03/03/23
Con que deporte podo ser máis popular?
02/03/23
Radio Monelos: programa musical sobre "Fillas de Cassandra"
Programa elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro e Martina Iris Estévez Domínguez. Para escoitar e reflexionar este 8 de marzo: Día da Muller.
Ver algúns videos musicais deste dúo: Acrópole (acústico), Lisístrata, Antígona e As Moiras.
01/03/23
Gallaecia Pop presentado no IES Monelos (1/3/2023)
Baiuca e Laura Lamontagne - Conseguiremos - Novas voces para a lingua
Os músicos Alejandro Guillán 'Baiuca' e Laura Lamontagne son os protagonistas do novo capítulo da serie 'Conseguiremos', a produción da Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela coa que ambas as institucións abren o proxecto 'Novas voces para a lingua'.
Os dous artistas conversan sobre a capacidade de chegar coa música en galego “a calquera parte do planeta”. A gravación realizouse no Porto de Santa Cruz (Oleiros).
28/02/23
Radio Monelos: "A pé de rúa". Entrevista a Olga Kirk e Pablo Díaz da Asocación Cultural "Donaire"
As alumnas Sabela García Blanco (2º ESO A) e María Vázquez Fuentes (4º ESO B) entrevistan a Olga Kirk (directora da Asociación Cultural "Donaire") e a Pablo Díaz (director de contidos musicais da mesma asociación)
Predición meteorolóxica para Coruña do 28 de febreiro ao 7 de marzo
Predición realizada pola Meteoescola do IES Monelos. Locución Sabela García Blanco (2º ESO A)
27/02/23
26/02/23
XI Concurso. Explícoche matemáticas 2.0
Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa undécima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.
Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato
dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes
en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou
profesora.
O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.
O prazo para presentar os vídeos está aberto ata o 31 de marzo de 2022. Hai dous premios de 200 euros: un, para a categoría bacharelato-ESO-FP e outro para a categoría Universidade.
25/02/23
Unha ducia de paradas para coñecer as Fragas do Eume e a súa contorna
As Fragas do Eume son unha das xoias de Galicia pola súa beleza natural que ofrece o propio Parque Natural e os concellos que o rodean: Cabanas, Pontedeume, As Pontes, A Capela e Monfero. As Fragas ofrecen a posibilidade de realizar un turismo comprometido co medio ambiente e coa sociedade local, un turismo de natureza e gastronómico que, ademais, se pode complementar coas praias e lagoas da comarca e co rico patrimonio histórico da zona.
Un centro cultural lembrará en Bóveda ao «médico dos pobres»
O «Pequeniño do Incio», unha vítima da represión política que tamén foi alcalde
Información de Francisco Albo en La Voz de Galicia
Terceiro tempo. Con Ismael Ramos: 'Nacer nun bar'
Velaquí o episodio piloto de 'Terceiro tempo', unha serie de conversas-happening coas voces poéticas máis interesantes do noso panorama novo, que ten como epicentro o Café Universal da Coruña. Un espazo e un tempo para a vivir a acción poética doutro xeito, á calor do amor nun bar e gozando da conversa, da performance, da música, da bebida e do baile.
O primeiro Terceiro Tempo fixérono con Ismael Ramos, Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, autor de "Lixeiro", "Lumes" ou "Os fillos da fame" e do libro de relatos "A parte fácil", recén publicado por Xerais.
Farto de andar nos últimos meses pola vida de poeta serio, nesta sesión puidemos ver o Ismael máis "mamarracho" (así se autodefine el). En conversa con María Yáñez falou de como é medrar nunha taberna, dos bares da Coruña, do Superdépor, do Tinder ou do primeiro tren da mañá Coruña – Vigo. E recitou. E botaron unhas boas risas e uns bos bailes.
Se non estiveches aquí tes un resumo bastante fiel, case sen censurar. Case. ;)
Terceiro tempo é un proxecto colaborativo entre o Café Universal - Club Uni, a revista VINTE e a libraría Lume.
