Información de Vanesa Vázquez en Vinte
19/04/24
18/04/24
Concurso Cartas de Amor organizado pola biblioteca do Castrillón
O 18 de abril o alumnado de 4 PMAR foi á biblioteca do Castrillón para a entrega de premios do concurso literario ‘Cartas de amor’. O agasallo consistiu nun lote de libros e material escolar. Recibiron premio os traballos presentados por:
Goodluck Omedle ( 4ESO C)
Anakarina de Toma
Ainara Franqueira
Inés Candamio
Parabéns!
17/04/24
15/04/24
Predición meteorolóxica para o 15 e 22 de abril
Elaborada polas alumnas de 1º ESO Zeltia Deus e Estrella Julián para a Meteoescola.
14/04/24
13/04/24
Z de Zas: unha ponte (medieval) á arquitectura do pasado
A ponte de Brandomil, no concello de Zas, é unha de tantas pontes espalladas por Galicia que lembran o incuestionable legado arquitectónico da nosa historia. Cando se fala especificamente de Idade Media, concretamente da herdanza do Reino de Galicia, a historiadora da arte María Rivo ten claro cales son as obras máis representativas do noso pasado medieval. A lista encabézaa, sen lugar a dúbidas, a catedral de Santiago, seguida moi de preto pola capela de San Miguel de Celanova e pola igrexa de Santa Comba de Bande.
11/04/24
10/04/24
09/04/24
08/04/24
Predición meteorolóxica do 8 ao 15 de abril
Elaborada polas alumnas de 1º ESO A Estela Cao e Iria Díaz para a Meteoescola
07/04/24
06/04/24
Radio Monelos: Letras Galegas 2024. Luísa Villalta
Presentamos neste apartado unha serie de actividades realizadas ao longo deste curso para o día das Letras que ten como centro a figura da coruñesa Luísa Villalta:
1º. Emisión dun programa de radio elaborado por Catalina Bago e Sabela García de 3º ESO.
2º. Deseño duns carteis que foron a concurso coordinada pola profesora de Lingua e Literatura Galega Montse Puime.
3º Ilustración de 11 poemas de Luísa Villalta, centrados na nosa cidade, elaborados polo alumnado de 4º de PDC coordinada o labor pola profesora do ámbito sociolingüístico Pilar Tobar.
4º Unidade didáctica (que se pode descargar) complementaria aos carteis elaborada por Montse Puime.
1º. Programa de radio elaborado polas alumnas de 3º ESO Catalina Bago e Sabela García.
03/04/24
Oito momentos para non perder no festival Carballo Interplay
O número de agresións sexuais con penetración duplicouse nos últimos cinco anos en Galicia
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
02/04/24
01/04/24
4ª EDICIÓN DO CONCURSO “GALEGO CON CIENCIA” ORGANIZADO POLO EDLG DO IES MONELOS
BASES E OBXECTIVOS
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2023-2024.
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico.
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 15 de abril de 2024 e rematará na semana do 6 ao 10 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas).
4. O concurso terá tres niveis:
• 1º e 2º de ESO.
• 3º e 4º de ESO.
• Bacharelato.
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente.
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira:
• Durante a primeira semana (15 ao 19 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (do 22 ao 26 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na terceira semana (do 29 de abril ao 3 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas.
• Na derradeira semana (6 a 10 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira.
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis.
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria.
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel:
• 1º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo’s Bar.
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar.
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito:
a) Maior puntuación nas tres semanas previas.
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto.
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.
Accede ao cuestionario da 4ª semana (do 6 ao 10 de maio):
Polavila Xabier P. Docampo. Na memoria
O Fórum Metropolitano será o escenario dunha xornada de homenaxe ao escritor Xabier P. Docampo, organizada pola AELG, a Iniciativa Polavila+Docampo e o Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación Galega do Libro infantil e Xuvenil (GALIX) e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
PROGRAMA:
- 19:00 h., no vestíbulo do Fórum Metropolitano: "Catro cartas", lectura pública e continuada deste libro a cargo de amizades de Xabier Docampo
- 20:00 h., no auditorio Fórum Metropolitano: Gala Polavila Docampo, conducida por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco contará coa presenza, entre outros, de Paco Martín, Fina Casalderrey, Xavier Senín, Daniel Puente Bello, Yolanda Castaño, Dores Tembrás, etc., e a música correrá a cargo de Uxía.
- 18:00 h., no vestíbulo do Fórum Metropolitano: apertura de "Polavila", exposición bibliográfica sobre Xabier Docampo
- 18:30 h., na sala infantil da biblioteca do Fórum Metropolitano: "Vouche contar un conto", sesión de contacontos para público familiar con nenas e nenos de 5 a 8 anos.
31/03/24
BASES DO CERTAME LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2024
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024 |
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2023-2024. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato).
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. - Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. - Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de poesía
1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de narración breve
1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de poesía
2ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de narración breve
2ª categoría: vale de 30 €.
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 8 de abril e remata o día 3 de maio de 2024.
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer 13 de maio de 2024.
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno.
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.