05/04/22

Músicas inéditas en casas literarias II - 1 - Soio na noite

 Segunda entrega de Músicas inéditas en casas literarias, a cargo do guitarrista Samuel Diz. Trátase dun proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego que se concreta en 8 vídeos gravados nas casas-museo de Manuel María (Outeiro de Rei) e Emilia Pardo Bazán (A Coruña). 

O proxecto ten como finalidade a recuperación sonora de partituras para guitarra de Tino Prados (1924 - 1981) e a gravación da obra contemporánea da compositora Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972), interpretada na réplica da guitarra de Lorca. Recuperáronse, na voz da cantante Faia, os poemas de Manuel María e Novoneyra musicados por Tino Prados, así como a composición "Oia" de Gloria Rodríguez a partir dun poema en galego, que escoitamos na voz de Belén Bermejo. 

Cada vídeo inclúe unha explicación sobre a historia e o proceso de recuperación da partitura.