Vídeo: Javi Quiroga, coa colaboración de Martín Caínzos.
24/02/23
23/02/23
Radio Monelos: programa sobre a cantante Xoana
Elaborado polas alumnas de 3º ESO A Iria Domínguez Grobas e Lucía Morandeira Pena
Algúns videoclips de Xoana do seu álbum "Dardos": "Aliado", "Mártires", "Espellos" e "Anceios"
22/02/23
21/02/23
Falece aos 83 anos o histórico futbolista coruñés Amancio Amaro
Militou nas filas do Victoria nos anos 50 do século pasado e do Deportivo da Coruña entre 1958 e 1962, onde foi un dos artífices do ascenso na temporada 1961-62. Como xogador do Real Madrid foi unha das estrelas do equipo ata finais dos 70. Nese período tamén fora convocado pola FIFA para formar parte dunha selección mundial que xogou contra o Brasil no Maracaná. Antes, en 1964, logrou o Balón de Bronce mentres o tamén coruñés Luis Suárez lograba o Balón de Prata. Na fotografía, Amancio Amaro (esquerda) xunto a Luis Suárez [© RC Deportivo]
Miguel Pernas: Unha ducia de pezas históricas no fútbol galego en Praza Pública
19/02/23
18/02/23
José Gil, a luz cegadora do primeiro cineasta galego: «El foi un iconauta»
Manolo González recupera a obra do realizador, oculta en faiados e armarios
Información de Patricia Hermina en La Voz de Galicia
Emilio Pérez Touriño: "Galiza perdeu o tren da reforma estatutaria"
O compromiso político de Emilio Pérez Touriño comeza nos anos finais da ditadura franquista. Militante activo nas loitas democráticas, pasa polo Partido Comunista antes de se integrar definitivamente no Partido Socialista a finais dos anos oitenta. Economista e profesor universitario, Pérez Touriño ocupa diversos cargos na administración do Estado durante os gobernos de Felipe González. En 1998 accede á secretaría xeral do Partido dos Socialistas de Galicia e en 2005 convértese en presidente da Xunta de Galicia, encabezando o goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego.
Emilio Pérez Touriño publica en 2022 o libro El horizonte europeo onde reflexiona sobre o futuro da socialdemocracia e a idea de Europa. Reunimonos con el na Faculdade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago para conversarmos sobre o presente da Unión Europea, a experiencia do goberno de coalición cos nacionalistas e os retos que Galiza ten aínda pendentes.
17/02/23
Dramatización da obra "A rateira" de Agatha Christie (1º Acto 2ª Parte)
Actividade realizada polo alumnado de 4º ESO do IES Monelos sobre a obra de Agatha Christie "A Rateira" (1º Acto 2ª Parte)
Relación de personaxes e voces:
Presentación: Nina Varela Ota
Voz alumna: Victoria Caraballo Hernández
Voz Radiofónica: Lucas Eiroa Osoro
Acoutamentos: Nina Varela Ota
Mollie: Martina Iris Estévez Domíguez
Giles: Anxo Vázquez Seoane
Christopher: Pablo Barro García
Sra. Boyle: Amalia García Blanco
Srta. Caswell: Victoria Caraballo Hernández
Comandante Metcalf: Lucas Eiroa Osoro
Paravicini: Enrique Alonso Fúster
Trotter: Iago Romero Budiño
16/02/23
15/02/23
14/02/23
Radio Monelos: predición meteorolóxica na Coruña do 14 ao 21 de febreiro
13/02/23
Concurso día internacional da muller e a nena na ciencia (11 de febreiro) e día da muller (8 de marzo)
BASES DO CONCURSO
O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 13 de febreiro e rematará o venres 10 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da ciencia en Galicia (física-química, bioloxía, farmacia, medicina, matemáticas, tecnoloxía, informática, etc) A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas.
BASES
1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría.
2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización e no blog deste equipo: cotarelomonelos.blogspot.com.
3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todas as personaxes femininas.
4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores.
5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto.