12/06/21

Editorial: denuncia do equilibrio

O curso 2020-2021 foi un curso moi estraño. Condicionados polas circunstancias desta longa pandemia que nos leva consumido máis de ano e medio non sabiamos, a comezos de curso, como ía evolucionar esta. En setembro aínda pensabamos na posibilidade de que volvésemos a ser confinados e tivésemos que, como no remate do curso pasado, facer uso de medios telemáticos perdendo así o necesario contacto físico na educación. Primeiro de bacharelato foi o nivel que máis padeceu estes cambios, dado que non houbo posibilidade de clases presenciais plenas. O uso dos ordenadores para un 20% do alumnado non foi unha opción idónea.
 
A pesar de todo isto observamos que o curso escolar foi transitando sen os condicionantes extremos que previamos e incluso parece que este último trimestre aliviamos as circunstancias do estado de alarma. Incluso puidemos realizar actividades fóra do instituto (Proxecto Terra, piragüismo, encontro lingüístico co IES Poeta Díaz Castro  de Guitiriz, Camiño solidario Compostela... Esperemos que as condicións melloren para o curso que vén e verdadeiramente poidamos falar dunha nova normalidade.
 
Facendo reflexión co Equipo de Dinamización Lingüística do centro observamos que, a pesar das dificultades, realizamos bastantes actividades principalmente durante estes dous últimos trimestres (día da paz, a Candeloria, o día da muller...) e que os problemas iniciais foron superándose.
 
 
 
A nova normalidade é unha necesidade xeral atendendo a cuestións sanitarias pero tamén necesaria no uso do noso idioma. Os informes publicados pola Real Academia Galega relativos á competencia lingüística do galego, principalmente no ensino privado e concertado, son moi preocupantes sobre o futuro deste. A experiencia que observamos no noso propio centro, tanto no alumnado como no profesorado, non invitan ao optimismo. A experiencia celebrada (o 24 de febreiro de 24 horas co galego) non tivo un balance positivo. A utilización no ámbito cotián da sociedade galega (xustiza, sanidade, empresa, comercio...) é practicamente nulo. 

Esta realidade invítanos a denunciar modelos potenciados pola administración como foron e son o bilingüismo harmónico, o decreto de plurilingüismo (que de tódolos xeitos se incumpren de maneira descarada en moitísimos centros educativos). Por outro lado o mito establecido, nunha parte da nosa sociedade,  sobre la imposición del gallego é unha clara falacia
 
 Un pobo pervive se protexe a súa tradición cultural e patrimonial. A defensa da paisaxe, do patrimonio histórico-artístico e tamén do inmaterial, como é a lingua propia, son rasgos a conservar, protexer e potenciar no caso do idioma, se queremos persistir como identidade nun mundo cada vez máis global e, por que non dicilo, máis colonizado en múltiplos aspectos.
 
O futuro do galego (dado o despoboamento no rural) dependerá da conciencia no seu uso dos neofalantes e é principalmente a administración educativa a que ten que fomentar esta práctica.
 
No ano das Letras Galegas dedicado a Xela Arias e  collendo emprestado o título do seu primeiro poemario, publicado en 1986, denunciamos o "equilibrio" desta falsa realidade lingüística que padecemos.

25 anos de candidatura a Patrimonio da Humanidade e a Ribeira Sacra aínda non foi quen de xustificar a súa excepcionalidade

 Información de David Reinero en Praza Pública

Mosteiros e cultivos en socalcos son algúns dos elementos salientados pola candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade CC-BY-SA Xunta de Galicia

 

Víctor Moscoso: deseño gráfico, sexo, drogas e rock&roll!

 O rostro da psicodelia dos anos sesenta foi pintado por un galego. Tratábase dunha época de axitación e mudanzas nos Estados Unidos na que cobraba forza a contracultura, un movemento que foi crecendo ao carón da loita polos dereitos civís, as protestas contra a guerra en Vietnam, a busca de modelos de vida alén do capitalismo, unha crecente industria das drogas recreativas e unha mocidade activa. 

