O vindeiro xoves 7 de setembro comeza unha nova edición do Revenidas, o festival que todos os veráns acolle Vilaxoán de Arousa e que hai xa tempo que se converteu nun referente no noroeste da Península. Este ano acolle ata o doimingo case corenta concertos, con nomes de primeiro nivel, ademais de actividades para crianzas, espectáculos de circo e a tradicional sardiñada popular.