01/10/20

CeibaRimas: o freestyle en galego busca o seu rei ou raíña

 Hai unhas semanas botou a andar CeibaRimas, unha iniciativa que busca impulsar o uso da lingua galega no rap improvisado a través de obradoiros e competicións. Dende entón leváronse a cabo varias actividades en cidades de toda Galicia e unha serie de eventos online, que deron lugar a unha clasificación. Os oito primeiros rimadores e rimadoras nesta lista competirán na Gran Final da I Liga CeibaRimas, que se celebrará este sábado 3 de outubro a partir das 18.30 horas.

Información en Praza Pública