22/11/22

Radio Monelos: programa sobre o 25 de novembro. Día para a eliminación da violencia contra a muller

 Programa realizado polas alumnas de 4º ESO A Amalia García Blanco e Sara Lorenzo Naya sobre o acoso e a violencia nas redes sociais. Como se pode prevenir e denunciar.

Con motivo de sensibilizar para o 25-N escollemos á da Banda da Loba co seu vídeo de "Morra o conto" no que están acompañadas por oito artistas representativas de gran parte dos estilos musicais que se fan en Galicia: Guadi Galego, Patty Castro, Sofía Espiñeira, Nastasia Zürcher, Mounqup, Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw. Amizade, sororidade e música en sentido universal! 
 
 Escachemos os espellos 
rachemos as ataduras
 unamos as voces 
coma se fósemos UNHA.
 Que MORRA O CONTO!