O 19 de maio de 2000 o Deportivo proclamouse campión coa vitoria en Riazor diante do Espanyol
Hai vinte anos Galicia rendía homenaxe a un dos seus ilustres, Manuel Murguía,
 o pai do galeguismo. A carón desta festa na zona norte estábase a 
argallar outra festa que estaba suliñada para dous días máis tarde: o 19
 de maio. Esa data que quedou gravada a lume no corazón do deportivismo,
 cando aló polas once da noite o Real Clube Deportivo acadou o título de campeón da Liga. Foi en Riazor, xusto onde permanece vivo Murguía dándolle
 nome á rúa na que o estadio ten a súa entrada principal. Aí o primeiro 
clube da cidade converteuse no noveno en gañar a Liga española en toda a
 súa historia, e foi no mesmo ano no que Galicia lembraba a un dos seus fillos predilectos. 