 Dentro dese movemento da contracultura figura un dos deseñadores máis influíntes do século XX, un creador que fuxiu de Galicia cando era neno tralo golpe militar fascista do 36. El é Víctor Moscoso. 

Ata outubro de 2021, a cidade da Coruña acolle a primeira exposición que se realiza en Europa sobre a figura de Moscoso. Achégamonos á exposición, á psicodelia, á contracultura, á Víctor Moscoso xunto ao sexo, ás drogas e moito rock&roll. Benvidas e benvidos á psicodelia de Moscoso!

DAKIDARRIA "Sobran As Palabras" (Videoclip)

 


11/06/21

Letras Galegas 2021: Xela Arias

 Xela Arias Castaño (Sarria, Lugo 1962 - Vigo, Pontevedra 2003) foi unha escritora, poetisa e tradutora española en varios idiomas, editora e profesora de galego ligada á editorial Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Foi proposta en duas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día dás Letras Galegas. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o seu Día das Galegas nas Letras. No ano 2021 dedícaselle o día das Letras Galegas.

 


 Obras

   Poesía

Denuncia do equilibrio (1986), Edicións Xerais de Galicia,
Lili sen pistolas (1986, obra inédita). Tigres coma cabalos (1990), Xerais; con fotos de Xulio Gil, Darío a diario (1996), Edicións Xerais de Galicia,
Intempériome ( xullo de 2003), Espiral Maior, Maldito lindo (obra inédita).
Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) (2018), Xerais,    

Traducións

 Do castelán (Cabalum): Caballum, de Carlos Oroza (1983).

Do portugués (Amor de Perdição): Amor de perdición, de Camilo Castelo Branco (1986, Xerais),Premio de Tradução Sociedade dá Língua Portuguesa.

Do inglés ( Fabled Cities, Princes and Jinn from Arab Myths and Legends): Cidades fantásticas. Príncipes e Xinns dá mitoloxía e as lendas árabes, de Khairat Ao- Saleh, con Valentín Arias (1986, Xerais),

Do italiano ( Favole ao telefono): Contos ó teléfono, de Gianni Rodari (1986, Editorial Mocidade),

 Do portugués (O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá): O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor, de Jorge Amado (1986, Xerais),

 Do castelán (El bosque animado): O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez (1987, Xerais).

 Do inglés (The Witches): As bruxas, de Roald Dahl (1989, Xerais), Do neerlandés ( Belledonne kamer 16: een dagboek uit het verzet) Belledonne, habitación 16, de Anke de Vries (1990, SM), Do castelán  Os corredoiras, de Juan Farias (1990, SM),

Do inglés (Dubliners): Dublineses, de James Joyce, con Débora Ramonde e Rafael Ferradás (1990, Xerais). Do castelán (El ingenioso hidalgo don Quijote de La Mancha): O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha, de Cervantes, con Valentín Arias, Xosefa S. Fernández, A. Palacio Sánchez, Xavier Senín e Xesús Senín (1990, Xuntanza),

Do neerlandés: Os cómics de Franka, de Henk Kuijpers, con María Xesús Lameiro (1990, Xerais). Incluíndo os cinco títulos: Os dentes do dragón, A caída do dragón, Competencia a morte, A volta do sol do norte e A vinganza do barco pantasma.

 Do portugués (Rosa, Minha Irmã Rosa): Rosa, miña irmá Rosa, de Alice Vieira (1990, SM), Do portugués (Caminhando sobre as águas): Camiñando sobre as augas, de José Viale Moutinho (1993, Xerais),

Do inglés (The Last of the Mohicans: A Narrative of 1757): O derradeiro dos mohicanos, de James Fenimore Cooper (1993, Xerais), Premio Ramón Cabanillas. Do castelán: A cantiga de amor, de Vicenç Beltran Pepió (1995, Xerais),

Do neerlandés ( Briefgeheim) : A carta en clave de Jan Terlouw (1995, SM),

 Do inglés: Drácula, de Bram Stoker (2000, Xerais), Do inglés (Black Venus): Venus Negra, de Angela Carter (2001, Xerais) Do castelán: Relatos, de Gloria Pampillo (2002, Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego).

 Do francés (Lle Spleen de Paris): O Spleen de París de Charles Baudelaire (Bivir), Premio de Tradución Plácido Castro 2004 (póstumo).

 Do inglés (Wide Sargasso Sea): Ancho mar de sargazos, de Jean Rhys, inconclusa.

 


Colectivas

Contos dos nenos galegos, premiados nos concursos nacionais de contos infantís convocados pola Agrupación Cultural Ou Facho, 1968-1983 (1984, Caixa Galicia).


Escolma de poesía galega (1976-1984) de Xosé Lois García Fernández, ed. (1984, Sotelo Blanco Edicións). "Que se, que se" en Contos eróticos.

 Elas (1990, Edicións Xerais de Galicia).

 Fin dun milenio. Antoloxía da poesía galega última de Francisco López Barxas e César Antonio Molina (1991, Libertarias).

 Palabra de muller (1992, Edicións Xerais de Galicia).

"A de quen comprende non é palabra feliz" en Daquelas que cantan.

Rosalía na palabra de once escritoras galegas (disco-libro, 1997, Fundación Rosalía de Castro).

Río de son e vento (1999, Edicións Xerais de Galicia).

Camelias para elas (1999, Concello de Vigo), con Luz Pozo Garza, M.ª Xosé Queizán e M.ª do Carme Kruckenberg, con fotos de Alfonso Lubián.

 Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).

Elas 2: antoloxía poética (2003, Unión Comarcal de CCOO de Vigo).

Un futuro para a lingua (2003, Xunta de Galicia).

Intifada. Ofrenda dous poetas galegos a Palestina, (2003, Fundación Araguaney).

 X. Espazo para un signo (2005, Edicións Xerais de Galicia).

Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).

Pensando nelas (2006, CD, Centro de Estudos Galegos dá Universidade do País Vasco).


  Traxectoria literaria

Desde o ano 1980 Xela Arias empezou a publicar en xornais e revistas como A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Xornal de Noticias do Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis.

 Colaborou en publicacións como Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou no Boletín Galego de Literatura e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución.

 A súa introdución no mundo literario produciuse en 1986 con Denuncia do equilibrio, un poemario innovador, con temática heteroxénea que prioriza o seu fondo por encima da súa forma e sintaxe arbitraria. Con esta obra deuse a coñecer e logrou ser finalista do Premio Losada Diéguez. Nese mesmo ano ingresou na Asociación de Escritores e escritoras en Lingua Galega. Ademais da súa faceta poética, Xela Arias dedicouse amplamente á tradución ao galego de diversos autores

Xela Arias tamén escribiu relatos, algúns dos cales se poden atopar dentro da obra Contos eróticos/ Elas de 1990. Ademais, no ano 1991, colaborou co grupo de rock vigués Desertores, rexistrando as letras dun dos seus discos, con cancións baseadas nos seus poemas.

 Tres anos despois do nacemento do seu fillo Darío, en 1996, publicou Darío a diario, onde a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia como nai, cunha relectura da maternidade afastada da visión tradicional e desde o cotián. A súa obra poética deuse a coñecer tamén a través de libros colectivos como Palabra da muller (1992) ou Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas (1997)

Dentro desa dimensión pública e comprometida como poeta buscaba novos espazos de manifestación como os recitais, as exposicións fotográficas ou os espectáculos poético-musicais e neste sentido, Xela Arias supuxo un modelo para novas xeracións. Participou en recitais poéticos ligados á contestación política e social, como o que tivo lugar en 1982 contra a entrada de España na OTAN, ou en 2002 en solidariedade coas persoas afectadas polas consecuencias do afundimento do Prestige no MARCO e outro coa Plataforma contra a Burla Negra, organizado por ela xunto co escritor Xosé María Álvarez Cáccamo en febreiro de 2003. Ese mesmo mes de febreiro e en marzo leu unhas declaracións nas manifestacións que houbo contra a Guerra de Iraq. Co músico Fernando Abreu estaba a preparar un espectáculo poético musical sobre a súa obra Intempériome, que non puido chegar a realizar.

