13/10/20

O reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria

Autores Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira

Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestión escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII. Chegou a estenderse dende o Atlántico até as terras da actual Cantabria e dende o Canatábrico até as beiras do río Douro. Así o recoñecen boa parte das fontes históricas europeas e musulmás. Pola contra, nas hispanas "asturianas, leonesas e castelás" a súa existencia foi deturpada e agochada. Un agocho asumido máis tarde pola maioría dos historiadores dos séculos XIX e XX, que empregaron esas fontes cristiás para dar vida a un relato histórico de corte esencialista que xustificase e lexitimase o nacemento e desenvolvemento do Estado español contemporáneo. Neste relato, o Reino medieval de Galicia quer non existía, quer se supeditaba, como unha mera anécdota, á pretendidas historia de España. Do porqué dese agocho e desa desmemoria dan conta os autores deste libro.



Wolfram. Espías, nazis e maquis

 Alberto Varela Ferreiro (autor e ilustrador).

1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en  Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta. W.C. Morgan é destinado á sucursal The Anglo South American Bank Ltd. en Galicia. Pero baixo a identidade dun banqueiro agóchase un axente de intelixencia británico coa misión de controlar os movementos nazis na zona, contactar coa guerrilla e iniciar unha guerra comercial que dificulte todo o posible a subministración de volframio á Alemaña do Terceiro Reich. Na viaxe coñece a Molly Morrison unha intrépida axente norteamericana coa que vivirá moitas aventuras...

Ninguén morreu de ler poesía

 Autoras: Aldaolado

Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha posta, unha guía de viaxes, un souvenir, un "estiven en Aldaolado e acordeime de ti". Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele.



Dignificar o noso | Elena Ferro | LGx15

 


12/10/20

Esposa - Nós contra nós

 Realizado por Raquel Espiñeira (IG: @r.espineira) Interpretado por Raúl Señoráns e Andrea Hermida Axudante de realización: Irea Graña.

 Este tema de Esposa saíu no EP que sacaron este ano, 'Belo horizonte' e no recompilatorio Galician Bizarre 3. Agora ten un videoclip que asina Raquel Espiñeira, unha rapaza de 15 anos. «A nós gustounos moito, vímonos moi reflexados como nesta versión adolescente de nós (igual tampouco deixamos de selo de todo)», comentan en Esposa antes de pasarnos o texto de presentación que fixo a directora.

 


12 de outubro de 1923: fúndase o Seminario de Estudos Galegos

 Fai 97 anos fundouse o Seminario de Estudos Galegos nun acto en Ortoño-Ames. 

Información Wikipedia

Placa conmemorativa no lugar da súa fundación 

Campaña do Seminario de Estudos Galegos para o estudo das Terras de Deza. Foto tomada diante da casa de Ramón María Aller, Lalín, xuño de 1934. Abaixo de esquerda a dereita: Ramón Otero Pedrayo, Antón Iglesias Vilarelle, Isidro Parga Pondal, Manuel Ferreiro Panadeiro, Bibiano Fdez. Osorio-Tafall, Robustiano Fdez. Cochón, Vicente Risco, Sebastián González García-Paz, Antonio Taboada Roca, Paulino Pedret Casado, Xesús Carro García. Pola parte de arriba entre outros: Antón Fraguas, Jaime Vidal Rey, Xohán Ledo, Florentino López Cuevillas.



Rinoceronte pon na rede o primeiro dicionario castelán-galego dixital

 A editorial traballou nesta ferramenta durante o confinamento. Conta con fraseoloxía e topónimos. O seu acceso é gratuíto.

Información Nós Diario


 

‘Lúa vermella’ de Lois Patiño triunfa no Festival de Toulouse

 Mellor filme, mellor fotografía e mención especial do xurado de novos realizadores

Información en Nós Diario


 

Estrea do tráiler de ‘Nación’, o novo filme de Margarita Ledo

 O cuarto filme de Ledo Andión “conta a historia das mulleres galegas que conseguen facerse un oco no tecido industrial, a súa relación co campo, a súa memoria, a súa fortaleza”. 

