26/05/20

Ricardo Carvalho Calero - ''A Trabe de Ouro'' (1987)

Programa "A Trabe de Ouro'' da TVG presentado por Víctor Freixanes e emitido en 1987, enfocado na figura de Carvalho Calero onde é entrevistado. Conta coa participación tamén de F. Pillado e Fernán Vello. 

Vieiros de Esperanza: Ricardo Carvalho Calero

Documental biográfico sobre Ricardo Carvalho Calero filmado en 2014. Vieiros de Esperanza percorre a vida e a traxectoria profesional de don Ricardo a modo de conversa, dende a súa infancia en Ferrol ata a súa xubilación en Compostela. Tamén tenta comprender porque non se lle dedicaba o Día das Letras Galegas, un recoñecemento que afortunadamente chega en 2020 para facer xustiza coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento. A obra formou parte do Traballo de Fin de Grao en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Dirixido por Antón Rodríguez e coa colaboración técnica de Javier Gómez e Sergio Arango. 

Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero

Vídeo elaborado polo IES de Arzúa para achegarnos á figura de Ricardo Carvalho Calero, o autor ao que se lle dedica o 17 de maio, día das Letras Galegas 2020. Agradecementos a Emilio Cao, Aline Frazão e Dios ke te crew.

O lume queimou case 7.000 hectáreas nos montes galegos durante 2019, dúas mil delas nun só incendio



Defende A Galega: o movemento contra a manipulación na CRTVG fai dous anos malia ao desdén da Xunta


 

O ministerio asumiu os datos da Xunta para pasar á Fase 1, pero recomendou "garantir" máis camas para Pontevedra


 

24/05/20

Vigo e Pontevedra acollerán a primeira escola galega para escritoras e escritores


 

Os concellos poderán limitar a capacidade e o tempo de permanencia nas praias


 

O coronavirus non frea os pisos turísticos en Galicia: aumentan un 6% en catro meses e xa superan as prazas hoteleiras


 

Galicia pasa á Fase 2, sen franxas horarias e máis actividade cultural, comercial e na hostalaría



Repuntan lixeiramente os diagnósticos de coronavirus en Galicia con 14, a cifra máis alta en dez días

 
 

A Xunta asume o dilema: anima ao retorno do turismo e advirte de que suporá risco de rebrote do coronavirus



Cruz Martínez gaña o VIII concurso de micro-relatos de OZOCOgz

Con 'Ela, sonha nas ramas do baobab'


 

23/05/20

'María Solinha' estrearase en xuño nun autocine en Verín

O Concello de Verín fechou un acordo con Vía Láctea Filmes para acoller a primeira exhibición mundial da estrea da película María Solinha, de Ignacio Vilar. Será nun autocine aproveitando a rede de parkings públicos que cambiaron a mobilidade urbana na vila do Támega nos últimos anos.


 

17/05/20

Vinte anos da liga: o Depor gañou o seu primeiro campionato

O 19 de maio de 2000 o Deportivo proclamouse campión coa vitoria en Riazor diante do Espanyol

Hai vinte anos Galicia rendía homenaxe a un dos seus ilustres, Manuel Murguía, o pai do galeguismo. A carón desta festa na zona norte estábase a argallar outra festa que estaba suliñada para dous días máis tarde: o 19 de maio. Esa data que quedou gravada a lume no corazón do deportivismo, cando aló polas once da noite o Real Clube Deportivo acadou o título de campeón da Liga. Foi en Riazor, xusto onde permanece vivo Murguía dándolle nome á rúa na que o estadio ten a súa entrada principal. Aí o primeiro clube da cidade converteuse no noveno en gañar a Liga española en toda a súa historia, e foi no mesmo ano no que Galicia lembraba a un dos seus fillos predilectos.

Máis información de Xosé Manuel Mallo en La Opinión de A Coruña

 

Letras galegas en plena pandemia

O coronavirus obriga a suspender ou aprazar moitos actos e as celebracións trasládanse a Rede. A RAG fará unha ofrenda floral diante da casa de Carvalho Calero en Santiago de Compostela

Máis información en La Opinión da Coruña

A música do confinamento


A corentena da COVID-19 fíxonos valorar moitas cousas que no noso día a día non as apreciamos, unha delas é o papel que xoga a música nas nosas vidas. As veces, as persoas non nos decatamos de que a música está presente todos os días nas nosas rutinas; pois escoitamos música cando imos no coche, cando andamos pola rúa, cando asistimos a algún evento ou concerto, cando nos soa o móbil ou simplemente cando estamos a realizar algunha tarefa na casa. Ao estar confinados, démonos de conta dese papel tan importante que en moitas ocasións fainos sentir mellor emocionalmente e recórdanos situacións alegres ou momentos importantes. No confinamento, puidemos observar como moitos artistas coñecidos e agrupacións musicais de todas as idades e de todo tipo de estilos xuntáronse para seguir a interpretar música e así facerlle a xente a corentena máis levadeira ou, simplemente, entreterse eles mesmos coa súa afección. Todo isto, foi unha mostra de que moitas persoas “non poderían vivir sen música”. Algúns exemplos desas xuntanzas virtuais foron a nova versión da canción “Resistiré”, creada orixinariamente polo Grupo dinámico e interpretada por cantantes actuais ou, tamén, a canción “Viva la vida” de Coldplay

Houbo ademáis outras moitas agrupacións e artistas que fixeron concertos telemáticos e gravacións grupais dende as súas casas, sen irnos máis lonxe da nosa cidade, os alumnos das bandas, coros e agrupacións de cámara do conservatorio de música da Coruña interpretaron conxuntamente varias pezas (como o Himno galego) para seguir mantendo esas rutinas coa música dende os seus fogares, algo que foi moi chamativo por outra parte xa que chegáronse a xuntar máis de 100 alumnos das diferentes especialidades nun mesmo vídeo.


 Alumnos do conservatorio da Coruña interpretando conxuntamente o Himno Galego durante o confinamento. 
17 de maio de 2020

4º ESO B Marco Castro Fontela

TANXUGUEIRAS - Malquerenza (Na casa)

Scórpio- Carvalho Calero, recomendación SEN SPOILERS!

 

Vieiros dixitais para celebrar a lingua galega e a vida e obra de Carvalho Calero


O Día das Letras máis anómalo celébrase dende as casas e con todas as opcións abertas sobre a homenaxe a Carvalho Calero


 

JOSE CARBALLIDO. Cando xa non te ame. Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero


Ferrol 1916. Ricardo Carballo Calero / Miguel Brotóns

"Ferrol 1916" é un poema de Ricardo Carballo Calero que forma parte da súa obra "Futuro incondicional". Este texto no que Carballo Calero evoca a súa nenez serviu de base para a composición homónima realizada por Miguel Brotóns (Alacante, 1965). Neste atípico 17 de maio ofrecemos a estrea absoluta desta peza interpretada polo pianista Alejo Amoedo e pola soprano Patricia Rodríguez Rico. Este compositor afincado en Ferrol desde hai dócadas quixo transmitir "baixo unha estética musical de corte neoclásico e posromántico con pinceladas de nostalxia, agarimo e tenrura, os recordos pretéritos do paraíso perdido da infancia do poeta vividos na súa cidade natal de Ferrol".

As luces dun Ferrol feito de literatura




14/05/20

Queremos Galego convoca a cidadanía para manifestarse a prol do galego

A plataforma cidadá Queremos Galego, que agrupa a colectivos de diferentes ámbitos e mais a persoas a título individual, organiza para o vindeiro 17 de maio diferentes actos reivindicativos a prol da normalización do galego, coincidindo coa festividade das Letras Galegas. Este ano, por mor da Covid-19, non se celebrará a tradicional manifestación polas rúas de Santiago, polo que Queremos Galego convida a cidadanía a manifestar o seu compromiso co noso idioma pendurando nas súas xanelas e varandas, ou subindo ás redes sociais, diferentes modelos de carteis co lema “Precisamos galego: xustiza, igualdade e cohesión”. A maiores, o mesmo 17 de maio, ás 11:30 h, un pequeno grupo de persoas, en representación da plataforma, celebrará unha ofrenda floral no busto de Carvalho Calero en Santiago, onde se lerá o manifesto, redactado pola profesora Pilar García Negro.
 

Un doutor que asesora á Xunta prevé "un pequeno rebrote" do coronavirus en xuño e outro "máis duro" contra a fin de xullo

 
 

04/05/20

Letras galegas: quen foi Carvalho Calero?

A pesar do confinamento e das dificultades técnicas para rematar a gravación, xa temos á disposición de toda a comunidade educativa o Telexornal Carvalho Calero. Un excelente traballo que recolle as opinións dos maiores especialistas na obra do escritor ferrolán. Parabéns ao alumnado do CPI dos Dices de Rois que participa no programa e ao coordinador do traballo, o profesor Luís Gómez Aldegunde.