 

Algúns dos seus poemas musicados pola Banda da Loba

A BANDA DA LOBA - Intempériome (Videoclip oficial)

Darío a diario (videoclip oficial)  
 Tigres coma cabalos (Folk Sessions)
 
Adrián Camiño Rocha (4º ESO A)

Entrevista a Darío Burgos "Willow"-GHZ


 Darío Burgos máis coñecido como Willow é un cantante galego procedente de As Neves. Forma parte do grupo GHZ xunto a Ganjack. Está presente nas plataformas dixitais como YouTube.

Unha pequena entrevista que lle realizamos a Willow:

-Como comezaches na música?

 Empecei de cativo coa percusión na escola de música, estiven na Banda de Música Popular de Rubiós, logo continuei os estudos en Ponteareas no conservatorio e na Rock School. Tiven tamén un grupo de punk-rock chamado Liorta. Co rap empecei moi de neno tamén a escribilo e cantalo con Jackie (Ganjack) e logo no instituto xa máis maiores empezamos a xestionar a idea de GHZ que acabou ocurrindo uns anos despois).

-En que vos inspiráchedes para crear “Veleno” (unha das cancións favoritas polo público)?

 Pois saliu un pouco espontáneo, eu fixen uns versos que sonaban ben, paseillos a Ganjack e el meteu os seus versos e deseguido fíxoo Hugo Guezeta (membro de Sondarúa).

 -Cal é o teu idioma de base?

 Eu falo galego de sempre e só galego, a non ser que sexa estrictamente necesario, Ganjack sen embargo é castelán falante.

 

-Con que músico che gustaría facer unha canción/colaboración?

 Co grupo Rebeliom do Inframundo xa que nós comezamos con DJ Rapu (irmán de Ganjack) e co fundador de Rebeliom.

 -Como é a vida de músico no día a día?

 A de músico como profesional non sei, pero a miña é traballar, estudar, e gastar o tempo e o diñeiro en estudo de gravación, beats, videoclips, etc.

-Cal é a túa canción favorita para interpretar?

 Un A Capella que soltaba coa letra sobre os incendios, a primeira vez que cantei Chapapote e a xente me seguía os versos, e cantar Veleno nos concertos de Sondarúa.

GHZ - VELENO con Hugo Guezeta (SonDaRúa)


WILLOW - POMPAS (Prod. Volk Gz) |GHZ|

CHAPAPOTE - GHZ (Willow)

SonDaRúa+GHZ+Pedrido - Té con canela (Prod. Alex Arnoso)

Mauro Varela Varela 4º ESO A

Verto: temazos

 Verto é un grupo musical galego composto por dous rapaces composteláns chamados Alberto Mira “Berto” e Fernando Peleteiro “Fer”. É considerado un dos grupos máis influentes na creación de música pop en galego. 

O grupo foi creado no ano 2019. Eles practican música pop, trap e disco galego. Actualmente posúen un total de 57.000 oíntes mensuais no Spotify. A canción máis visitada en Youtube é Oie Gayego, con 80.000 visualizacións. 

Posúen dous álbums: PURO OCIO (2020), EMBORA (2021). A día de hoxe tamén imparten concertos en diversos lugares. 

Verto en Luar presentando o tema Oie Gayego

Verto entrevistado polo youtubeiro Olaxonmario na publicación do álbum Embora

 

Senen Varela Varela (4º ESO A)

Manuel Rivas: «A un libro dislle adeus como aos emigrantes e xa pertence a quen o abre»

 Entrevista de Rodri García en La Voz de Galicia


 

O dron máis grande de España fabrícase en Lugo

 


RUTA POLO RAJASTÁN EN 15 DÍAS | TOXÍO

 


CONDUCIR EN POLONIA | TOXÍO

 


Carapaus- Camiño da Vida Tola

 


06/06/21

Sabela Castro Viana, alumna de 2º ESO B, gaña o concurso de relatos curtos da modalidade de 12-14 no XXVII Certame Literario "Xoán Díaz" organizado polo concello de Cambre

 Viaxe a ningures era o título do relato

No IES Monelos contamos cunha xove promesa da literatura. Chámase Sabela e estuda 2º da ESO.

