B: Inés Rodríguez, Lucía Barbé (na locución) e Iria Tenreiro (no control de son).

Radio Monelos: "Dios ke te crew"

 Programa de Radio Monelos sobre o grupo de rap "Dios ke te crew". Elaborado polas alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez e Celtia Suárez na locución e África Trillo no control de son.


 

Predición meteorolóxica (5 ao 12 abril)

Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos.

 


Músicas inéditas en casas literarias II - 1 - Soio na noite

 Segunda entrega de Músicas inéditas en casas literarias, a cargo do guitarrista Samuel Diz. Trátase dun proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego que se concreta en 8 vídeos gravados nas casas-museo de Manuel María (Outeiro de Rei) e Emilia Pardo Bazán (A Coruña). 

O proxecto ten como finalidade a recuperación sonora de partituras para guitarra de Tino Prados (1924 - 1981) e a gravación da obra contemporánea da compositora Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972), interpretada na réplica da guitarra de Lorca. Recuperáronse, na voz da cantante Faia, os poemas de Manuel María e Novoneyra musicados por Tino Prados, así como a composición "Oia" de Gloria Rodríguez a partir dun poema en galego, que escoitamos na voz de Belén Bermejo. 

Cada vídeo inclúe unha explicación sobre a historia e o proceso de recuperación da partitura.

04/04/22

As 'Mil Primaveras' para o galego están na música, no xogo, nas redes sociais e nos recursos para crianzas

 Información en Praza Pública

Imaxe da edición 2021 dos Premios Mil Primaveras © CTNL

 

Xa está aquí o Carballo Interplay: nove anos achegando a 'última hora' da creación máis nova

 Información en Praza Pública

Unha das sesións da edición 2021 no Carballo Interplay © CIP

 

Máis garantías e dereitos: as diferenzas que atopan os refuxiados da Ucraína na Unión Europea

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Familias que foxen da guerra na Ucraína esperando na zona de autobuses que os levan cara a outras partes de Europa © UNICEF/UN0610654/Vladimir

 

As Fragas do Eume dez anos despois do incendio: un parque natural sen xestión e que continúa a se degradar

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Os activistas da lingua. Capitulo 3 da web serie "Aquí medra a lingua"

 No IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto de Dinamización Lingüística non é unha simple axenda de actividades senón o corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así, que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado? Ademais dun maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exerce de activista da lingua.

 


Estación de Autobuses A Coruña. O novo centro intermodal