Información en Nós Diario

O galego no deporte: excéntrico ou centrífugo? | Mercé Barrientos | LGx15

 


11/10/20

Estudantes da Mariña, á fronte das protestas para salvar os empregos na factoría de aluminio

Información en Praza Pública

Marcha de estudantes contra os despedimentos en Alcoa San Cibrao, este 11 de outubro en Cervo CC-BY-SA Praza Pública / Cedida

 

Youtubeirxs e galegueirxs

Cada vez hai máis creadoras no país; que contidos fan e ata que punto chegan á sociedade? Falamos con Olaxonmario, Toxío, O Jato Kósmico e o Grupo San Roquiño da creación audiovisual en galego en Youtube ou Instagram e dos prexuízos cara as redes e a lingua.

 


PuntoGal, o apelido galego da rede

 A asociación creada no 2006 xestiona o dominio .gal que xa empregan máis de 5.500 entidades.

Información de José Luis Estévez en GCiencia

Membros da directiva da Asociación PuntoGal. Foto: Cortesía PuntoGal 

O suceso dun neno esquecido nun bus escolar vira en 'rebelión' contra a Consellería de Educación en Oleiros

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Pancarta en contra da marcha da directora no CEIP Luís Seoane © Concello de Oleiros 

O programa 'Falamos' de Pontevedra comeza con 171 persoas inscritas

O programa, deseñado polo Concello e pola Universidade de Vigo, ten como obxectivo de promover o uso do galego como lingua de socialización entre a comunidade universitaria. A maioría das persoas inscritas decláranse castelanfalantes ou bilingües e entre as motivacións persoais para participar no programa indican o interese pola lingua e o perfeccionamento do galego.

Información en Nós Diario 

Posto de información do programa 'Falamos' (Nós Diario)
 

#DígochoEu Non digas *mascarilla


Unha mala semana para os intocables

 Crónica de David Lombao en Praza Pública

Fernández de Sousa recibe o premio 'Gallego del año' en 2010, Feijóo anuncia xunto a Méndez e Gayoso o inicio dos contactos para a fusión (2009) e sede da Audiencia Nacional, en Madrid CC-BY-SA Xunta / Poder Xudicial

"Onda soante", de Uxía e Narf (Baladas da Galiza imaxinaria)

 


10/10/20

Galego de todes? Reflexións sobre linguaxe inclusiva e non binaria

 Os movementos sociais veñen xerando novos debates e esixindo que as súas reivindicacións sexan escoitadas. Isto abrangue tamén a linguaxe, construída nun sistema patriarcal que tende a ficar atrás do sentir das rúas. Abrimos o debate da linguaxe inclusiva e non binaria no contexto galego. Precisamos normas propias, as que indiquen a RAE ou no Brasil, ou non precisamos normas? Pode a linguaxe mudar as normas sociais hexemónicas, mudar o mundo? Afondamos nestas e outras cuestións con:

- Gael Martins, do Colectivo Transfeminista Ninguém Sem Coidados. 

- Susana Rodríguez Barcia, profesora contratada doutora en Lingua Española na UVigo.

- Henrique Monteagudo, coordinador do Seminario de Sociolingüística da RAG. 

- Daniel Amarelo, activista, investigador e editor na Através Editora.

 


Cea: onde a lingua sabe a pan

 Van nove anos da edición e da publicación deste vídeo polo EDLG do CPI Virxe da Saleta de Cea. É todo un exemplo de dinamización e promoción da lingua. Non só iso: nun momento da chamada Galicia baleirada, do despoboamento... cómpre promocionar o desenvolvemento social e económicos como este pobo da provincia de Ourense famoso polo seu pan.

 Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

Os nomes da toponimia non se traducen

 O Jato Kósmiko fala sobre a tradución de topónimos, un fenómeno moi habitual que supón unha falta de respecto a unha cultura. Céntrase no caso do galego, pois como vén sabemos, a deturpación dos nosos topónimos é, tamén, moi habitual. Estamos fart@s de que digan Sangenjo, La Coruña, Orense, La Toja... E nós sabemos que son formas incorrectas, que van en contra do Estatuto de Autonomía de Galiza, ese que o gran Castelao tentou facer entrar en vigor. A única forma válida dos topónimos será a galega. Este vídeo xurdiu a raíz da última situación deste tipo que se produciu. E non foi nin máis nin menos que no Foro A Toxa, acto no que o presidente da Xunta estaba presente. Por iso, hai que loitar, para que haxa respecto. É por iso que as accións de Amesa son tan importantes. Así que xa sabedes. Loitade! Porque os nomes non se traducen.