Preguntada sobre cando apareceu a afección a escribir cóntanos que esta iniciouse desde moi pequena. Xa en primaria gustábame escribir aínda que o que máis me gusta é ler especialmente relatos fantásticos e de aventuras. Nesta liña deixeime guiar por estes relatos como por exemplo os de Edgar Allan Poe.

Este relato curto Viaxe a ningures é tamén un relato fantástico e de misterio en certa medida moi ligado ao realismo máxico onde o sobrenatural está moi presente.

Parabéns á gañadora.



 

Vinte especies repoboan a Rosaleda de Méndez Núñez, reformada con céspede recuperado e mobiliario

 Información en La Opinión de A Coruña


 

O espírito de Lois Pereiro, moi vivo na praza Josep Sellier

 Vintecinco anos despois do seu falecemento amigos, familiares e admiradores de Lois Pereiro brindaron este último sábado unha homenaxe ao poeta monfortino. O punto de encontro foi a praza Josep Sellier, na terraza do bar A Buserana. Entre os asistentes, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, irmán do homenaxeado, Antón Reixa, Xurxo Souto, Rosalía Rial e Montse Yoldi. Marea Atlántica reclama ao goberno local que faga efectiva a dedicatoria dunha rúa da Coruña a esta figura das letras.



A peaxe de Pastoriza resísteselle a Arteixo

 O Goberno de Calvelo perde a batalla legal contra o Ministerio de Transportes ao inadmitir o Tribunal Supremo o recurso.

Información de Iván Aguiar en La Opinión de A Coruña


 

Nao - Os vampiros (Zeca Afonso cover) feat Sígaro e Picchio Banda Bassotti

 Versión do tema homónimo de Zeca Afonso. Tema extraído do álbum Cartas no caderno 2014. Gravado, producido, misturado e masterizado nos Estudios Posada Son por Iago Pico e NAO e que contou coa colaboración de Manuel Payno á trompeta e Sígaro e Picchio (Banda Bassotti) á voz. 

Videoclip a cargo de Santiago Raimundi e Carlos Godeg (Ziwa).

 


❤️ ALMORZO O Galego Mola con Feitizos de Sabor❗️#short #shorts

 


Quéreme soar! - 7 - Impresionismo

05/06/21

25 ano con Lois Pereiro (5 de xuño)

 


Ailá, a enerxía universal do baile galego

 


Unha ducia de temazos galegos do primeiro ano da década

 Información en Praza Pública

Contaban hai pouco as compañeiras de VINTE que o primeiro ano da década (si, o 2021 é o primeiro) está a traer consigo tal chea de temazos na música galega e en galego que xa é posible falar dun ano dourado aínda que aínda teñamos outra metade por diante. Tantos hai que fixeron unha playlist para celebralo. Velaquí unha escolma para repasares, mais tamén para descubrires. Porque nestes tempos pandémicos nos que bailar aínda é misión case imposible, a incidencia acumulada tamén é de temazos e a curva vai felizmente á alza. (E se queres facer memoria, aquí hai músicas dos vinte anos anteriores)
 
Verto- Como son Goku (videoclip oficial) 
 
 
Chicharrón - Outono de fíos eléctricos

 

Tanxugueiras - Midas  

 Nanana - Ortiga

  

Baiuca e Rodrigo Cuevas - Veleno  

 Grande Amore - Esta pena que a veces teño  

 Sheila Patricia - Maneo de Caión  

Secho - As sensacións  

 Baiuca e Lilaina - Meigallo 

  Sleepy Spice

 

 Moura - Muiñeira da Maruxaina  

 Peña - Mula

Á procura de alternativas ao modelo de coidados á terceira idade: ″Quen decide en Galicia é a iniciativa privada″

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Exterior da residencia Albertia Lugo, con 191 prazas para maiores © Grupo Albertia

 

Conversas con Anselmo López Carreira· O Reino Medieval de Galicia

 


Cidade da Cultura (galego)

 


10 anos, 10 autores, 10 libros | Ledicia Costas

 


10 anos, 10 autores, 10 libros | Domingo Villar

 


Quéreme soar! - 6 - Romanticismo

 


Saúde e Terra, Julio Lado!

