25/11/22
SEMENTÆ - Seminario 1 (Galego)
Tras o pano: profesionais do sector cultural (Teatro)
24/11/22
Lara Lars: «Parézome moito ás miñas ilustracións»
Lara Lars (Salceda de Caselas, 1986) colecciona fotos, recortes de revistas e flyers desde sempre. É arquitecta pero decidiu arriscar e centrarse nas súas creacións artísticas aínda que non tiña contactos no mundo da arte nin un apelido pomposo co que moverse en Madrid. Co seu ‘apelido inventado’ e as súas inquietudes estéticas e de reivindicación da muller logrou crear un estilo propio e recoñecible a través dos seus collages.
Información de Ana G. Liste en Vinte
23/11/22
Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 6. "Milladoiro"
Programa elaborado polos alumnos de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro e Abel Vilariño Gerpe sobre o grupo de música folk "Milladoiro".
Radio Monelos: novembro mes da ciencia en galego. Programa sobre a oceanógrafa Ángeles Alvariño
Programa elaborado pol@s alumnos de 2º ESO A Catalina Bago Pérez e José Luis Bermúdez Huertas para conmemorar novembro como mes da ciencia en galego. Este ano está centrado sobre a figura da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño. Ano das ciencias básicas para un desenvolvemento sostible.
22/11/22
Radio Monelos: programa sobre o 25 de novembro. Día para a eliminación da violencia contra a muller
Programa realizado polas alumnas de 4º ESO A Amalia García Blanco e Sara Lorenzo Naya sobre o acoso e a violencia nas redes sociais. Como se pode prevenir e denunciar.
21/11/22
20/11/22
19/11/22
Aprende a detectar os tipos de violencia de xénero dixital
Vídeo do EDLG e do Grupo de Igualdade do IES Félix Muriel de Rianxo para estudar nas aulas os tipos de violencia de xénero dixital.
Guadi Galego & Mäbu - Noa
18/11/22
17/11/22
#LugarDe | Unha vida no Couto
Rosario, Julia e Dolores levan toda a vida formando parte do tecido asociativo que se foi xerando na aldea do Couto desde os anos oitenta. "Entre os veciños e veciñas compramos o terreo e construímos a casa; cada quen facía o que podía". Así naceu a Casa dos Veciños, lugar de reunión da Asociación Cultural Monte Branco.
Para conseguir os cartos botaron man de inxenio: "Colliamos o tractor e iamos polas festas porque era onde se facían os cartos. Vendiamos bebidas e bocadillos de bisté". Desde aquela, a Escola de Verán, o Festiletras e centos actividades máis. Por alí pasaron desde Isaac Díaz Pardo a Sés, desde Fina Casalderrey a Xabier Díaz, facendo da aldea testemuña privilexiada dos cambios xeracionais na cultura galega. "Xamais pensei aprender tanto, nin tratar coa xente que tratei", explica emocionada Rosario, fan declarada de Ángel Carracedo.
Julia, Dolores e Rosario falan do despoboamento do rural, sabedoras de que "o que non hai é traballo". Con todo, Julia pensa que "se houbera máis iniciativas como esta, a xente non marcharía tanto". Recordan tamén como a asociación se manifestou contra a celulosa que ían achantar na desembocadura do Anllóns: "Se houbera celulosa non habería agrupación de mariscadoras, nin este ambiente, nin teriamos estas vistas que temos."
16/11/22
15/11/22
14/11/22
13/11/22
O derradeiro rei da Gallaecia
Información de Ermelindo Portela en Nós Diario
12/11/22
GALLAECIA POP: O OBRADOIRO
GALLAECIA POP é un obradoiro creado para dar a conhecer as implicacións específicas de vivir sendo unha cultura minorizada, as súas vantaxes e oportunidades creativas e a creación contemporánea en todos os ámbitos culturais que se fai en galego, interesante de máis!!!
Entrevista a Diana Kurich: "Outra cousa non, pero sempre se nos deu ben inventar formas de querer(nos)"
Feitas ao sisel, o libro co que Diana Kurich vén de gañar o XVII certame de poesía erótica Illas Sisargas, é un poemario bailado antes que escrito. Unha danza de danzas entre a copla tradicional e a poesía actual que cuestiona a interpretación machista do baile tradicional ao mesmo tempo que o amor sometido aos ditados heteropatriarcais. Un percorrido por distintos tipos de baile que celebra, sobre todo, os afectos escollidos, construídos e reconstruídos cada día. A autora respondeu por correo electrónico as nosas preguntas sobre unha obra aínda inédita, pois vén de coñecerse a noticia do premio.
11/11/22
Play aRi[t]mar
Aplicación web desenvolvida pola EOI de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística a partir dos premios da música e poesía galego-portuguesa aRi[t]mar. Reúne músicas e poesías dos diferentes artistas que resultaron gañadores ou optaron aos diferentes premios aRi[t]mar que se levan convocado desde 2016.