 


NAO - Cultura Crítica (Feat Tanxugueiras & SonDaRúa)

 


07/10/20

O paso adiante

Eu tamén! Anímate a falar en galego

 


O sector cultural galego reclama da Xunta un "trato igualitario" para poder traballar no tempo da pandemia

Información Praza Pública

Teatro Rosalía de Castro da Coruña © Concello da Coruña

 

O Festival Galicreques celebra o 25º aniversario con máis de 40 funcións e programación escolar gratuíta en liña

Información en Praza Pública


 

Culturminho: un foro online que amosa as experiencias culturais compartidas entre Galicia e Portugal

 Do 6 ao 9 de outubro celébrase Culturminho, I Foro da Cultura do Río Miño Transfronteirizo, un encontro dixital de inscrición gratuíta, organizado pola Deputación de Pontevedra, que busca ser un lugar de debate entre axentes profesionais e o público interesado na produción cultural neste territorio. "O río Miño é xa un espazo singular de creatividade e de xeración de iniciativas culturais innovadoras, compartidas entre ambas as marxes, como parte do desenvolvemento local transfronteirizo", destácase.

Información en Praza Pública


 

SonDaRúa - Éxodo con Navia Rivas (Prod. Alex Arnoso)

 🏆🏆🏆Premio do público Mellor Videclip Festival de Cans 2020 🏆🏆🏆

O test máis galego de Sabela

 


06/10/20

Os 20 do XX: As Irmandades da Fala

 


Moda: Melania Freire

A deseñadora Melania Freire  presentou o 24 de xaneiro de 2020 na pasarela EGO da Madrid Fashion Week a súa colección "Merquei unha postal de David Hockney". Esta artista nacida en Lugo en 1991 conta para VINTE como fixo esta colección e tamén outros proxectos nos que investiga a tradición téxtil das casas galegas (roupa, cobertores e sobre todo panos da cabeza) para traelas á contemporaneidade a través do deseño, da fotografía e da intervención artística.

 


"Entre Donas"

 A editorial Baía publica un libro dez relatos de escritoras galegas actuais

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.

En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:
Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do relato dos relatos na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.
[...]
Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende a produción cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendo gran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes de comportamentos, coa pretensión (máis ou menos consciente) de provocar un efecto acumulativo, que vaia reforzando novas sinapses e debilitando as antigas de maneira que se adopten comportamentos máis adecuados ás demandas dos novos escenarios e situacións. Outros modelos procuran a vía cualitativa do cambio, contradicindo de maneira dramática o estereotipo tradicional, para que mude de golpe a nosa visión do que debe ser e do que pode ser. E que ese cambio sexa permanente.
As escritoras dos relatos desta obra colectiva, atopan eses escenarios e historias propicios a contradicir os argumentos da dominación. Algunhas re-visitando vellas historias dende a ollada feminina, outras re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación [...]. Usan a ironía como arma de combate simbólico [...].


 