 


04/06/21

Vivir aquí - Crtvg - Praia de Carnota

 


VINTE almorzando con Verto

Galaxia pon na rede os 200 primeiros números completos da revista 'Grial'

 Información Praza Pública


 

Encontros simultáneos para celebrar a Lois Pereiro dentro e fóra de Galicia

 Información Praza Pública


 

Unha plantación de 543 hectáreas de eucaliptos en terreos de Endesa nas Pontes busca “maximizar o rendemento económico”

Información de David Reinero en Praza Pública

Zona da plantación de eucaliptos, co lago artificial da antiga mina das Pontes ao fondo, nunha imaxe do proxecto a exposición pública © Xesforest Ingeniería

 

O Concello aproba a ordenanza do galego coa negativa do PP

 Información en La Opinión de A Coruña


 

Quéreme soar! - 5 - Clasicismo

 


01/06/21

Encontro IES "Poeta Díaz Castro" (Guitiriz)-IES Monelos (A Coruña) (1-6-2021)

 


Regueifando no Correlingua 2021

Participamos con outros centros nunha regueifa na celebración do Correlingua 2021. Relación de centros:
 
IES ROSALÍA DE CASTRO (Santiago), IES PONTEPEDRIÑA (Santiago), IES VILAR PONTE (Viveiro), CPR BOUZA BREY (Vigo), CPR QUIÑONES DE LEÓN (Vigo), IES VIRXE DO MAR (Noia), IES TERRA DE TURONIO (Gondomar), IES URBANO LUGRIS (Coruña), IES MONELOS (Coruña), IES ANXEL FOLE (Lugo), CEIP CABANAS DE SALCEDO (Pontevedra), CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ (Rianxo), CPI ALFONSO VII (Caldas de Reis), CEP DE CALDELAS (Caldelas de Tui), CEIP Plurilingüe Sigüeiro (Oroso), CPR PLURILINGÜE LA INMACULADA (Marín), CEIP VIRXE DO ROCÍO (Vigo), CEIP DO HÍO (Cangas), CEIP SAN MARTIÑO DE SALCEDO (Pontevedra), CPR COMPAÑÍA DE MARÍA (Cangas), CPI VIRXE DA SALETA (Cea), IES DO COUTO(Ourense) e CEIP ABELENDO (Moaña)
 

César Morán - "Inverno" (poema de Manuel Rivas), nos Penedos de Pasarela

 Ao vivo nos Penedos de Pasarela (22-05-2021), no recital reivindicativo para deter a invasão dos eólicos no nosso espaço natural. #salvemosospenedos, #SOSPenedos. Este poema de Manuel Rivas apareceu no seu poemário Costa da Morte Blues (1995), e foi musicado por César Morán aos poucos meses, em 1996. O vídeo, filmado por Ánxeles González Castiñeiras, foi achegado por Maca Arca.

Saturados

 Un traballo de María Amigo Couto para Cultura Audiovisual , bacharelato Selección Festival Ai Mo.S.A. (Moaña) IES María Soliño, Cangas do Morrazo.

 


TIGRES COMA CABALOS

 EXPOSICIÓN "TIGRES COMA CABALOS " XELA ARIAS -XULIO GIL TRABALLO DO ALUMNADO DE ARTES IES MARÍA SOLIÑO DE CANGAS

 


Resumo Graduación Bacharelato IES Monelos (27-05-2027)

Resumo Graduación Bacharelato de Ciencias 

   

 Resumo Graduación Bacharelato de Humanidades e CC.SS.

Quéreme soar! - 2 - Idade Media

 


31/05/21

Camiño Solidario

 3º ESO de PMAR remata o seu camiño solidario en Santiago. O realiza o 26 de maio de 2021 despois dun curso cheo de tarefas e cousas aprendidas.

