13/04/24

Z de Zas: unha ponte (medieval) á arquitectura do pasado

A ponte de Brandomil, no concello de Zas, é unha de tantas pontes espalladas por Galicia que lembran o incuestionable legado arquitectónico da nosa historia. Cando se fala especificamente de Idade Media, concretamente da herdanza do Reino de Galicia, a historiadora da arte María Rivo ten claro cales son as obras máis representativas do noso pasado medieval. A lista encabézaa, sen lugar a dúbidas, a catedral de Santiago, seguida moi de preto pola capela de San Miguel de Celanova e pola igrexa de Santa Comba de Bande.