26/04/25

5ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS

BASES E OBXECTIVOS 

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2024-2025. 

2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 

3. O concurso durará 3 semanas. Empezará na semana do 28 de abril de 2025 e rematará na semana do 12 ao 16 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 

4. O concurso terá tres niveis: 

• 1º e 2º de ESO. 

• 3º e 4º de ESO. 

• Bacharelato. 

5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 

6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 

• Durante a primeira semana (28 de abril ao 2 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas. 

• Na segunda semana (5 ao 9 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas. 

• Na derradeira semana (12 ao 16 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas. 

 7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 

 8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 

9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 

10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 

11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 

• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar. 

• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 

12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 

a) Maior puntuación nas dúas semanas previas. 

b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 

12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases. 

Accede ao cuestionario da 1ª semana (do 28 de abril ao 2 de maio):

 


O Quiosco da praza de Orense reabre coa unión de "Down Experience" con "Amasarte"

 Información en Xornal da Coruña

Xeopolítica vaticana: O Espírito Santo vai vello, pero agardemos que aínda non chochee

Información de Xoán Vázquez Mato en Praza Pública 



Juana Dolores: «A revolución é inevitable, a non ser que os capitalistas acaben de destruír o mundo»

 «Traballar por un salario é renunciar cada día á plenitude da vida», di Juana Dolores. A artista catalá participa no Carballo Interplay co seu discurso lúcido que emprega os argumentos da política e a estética para promover a organización da mocidade fronte ao sistema capitalista. Unha mensaxe que colleu forza nas súas obras e que está presente tanto nas súas pezas teatrais como nos textos que ten en marcha

Información de Ana G. Liste en Vinte

Entrevista á poeta María Álvarez Landesa: "Hai que saber deixar que a dor nos atravese para renacer e empezar doutro xeito, máis sabias"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública



Unha ducia de premios do Colexio de Xornalistas e 'José Couso' á liberdade de prensa

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública 



Xabaxira 98

 

25/04/25

Aquí tamén se fala: Xabier Díaz - Grândola, vila morena

 A voz de Xabier Díaz resoou no planetario de Náutica. Grândola Vila Morena. Palabras que romperon o silencio dos tempos escuros nunha radio lisboeta hai cincuenta anos, un 25 de abril de 1974, e que neste concerto trouxeron a luz á sombra do esquecemento.

Conformidade da Xunta ao novo Centro de Saúde de Santa Lucía

 Información en Xornal da Coruña

Dez propostas para non perder no Carballo Interplay

 Información en Vinte

Se canto é porque quero | 3. Eva Castiñeira. A necesidade de perdurar

 

Creación e recuperación do herbario de algas de Fermín Bescansa Casares, un valioso legado científico

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Retrato de Fermín Bescansa e dúas algas do seu herbario ©
 

22/04/25

1982, 1989 e 2010: as visitas de papas a Galicia que Francisco non puido repetir

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Imaxes das visitas de Xoán Paulo II e Bieito XVI a Santiago en 1989 e 2010, tiradas do arquivo da TVG © CRTVG

Francisco, o papa que manchou as mans

 Información de David Lombao en Praza Pública

O Papa Francisco, despedíndose tras unha visita a México en 2016 CC-BY Presidencia da República Mexicana

Letras galegas 2025. FERRO, MADEIRA E PEL

 

As traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

 Información en Xornal da Coruña

Parón das traballadoras da residencia de Padre Rubinos

 

Resiste a Coruña a chegada de 5 cruceiros nun mesmo día?

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

3 dos 5 cruceiros que atracaron hoxe no porto da Coruña

 

"Elas son a tradición": o documental 'Lévame a idea' reivindica as cantareiras e pandeireteiras

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Alfredo González-Ruibal arqueólogo: "Desde o século I antes de Cristo, o Corno de África estaba moito máis integrado en redes globais do que estaba Europa"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Alfredo González-Ruibal en Xibuti © cedida

Homenaxe a 'Barriga Verde', o monicreque que mantivo vivo o galego nun tempo en que estaba proscrito

 Información en Praza Pública

Títeres de Silvent © Proxecto Barriga Verde

Manuel Pampín: "A TVG vai camiño da irrelevancia e os dirixentes teñen pánico a calquera crítica á Xunta". 40 anos da galega

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Manuel Pampín, xornalista xubilado da TVG CC-BY-SA Defende A Galega

#8casadosilencio. ISMAEL RAMOS. Cada Casa

 

20/04/25

Letras Galegas 2025. As cantareiras

Bases do concurso das letras galegas: 

Descargar bases 


Programas elaborados pol@s alumn@s de 3º ESO Raúl Orosa e Noa Vázquez.