Cola de parques eólicos mariños á espera da ordenación estatal para o sector, apremada pola UE
Información de David Reinero en Praza Pública
Alternativas estudadas para o parque eólico Volanteiro fronte á ría de Vigo © Capital Energy
10/11/22
09/11/22
A cantante hydn no IES Monelos
A cantante e exalumna do instituto visitou o 8 de novembro ao alumnado de 1º de bacharelato do centro.
Na charla falou, entre outros aspectos, da súa experiencia como candidata ao Benidorm Fest, os seus gustos musicais, a vocación académica, profesional, as súas dificultades e a súa aposta polo uso do galego na súa vida cotiá.
hydn - Drowning Fire (Video Oficial)
Xurxo Lobato: "No país do Nunca Máis"
Historia dun libro publicado no 2003 tras a traxedia do "Prestige"
Este libro quere ser a crónica visual do movemento xerado arredor de Nunca Máis dende o ano 2002 e grande parte do 2003, e dos que fixeron das palabras dignidade e solidariedade unha inmensa marea.
Velaquí unha ollada sobre os feitos. A crónica dun acontecemento que nos conmocionou e que de seguro ha significar un antes e un despois para moitas galaegas e galegos. A realidade é segundo a percibimos e segundo a ordenamos nas nosas emocións e sentimentos. Fica con este libro o testemuño do que aconteceu. Diante da catástrofe o país reaccionaba.
No país do Nunca Máis é un libro de fotoxornalismo que inaugura unha nova colección en Galaxia, a colección Reportaxe. Unhas fotos que son testemuño do meirande movemento cívico que permanecerá en todos nós ao longo dos anos. Un libro feito coas emocións e a honestidade das emocións.
Nomes como Manolo Rivas, Antón Losada, Anxo Quintana, Ramón Chao, Ernesto Sánchez Pombo, Antón Reixa, Ignacio Ramonet, Mario Bennedetti, Xavier Queipo ou César Antonio Molina entre outros aportan os seus textos a este libro para deixar constancia do seu apoio ao movemento Nunca Máis.
Entrega dos premios "II concurso cociña de outono"
O 8 de novembro as alumnas de 1º ESO B Lara Beade Hermida e Paula Seijas Seoane recibiron o primeiro e segundo premio respectivamente do "II certame do concurso de cociña de outono" organizado polo EDLG do centro
Na imaxe superior Paula Seijas e na inferior Lara Beade reciben o diploma e premio por parte do coordinador do EDLG do IES Monelos.20 anos da catástrofe do "Prestige"
As alumnas de 3º ESO Iria Domínguez e Lucía Barbé analizan nesta reportaxe de Radio Monelos a catástrofe ecolóxica máis importante que padeceu a costa galega hai 20 anos.
Ver imaxes
08/11/22
Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 1. Andrés do Barro
Con este programa sobre o músico galego Andrés do Barro iniciamos unha andaina sobre historia da música galega entre finais da década dos sesenta e o ano 2000 para comprender os distintos estilos musicais dentro do seu contexto sociopolítico e cultural das últimas décadas do século XX.
Ao longo deste trimestre trataremos de acercarnos a figuras e grupos musicais, ademais de Andres do Barro, como Ana Kiro, Voces Ceibes, Emilio Batallán, Fuxan os ventos, Milladoiro, Radio Océano, Os resentidos para rematar co grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto que ten como un dos seus líderes ao incombustible Xurxo Souto. Intentando resaltar en que medida foron quen, no seu contexto, de normalizar a música galega e o idioma.
Este primeiro traballo foi realizado polas alumnas de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.
Hai vai o tren musical de Andrés do Barro co seu corpo xeitoso tendo saúdade de ti!
07/11/22
06/11/22
05/11/22
"O futuro é galego, e o futuro é en feminino": sete 'superheroínas' promoven o uso cotián da lingua
Lucía Freitas cociñeira con estrela Michelín promove neste vídeo a nosa lingua
«Superheroínas», mulleres referentes para impulsar o galego na mocidade
O proxecto da RAG e a USC conta con sete mulleres mozas para divulgar a presenza do Galego na xuventude.
Información de Montse García en La Voz de Galicia
Os retrousos da Quenlla
Reportaxe con elementos de videoclip e de crónica docudramática en que o grupo A Quenlla recrea musicalmente 10 cantigas dun dos primeiros trobadores en lingua galega, Martín de Padrozelos. O traballo, dirixido por Xoán Piñeiro, pretende recuperar e actualizar a obra deste autor a partir da interpretación das súas cantigas realizada por A Quenlla e promover a investigación e a innovación en materia cultural e lingüística. A poeta Goretti Fariña foi a responsable do guión.