"A cambio de subvencións e convenios, están a facer un lavado para unha
Xunta da Galicia que ten numerosos funcionarios e altos cargos imputados
polas irregularidades desta explotación mineira", censura Ana Díaz,
portavoz de Ecoloxistas en Acción.
A Asociación de mulleres do sector pesqueiro do Seo de Fisterra Ría Muros-Noia vén de ser recoñecida co segundo premio á excelencia na innovación na actividade pesqueira dentro dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación polo proxecto cooperativo da Aula sostible do Freixo, desenvolvido xunto as entidades de inclusión social Misela, Adisbismur e A Creba co apoio do Concello de Outes.
A proposta do Goberno español foi incluída na orde do día da vindeira
reunión dun órgano, o Consello da UE, que non tombou ningunha das 1.128
votacións da última década.
O xurado concedeulle este galardón, convocado polo Ministerio de
Cultura, polo "unánime recoñecemento internacional da súa música,
especialmente a súa produción orquestral".
Rustem Umerov será quen substitúa, se así ratifica o Parlamento os
desexos do presidente, un Oleksii Reznikov cuxo nome levaba semanas nas
quinielas para abandonar o cargo que ostentou desde antes do estoupido
da guerra.
Luís do Río Pena (Santiago de Compostela, 1998)
revoluciona as redes cos seus vídeos preparando un pito de pastor, un
asubiote ou unha pipa de herba. Consciente de que non importa o medio a
través do que se aprenda, está a gozar compartindo coñecementos que
chegaron a el a partir das experiencias de persoas da xeración dos seus
avós nas súas aldeas, entre Ames e Outes. "Quería facer algo que xerase
un interese de aquí sen ter que relacionalo todo coa política", conta.
Todo comezou como unha forma de esparexemento no seu tempo libre mentres
prepara unhas oposicións tras graduarse en Dereito. Con máis de 15.000
seguidores no Instagram, compartindo xa os vídeos nunha canle de Youtube e agora tamén no TikTok, Do Río ten claro que se os seus vídeos cargados de sabedoría popular triunfan é porque sorprenden.
O vindeiro xoves 7 de setembro comeza unha nova edición do Revenidas, o festival que todos os veráns acolle Vilaxoán de Arousa e que hai xa tempo que se converteu nun referente no noroeste da Península. Este ano acolle ata o doimingo case corenta concertos, con nomes de primeiro nivel, ademais de actividades para crianzas, espectáculos de circo e a tradicional sardiñada popular.
Mondra representa como ninguén a nova xeración de creadores que está a revolucionar a escena folclórica de Galicia. Neste novo single RUANDO que serve de adianto do seu primeiro disco que se vai a publicar o 22 de setembro, conta coa voz dunha Tanxugueira: AIDA. Mondra é artista, cantareiro e bailador. Con ARDĒN, o seu primeiro traballo, presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional trasladou esta
decisión ás comunidades autónomas, coas que se reuniu de forma
telemática esta quinta feira. Tamén o Ministerio de Universidades ten
previsto trasladar a decisión ás universidades.
A Plataforma comarcal en contra das verteduras da mina de San Finx exixe
á Xunta da Galiza que inicie os "correspondentes expedientes
sancionadores por verteduras ilegais e retire á empresa mineira a
autorización de verteduras concedida ilegalmente no pasado mes de
febreiro, por vulneración do condicionado".
Homenaxe ao músico coruñés Manuel Martín Mangüi (Mangüi) nas Festas de María Pita o día 20 de agosto ás 22 horas na praza do Concello. Paticiparán Xurxo Souto e os Diplomáticos de Monte Alto, Antón Reixa, Mercedes Peón, Josito Pereiro (Radio Océano), Bieito Romero (Luar na Lubre), Paco Lodeiro e Uxía entre outros artistas máis.
Na actualidade, a Unión Europea conta con 24 linguas oficiais, entre as que se encontra o gaélico, que é a única lingua oficial que non é maioritaria no seu Estado. Estímase que o número de falantes de gaélico en Irlanda supera o medio millón de persoas (Irlanda ten máis de 5 millóns de habitantes).