O primeiro programa está centrado sobre a introdución á música tradicional galega e o seu impacto na actual.

O segundo trata das cantareiras e pandeireteiras homenaxeadas neste ano 2025:

Cantareiras

Adolfina (1912-2009) e Rosa Casás Rama (1914-2005) naturais de Vila da Igrexa (Cerceda)

Eva Castiñeira (1925-2008) natural de Agranzón (San Martiño de Ozón-Muxía)

Pandeireteiras

Manuela Lema Villar (1913-1993)

Teresa García Prieto (1914-1979)

Prudencia García Prieto (1905-1993)

Asunción Garrido Ameixenda (1915-2007)

Todas elas da parroquia de Mens en Malpica de Bergantiños. Precisamente coñecidos como as Pandeireteiras de Mens


Eva Castiñeira Loureiro naceu no lugar de Aghransón (parroquia de Osón, Muxía) en 1926. Aos 42 anos migrou ao barrio coruñés de San Pedro de Visma para traballar como asistente doméstica. Tiña 55 anos cando se realizaron estas gravacións. Aos 8 anos comeza cantar facendo trío con dúas pandeireteiras veciñas nos bailes da bisbarra nos que as chamaban para actuar. Ao pouco tempo, asimilado xa o instrumento, tamén ela comeza tocar a pandeireta ademais de cantar. Moitas veces tocaba coa súa irmá Engracia. Os temas interpretados por Eva son todos herdados da tradición popular oral, máis nalgúns casos, adapta letras segundo os modos imperantes por exixencias diglóxicas do seu público. (Texto de Pablo Quintana, recolector desta riqueza inmensa).

  

Dorothé na Vila é unha película documental que percorre corenta anos despois o mundo gravado pola musicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas de tradición oral do país. Coa presenza de Adolfina e Rosa Casás de Vila da Igrexa (Cerceda)

  

As Pandeireteiras de Mens intrepretando o Maneo de Mens no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, coas #PandereteirasdeMens acompañando á #AFAturuxo no seu 25 aniversario, ano 1980. 

Sintonía de saída de Doraemon Orixinal

 

19/04/25

Os derradeiros habitantes: en 1.565 aldeas galegas só viven maiores de 65 anos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Concellos con entidades de poboación nas que só viven persoas de máis de 65 anos sobre unha imaxe dunha aldea de Láncara © Montaxe: Praza.gal

Entrevista a Emilio Fonseca: "O lobo é un símbolo polisémico, cargado de contos e mitoloxías, e esa forza serve para crear unha outredade á que culpar"

Salvaxe, salvaxe é un filme documental con vocación experimental que busca achegar o espectador á vida animal salvaxe coa que convivimos, a pesar de que cada vez sexamos menos conscientes. Pérdese a comprensión desas vidas salvaxes e, a causa diso, os falsos mitos e a desinformación ábrense camiño.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Fotograma de 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca © Walkie Talkie Films

Unha ducia de obras galardoadas na edición 2025 dos Premios COAG

Hai uns días o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) deu a coñecer as obras recoñecidas na XXI edición dos seus premios, que dende 1985 recoñecen os mellores proxectos arquitectónicos construídos do país. Entre os 18 galardóns hai obras grandes e pequenas, edificios de nova planta e rehabilitacións e tamén recoñecementos a iniciativas de planificación, deseño de espazos urbanos e de divulgación. Velaquí algúns destes proxectos e construcións. O mellor do ano na arquitectura galega.

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Fullblast | Xogando en Galego Capítulo 02

 

14/04/25

Adxudicada a execución das obras de 14 novas vivendas de promoción pública no barrio de Xuxán

 Información en Xornal da Coruña

Obras en Xuxán

'The Mind Guardian', o videoxogo que avisa do deterioro cognitivo e como combatelo

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

The Mind Guardian, a aplicación deseñada en Vigo © Samsung

'Mes amis espagnols': a emigración galega en Suíza vista desde a segunda xeración

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Fotograma do documental 'Mes amis espagnols' © Asoma Creaciones

 