A lingua é a nosa pel | Emilio del Río | LGx15

Intervención de Emilio del Río no LGx15 de 2019
 
 --- Unha persoa é, en realidade, a súa pel. Tamén o pelo, as unllas, os ollos, mesmo a altura é máis pel. E cando esa persoa nos fala o que percibimos é a súa lingua, o seu ton, o sotaque… Así que, pel e lingua teñen moito que ver e, máis para min sendo dermatólogo, xa que a pel é a miña materia de traballo, os vimbios cos que fago o meu pequeno queipo cotián. A nosa lingua é tamén un instrumento médico: o medio de pescudar e coñecer a realidade da saúde ou das doenzas, un vehículo de transmisión de coñecementos, remedios e bos hábitos de saúde e –tamén– un lazo de empatía entre o enfermo e o médico. En realidade, a palabra en si mesma pode ter de seu un valor sandador individual e –como non– social. Se o médico non entende a que se refire a persoa cando lle fala de que tivo un “furuncho” ou unhas “empinxas” ou unha “pezoña” ou unhas “negras” malamente vai poder curala. No caso da Dermatoloxía, o papel da palabra é clave nun ámbito que se move no fío da navalla da estética, a cosmética e a nova tecnoloxía láser de rexuvenecemento cutáneo. Xerar creto e confianza, dende o exercicio médico, neste eido de procura de saúde, de aspiración á beleza e á estética é tamén crear lingua auténtica, real, sen imposturas, nun ambiente de traballo profesional, liberal e de marcado carácter científico. Se ben a Medicina sempre quixo revestirse dunha certa universalidade, o certo é que as doenzas cambian co carácter, as condicións físicas e o contorno. Isto vese tamén na formación. É importante saírmos e coñecermos o que hai polo mundo para, de volta no fogar, universalizármonos. Galicia sempre foi terra de emigración. Xa dicía Castelao: “o galego non protesta, emigra” e xa o cantaba tristemente Rosalía hai máis de 150 anos: “Iste, vaise e aquil vaise…”. Por desgraza, segue pasando a día de hoxe. E en todas as capas da sociedade, aínda que marcadamente na xente nova e cualificada. Galicia perde os mellores: marchan para formarse e, moitas veces, xa non volven. Non podemos permitir esa ferida que perde sangue decontino. Un dos primeiros traballos a prol da lingua é, precisamente, que haxa xente para falala: Galicia ten un serio problema demográfico e temos que ser quen de reverter ese proceso, fixar poboación e riqueza ó territorio, conseguir que os nosos científicos e doutores volvan, facilitar o emprendemento, mellorar as condicións de vida da nosa xente e ser mesmo polo de atracción económico e demográfico. Xa empeza a enxergarse algo dese futuro, produto, en certa medida, da globalización: temos xa pequenos galegos de orixe universal, suramericana, africana, asiática que dá xenio e emociona escoitalos falar a nosa lingua. Por iso remato co que comezaba: a lingua é a nosa pel, neste caso auditiva. Todos somos iguais e falamos unha mesma lingua (ou non…) e todos somos distintos e únicos. --- Nacido na Serra de Outes, A Coruña (a onde acode sempre que pode) en 1964, aínda que veciño de Santiago de Compostela dende os catro anos. Fillo de pai e nai mestres de Ensino Primario, que lle inculcaron dende cativo unha gran curiosidade polo mundo e un grande amor e respecto pola docencia e a pedagoxía. Estudou Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina de Santiago entre 1982 e 1988 e especializouse en Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía no Hospital Clínico de Madrid entre os anos 1989 e 1992. Doutorouse Cum Laude en Medicina en 1996 no Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Historia da Ciencia da Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre o Nacemento da Dermatoloxía en España e, máis concretamente, en Madrid. En marzo de 2005 renunciou á praza de dermatólogo titular do Servizo Galego de Saúde para dedicarse integramente ó desenvolvemento do proxecto Clínica Dermalar e da empresa de cosmética galega Dermotenda, nos que actualmente traballan 11 persoas en Santiago de Compostela. É autor dun cento de publicacións en revistas nacionais e internacionais e de varios capítulos en libros da especialidade e de medicina xeral. É tamén membro da Sociedade Galega de Dermatoloxía (SOGADERM), da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía (AEDV) e da European Academy of Dermatology and Venereology (EADV). Foi pioneiro na utilización das novas tecnoloxías para posibilitar e ser pioneiro na teleconsulta de Dermatoloxía en España no ano 1999 e, neste mesmo mes de setembro de 2019, vinte anos despois, pioneiro tamén na organización e coordinación do primeiro congreso virtual da especialidade en España. O galardón que máis aprecia é o Premio Manuel Beiras da Cámara de Comercio e do Concello de Santiago por promoción da lingua galega outorgado no ano 2011. --- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Auditorio Constante Liste | A Ramallosa | Teo | 9 de novembro de 2019 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal

05/10/20

Galiza pop | Aquel -e | LGx15

 

Intervención de Aquel -e no LGx15 de 2018. 
 