 


IES Monelos: matrículas de honra en feminino

Entrevista ás alumnas matrícula de honra en bacharelato no curso 2020-2021
 
A maioría dos estudantes pensan -e non sen razón- que segundo de bacharelato é un curso no que case é imposíbel sobrevivir. Porén, hoxe puidemos traermos con nós a seis mozas que conseguiron non só superalo, senón que ademáis acadaron  matrícula de honra. 
Nesta entrevista vannos dar algúns consellos e trucos para poder superar segundo da maior maneira posible e tamén nos contarán como se senten ao lograr unhas cualificacións tan altas tras máis de oito meses de esforzo. 
Entran enerxicamente pola porta da aula onde as esperamos para entrevistar Fátima Otero, Uxía Quintela, Nuria Ferraz, Lorena Rodríguez, Julia García e Rita Rodríguez, as superalumnas do Monelos! 
 
De esquerda a dereita: Rita Rodríguez, Fátima Otero, Nuria Ferraz, Lorena Rodríguez, Uxía Quintela e Julia García.
 
 
 - Onde credes que estivo a vosa clave de éxito nestas cualificacións das materias?
 
 Estudar, interesarse polo que fas e estar atenta na clase, opina Julia. Rita engade que hai que estar 6 horas no instituto, e que o mellor que se pode facer é aproveitalas para ter que facer menos na casa. Por outro lado, Julia comenta que, cando estás na clase e alguén pregunta algo, o mellor é estar atentos, xa que probablemente teñas ti a mesma dúbida sen sabelo. 
 
 - Cantas horas adicábades ao estudo? 
 
Lorena afirma que depende moito dos exames que teñas, non é o mesmo ter un na semana que catro. Fátima argumenta á sua compañeira exemplificando que ás veces podes estudar unhas dúas horas ao día cando hai unha baixa carga lectiva pero, se estás nunha fin de semana á que lle seguen moitos exames, podes chegar ata as 6 ou 7 horas. Rita resume dicindo que o principal de todo isto baséase en “coñecerte a ti mesm@”, xa que non vas ter as mesmas dificultades cunhas asignaturas que con outras.
 
 - É compatible o estudo a este nivel que realizastes con outros aspectos da vida: relación de amistades, ocio, outras afeccións…?  
 
Como inciso, todas comentan que hai que ter en conta o factor coronavirus nestes tempos que corren, pero chegan á conclusión de que é compatible e incluso necesario; pois “non te podes pechar na casa”, precisa Rita, que explica que é necesario ter algunha vía de escape como distracción. 
 
 - Agora estades preparando as ABAU. Pensades que seguirán acompañando os bos resultados?
 
 Entre moitas risos, todas amosan a súa confianza en que así sexa.
 
 - Que tipo de estudos pretendedes facer a partir de agora?  
 
Sen pensalo dúas veces, Rita e Julia desexan facer a carreira de Dereito. Polo lado das ciencias, Fátima, Uxía e Nuria expresan que elas están interesadas en facer algo relacionado coas ciencias da saúde principalmente con Medicina. Por outra banda, no lado máis cuántico das entrevistadas, Lorena quere ser unha futura astrofísica, algo moi orixinal según din o resto das compañeiras.
 
 - Como valorades a formación impartida neste centro?  
 
En xeral consideran que a maioría está moi ou bastante implicados no labor docente. Rita en concreto valora moi positivamente que todos estén centrados nas probas ABAU ás que se terán que enfrontar. 
 

 
 
 - Que todas as matrículas sexan dadas a alumnas é unha casualidade? 
 
Tras unha rápida reflexión, todas están de acordo con que non é unha casualidade. Rita afirma, sen xeneralizar -xa que admite que tamén hai alumnos bos- que en todos os anos que levan no instituto (algunhas seis, outras dous), as mellores notas foron sempre maioritariamente para mulleres. Julia conclúe a entrevista dicindo que ás veces a diferenza dábase con algún punto máis en algunha asignatura, pero se grandes diferenzas.
 
Esperamos que os éxitos académicos, profesionais e persoais sigan acompañando na vosa vida.

Marta Justo Brañas e Marco Castro Fontela (1º BAC C)
 

Eu fum feliz, agora sei-non