"Da Coruña": a anomalía no topónimo do Deportivo albisca o seu fin

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

CD Mirandés 2 - 2 DÉPOR | Resumo xornada 35 LaLiga Hypermotion

 

Fuliada na Vila. Muiñeira Floreada

12/04/25

Xoaquín Monteagudo: "A Xunta nunca asumiu a obtención dun programa informático en galego na xustiza"

 

Richi Casás: “Rosa e Adolfina non teñen nada de especial, iso é o importante”

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Richi Casás coa foto que Dorothé Schubart lles fixo a Rosa e Adolfina nos anos 80

Entrevista | De Ninghures: «A nosa música axuda a que a xente diga "que guapa é a miña cultura"»

 Información de Vanesa Vázquez en Praza Pública

Entrevista a Cynthia Menéndez: "Os traballadores do naval nos 90 tiñan un sentimento de camaradería, agora estamos afeitos a un mundo moi individual"

 

Á vez que se publica esta entrevista, Cynthia Menéndez (Vigo, 1993) presenta Son coma glaciares os barcos de aceiro na libraría Numax de Compostela xunto á poeta Antía Otero. Editada por Galaxia, é a primeira novela da escritora viguesa, que confesa que quería falar da súa cidade no seu debut literario tras anos escribindo poesía para si mesma.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Cynthia Menéndez © Thomas Harris

Unha ducia de momentos na historia da Real Academia Galega

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Henrique Monteagudo, novo presidente da Academia

 

Aquí tamén se fala: Fillas de Cassandra - Dafne e Syrinx

 

10/04/25

HIBERNARSE - O VIDEOFILME // Fillas de Cassandra

O dépor é da Coruña (Aquí tamén se fala)

O proxecto Vitamina G, do CEIP Sagrada Familia, entre os gañadores dos Premios Mil Primaveras

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

'Se canto é porque quero', a serie da RAG celebra as cantareiras das recollas históricas ás redes sociais

 Información en Praza Pública

Recollida con veciñas de Bembibre, no primeiro episodio de 'Se canto é porque quero' © RAG

A fin do carbón e o parón de Alcoa reducen un 24% as emisións de gases de invernadoiro na industria galega

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Instalacións da refinaría de Repsol na Coruña © Repsol

Aquí tamén se fala: Amancio Prada - Amiga, namorado vou / Amor de auga lixeira

 

06/04/25

DÉPOR 1- Cádiz CF 0 | Resumo xornada 34 LaLiga Hypermotion

 

Ponte, ponte nas ondas! 30 aniversario

 

A mocidade sae á rúa para acabar co negocio da vivenda

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña


Delio Fernández, derradeiro supervivente do Xacobeo Galicia, di adeus: "Chegou o momento de parar"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Delio Fernández, na súa etapa no Xacobeo Galicia ©

Litio en Doade: a UE quere extraer tamén dentro de si o mineral clave na transición verde

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Simulación das futuras instalacións mineiras en Doade, nunha imaxe divulgada pola empresa © Mina Doade
 

Falan as traballadoras de Sargadelos en Cervo: "Os valores do inicio están desaparecidos"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Interior da fábrica de cerámica de Sargadelos en Cervo © isaacdiazpardo.gal

As loitas locais pola sanidade pública volven confluír nun berro común

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública



Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Entrevista Mar Capeáns

Mar Capeáns é física de partículas e traballa dende 1992 na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). Dende 2021 forma parte da súa directiva, ao liderar o Departamento de Enxeñaría Civil e do Sitio. Esta galega é a protagonista da primeira sesión de Ciencia en feminino 2025, o ciclo de charlas e mesas redondas que organiza GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.

04/04/25

Discurso de Eva Fórneas e Xosé Barato nos XXIX Premios María Casares

 

A conexión cos hospitais e a ampliación do autobús nocturno, entre as principais demandas do plan de bus urbano

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña



Cinco voces, ducias de argumentos para acodir á manifestación “Acabemos co negocio da Vivenda”

 Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña

Isto é o mellor do ano no libro galego: 70 finalistas para os Premios Follas Novas

 Información en Praza Pública

Foto de familia das gañadoras e gañadores da edición 2024 dos Premios Follas Novas CC-BY-SA Cedida

'Galicia Nomeada' achégase ao primeiro lustro de vida con máis de medio millón de topónimos xeorreferenciados

 Información en Praza Pública

Sinais de topónimos xeorreferenciados da plataforma Galicia Nomeada CC-BY-SA RAG