"Galiza perdeu nas últimas décadas practicamente toda conexión co mundo da cultura pop, sendo esta unha forma de conectar con gran parte da sociedade. Temos que recuperala. Cómpre deixar de rexeitar as innovacións do panorama internacional e adaptalas para facelas nosas, debemos poñer en valor a produción das milenials e crear un entretemento moderno. Temos que actualizar as vellas fórmulas e crear unha cultura pop galega contemporánea, só así conseguiremos conectar coas xeracións máis novas e co mundo actual." --- Aquel -e é graduado en lingua e literatura galega, músico e un milenial de manual. Xuntou todas estas paixóns nunha canle de YouTube baixo o nome de Aquel -e (https://i.gal/qcC7R), onde intenta poñer en valor a cultura milenial e da Xeración Z porque axiña terán que coller as rendas desta sociedade. --- #LGx15. Ideas para o futuro da lingua | www.lgx15.gal | Sala Capitol | Santiago de Compostela | 15 de novembro de 2018 | Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) | www.ctnl.gal.
 
 

04/10/20

'Ave do paraíso', de Lorena Conde Martínez, premio Filomena Dato de poesía

O xurado destacou a súa potencia na construción do conxunto cun gran control no poema longo, a estrutura dramática do libro con presenza de voces variadas, e as múltiples referencias culturais e da tradición literaria e artística.

Información en Nós Diario

Xurado do I Concurso de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo. 

Na Galiza hai menos denuncias pero a mesma percepción de violencia machista

O Tribunal Superior de Xustiza sitúa Galiza como o terceiro territorio con menor taxa de violencia de xénero unha tendencia que se mantén desde 2018. Porén, outras fontes como a macroenquisa realizada polo Ministerio de Igualdade detectan que la violencia machista opera na mesma medida que no resto do Estado español. 

Información de A. Barbadillo en Nós Diario


 

Brais Morán - Madrugada

 Videoclip do tema "Madrugada" do disco "Cruzando o Eclipse" dirixido por Omar Rabuñal e ca dirección de Fotografia de César Seijas.

03/10/20

Sinais: o (S8) volve reivindicar o cinema galego máis experimental

Información de Montse Dopico en Praza Pública

Adrián Canoura: Salitre nas veas © Adrián Canoura 

'Galicia, de Nós a nós', máis de 300 pezas sobre a Xeración Nós

 

Galicia, de Nós a nós' reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós e unha das citas culturais imprescindibles do outono de 2020, na que se conmemora o centenario da publicación da revista Nós.

A iniciativa por unha "televisión en galego para crianzas e mocidade" bota a andar con grandes apoios

Foro 'La Toja': deturpación, 'todopirolos' e elitismo político e económico

O Foro Atlántico "La Toja", impulsado polo presidente do Grupo Hotusa, o chantadino Amancio López Seijas, leva ao seu nome oficial a forma deturpada do topónimo oficial A Toxa. Unha reunión, ademais, abrumadoramente masculina e na que se dan cita representantes da elite financeira e política.

Información en Nós Diario

Felipe de Borbón na inauguración do foro (Foto: Casa Real)  

 

Terbutalina - Muinheira de Costa

01/10/20

CeibaRimas: o freestyle en galego busca o seu rei ou raíña

 Hai unhas semanas botou a andar CeibaRimas, unha iniciativa que busca impulsar o uso da lingua galega no rap improvisado a través de obradoiros e competicións. Dende entón leváronse a cabo varias actividades en cidades de toda Galicia e unha serie de eventos online, que deron lugar a unha clasificación. Os oito primeiros rimadores e rimadoras nesta lista competirán na Gran Final da I Liga CeibaRimas, que se celebrará este sábado 3 de outubro a partir das 18.30 horas.

Información en Praza Pública


 

Eles son os rastrexadores da Xunta: "Un sistema caótico" desde un centro de chamadas de Bergondo

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública


 

A Xunta suprime en Tui o primeiro Departamento de Portugués creado nun instituto en Galicia

 A Xunta decidiu suprimir no IES San Paio de Tui o Departamento de Portugués, o primeiro desta lingua creado en Galicia, hai vinte anos, e nun centro onde este idioma leva 30 anos de ensino ininterrompido e conta na actualidade con máis dun cento de alumnos. 

