06/04/25

Entrevista Mar Capeáns

Mar Capeáns é física de partículas e traballa dende 1992 na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). Dende 2021 forma parte da súa directiva, ao liderar o Departamento de Enxeñaría Civil e do Sitio. Esta galega é a protagonista da primeira sesión de Ciencia en feminino 2025, o ciclo de charlas e mesas redondas que organiza GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.