Información de Montse Dopico en Praza Pública
Javier Martín en 'Teorema' © Leo López
"Son unha compositora con autoestima cultural", sostén Mercedes Peón con quen falamos sobre a creación colectiva, as representacións sociais, a ausencia do xénero nas aldeas, a tradición e o número 3. A través da música e das palabras, Peón descúbrenos a forza dos mundos posíbeis, a enerxía que a percorre e todo o que podemos ser capaces de habitar.
A popular terraza do Portiño, famosa durante décadas polos seus eventos e postas de sol privilexiadas, hoxe cobra vida de novo grazas a Estrela Galicia e a súa nova proposta de establecemento: A Tita Rivera. Esta esperada inauguración unida á conxuntura das festas do Nadal, provocou que esta mañá se producisen colas de clientes para entrar e ser os primeiros en probar esta experiencia.
Algúns esperaban pacientemente á súa quenda a pesar das baixas temperaturas presentes hoxe na cidade e outros se marcharon decididos a probar sorte noutro día menos sinalado. O establecemento estará aberto de mércores a domingo entre as 11.00 e as 23.00 horas fronte ao mar e ao abrigo do porto coruñés.
Alborada. Rosalía de Castro
I
Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!
¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...
¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta
porque o millo medre,
canta!
Canta porque
a luz te escoite,
canta!
Canta que
fuxeu a noite.
Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con
meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!
Que a
auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun
sembrante
de ouro e
prata
teñidiño
de
escalrata.
Cuns
vestidos
de diamante
que lle
borda
o sol amante
antre as
ondas
de cristal.
¡Sal...!
señora en
todo mal,
que o sol
xa brila
nas
cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a
terra de alegría;
que o sol
derrete con
amor a escarcha fría.
O proxecto audiovisual "O rural de todas" está promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres do rural. A través do documental relátanse historias e experiencias diversas que axuden a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.
O BOTAFUMEIRO pesa 60 kg e acada os 68 km/h. Cal é o truco dos tiraboleiros para non morrer no intento de facelo bambear? Acompañádeme nas aventuras e desgrazas da súa historia case milenaria.
«O remedio contra a minoría de mulleres na Academia é que se incorporen máis»
Información en La Voz de Galicia
O Palacio dos Deportes da Coruña é unha obra única de enxeñaría arquitectónica con pouco ou ningún recoñecemento cuxa singularidade reside no seu "pesado tellado colgado", baseado na idea orixinal de Nowicki, dándolle os toques especiais do famoso arquitecto Santiago Rey Pedreira, autor do anteproxecto e Dragados Intecsa como autores finais do proxecto.
Este ano que acaba cumpliu 50 anos.
Diana Varela, poeta antologada e editora de Medulia, explica a importancia da antoloxía poética Fisterras atlánticas e salienta a comunidade de intereses e inquedanzas de Galicia e Irlanda.
Benvido ao tradicional vídeo de Noiteboa de A Lobeira today. Decirche que o tempo para enviarme o teu videoconsello para o vídeo especial de Noiteboa do ano 2021 comeza HOXE, é dicir, tes nada máis e nada menos que UN ANO para enviarme a túa contribución para o que será o 4º vídeo de Noiteboa desta túa canle.
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Medición do nivel de CO2 nunha aula do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño © IES Antón Alonso Ríos
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Xela Arias será a autora homenaxeada na edición 2021 do Día das Letras Galegas. Así o decidiu este martes o pleno da Real Academia Galega, que destaca á poeta sarriá como "unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma", subliñando ademais "o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora". Xela Arias convértese na quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas nos 58 anos desta celebración, despois de Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2018).
Xela Arias © RAG
Información de David Reinero en Praza Pública
Cinco anos despois da condena que anulou a prórroga do sistema de buses preexistente, o Goberno galego pon en servizo os últimos contratos e dá por culminada a reestruturación do sector CC-BY-NC-SA Foto: Empresa Freire | Montaxe: Praza Pública
José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, máis coñecido por Zeca Afonso, fai parte da nosa historia. Este vínculo con Galiza non só se forxou a través dos seus concertos, ou das fortes amizades que mantivo no noso país, senón que se tratou dunha conexión popular e nacional entre o Zeca e o pobo galego.
O 10 de maio de 1972 o Zeca tocou por vez primeira o Grândola no Burgo das Nacións, en Compostela. Ese ano está cheo de forza e de memoria no movemento obreiro galego tanto polo asasinato dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla cometido polo día 10 de marzo a mans da policía franquista como da forza da clase traballadora no reclamo de melloras sociais e laborais.
Que relación vai tecendo o Zeca con Galiza? Ten contacto co movemento da canción popular galega? É o Zeca unha influencia na nosa música actual?
Mario Casas, María Pujalte, María Xosé Silva (Ses), Xoel López, Manuel Rivas, Nadia Calviño, Jesús Mariñas ou Luis Piedrahita son algúns dos rostros populares cuxas orixes proveñen da cidade herculina.
Personaxes populares da gran pantalla, a escena musical, as redes sociais ou os medios de comunicación alcanzaron o seu cumio desde as súas orixes non fermoso recuncho costeiro que A Coruña ocupa dentro da península. Moitos deles serán compañeiros de clase, universitarios ou incluso veciños de coñecidos amigos íntimos e moitas veces o publico en xeral descoñece as súas orixes.
Hoxe lembramos a algúns coruñeses que están á cabeza do panorama estatal e internacional.
1. Mario Casas