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Imaxe do IES San Paio de Tui
 

Homenaxe de Luis Davila a Quino

 


Homenaxe de Kiko da Silva a Quino

 


Un instituto coruñés traslada clases ao patio ante a falta de espazo nas súas instalacións

 O IES Ramón Menéndez Pidal, situado no barrio coruñés de Zalaeta, levou a clase ao seu patio este martes. A decisión non obedeceu ao tempo solleiro que reinou na cidade herculina durante toda a xornada, coincidindo co coñecido como veraniño de San Miguel, senón á falta de espazo nas súas instalacións para que un grupo dun dos seus ciclos formativo puidese seguir as clases cumprindo coas medidas de prevención ante a covid e coas distancias mínimas esixidas no protocolo da Consellaría de Educación e nas recomendacións do Ministerio de Sanidade. 

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

O Carrabouxo homenaxea a Quino o día do seu falecemento

 O debuxante de Mafalda morreu este mércores 30 de setembro



 

Brais Morán - Arráncame a pel

27/09/20

Empresas co seu nome en galego que triunfan noutros puntos de España

 Bico de xeado abre a súa tenda na praza Maior de Madrid.


 


Teoría da expansión do fondo oceánico. Marie Tharp (XeoClip)

Unha ducia de tesouros do Xurés

Os incendios dos últimos días arrasaron milleiros de hectáreas do Xurés e a Baixa Limia, unha zona en parte protexida con tesouros naturais e históricos que repasamos.

Información de de David Reinero en Praza Pública


 

Unha ducia de mamíferos mariños que viven ou pasan polas augas galegas

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

O cineasta como cartógrafo: os filmes da sección de cinema galego do Play-Doc

 Información de Montse Dopico en Praza Pública


 

O persoal de Alcoa bótase á rúa a poucas horas de reactivarse os despedimentos e entre chamamentos á intervención estatal

 Información Praza Pública


 

#DígochoEu Especial reintegracionismo (capítulo 2)

26/09/20

A evolución das exportacións galegas na pandemia desmente as previsións máis pesimistas do Banco de España

 Información en Praza Pública


 

258 positivos e 51 aulas pechadas tras a primeira semana de información sobre o coronavirus nos centros de ensino

 Información de David Reinero en Praza Pública


 

Un acordo a tres bandas permite desbloquear a intermodal da Coruña

 ADIF, o Goberno local e a Xunta asinaron un convenio para sacar adiante esta infraestrutura. A súa construción vai con atraso respecto das demais das grandes cidades polos enfrontamentos entre o anterior Executivo municipal da Marea Atlántica e a Consellaría de Infraestruturas. 

Información Nós Diario


 

(S8) reivindica a influencia anovadora de Antón Reixa e Antonio Segade

As obras dos dous creadores poderán verse no marco da sección Xerme, que o certame recupera o domingo para facer xustiza ao legado audiovisual galego máis experimental. 

Información en Nós Diario


 

A Real Academia Galega anuncia o Simposio Carvalho Calero

Unha ducia de voces expertas debullan o mestre ferrolán durante o mes de outubro. As conferencias poderán verse a través da rede, igual que o pleno do Día das Letras, trasladado a este mes por mor do confinamento. 

Información en Nós Diario


 

Guadi Galego - Cólico

 


A Fundación Luis Seoane inaugura o domingo 27 de setembro a exposición 'Escóitasme?'

A mostra é froito dun reto de creación lanzado pola entidade no confinamento, pensado para público infantil e familias. 

Información en Nós Diario


 

O galego no Día Europeo das Linguas

 Este sábado, 26 de setembro conmemórase o Día Europeo da Linguas, unha iniciaitiva do Consello de Europa que festexa a diversidade lingüística e convida a reivindicar os dereitos lingüísticos das falantes. 

Información en Nós Diario

 



#DígochoEu Especial reintegracionismo (capítulo 1)

19/09/20

Juan Gestal (epidemiólogo): "A covid pódese transmitir ata a 8 metros de distancia en espazos pechados"

O profesor avisa de que a chegada do outono supoñerá un "risco engadido" porque non todas as máscaras protexen correctamente en espazos pechados. Defende que "no mellor dos casos" haberá unha vacina "ben avanzado" 2021 e avisa: "Galicia debe mellorar a vixilancia epidemiolóxica, temos moita transmisión comunitaria".

Información en Galicia Confidencial


 

A tempada de praia péchase na Coruña cun 30% menos de incidencias que no verán pasado

Non se rexistrou ningún afogamento.

Información en Galicia Confidencial