08/11/22

Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 1. Andrés do Barro

 Con este programa sobre o músico galego Andrés do Barro iniciamos unha andaina sobre historia da música galega entre finais da década dos sesenta e o ano 2000 para comprender os distintos estilos musicais dentro do seu contexto sociopolítico e cultural das últimas décadas do século XX.

Ao longo deste trimestre trataremos de acercarnos a figuras e grupos musicais, ademais de Andres do Barro, como Ana Kiro, Voces Ceibes, Emilio Batallán, Fuxan os ventos, Milladoiro, Radio Océano, Os resentidos para rematar co grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto que ten como un dos seus líderes ao incombustible Xurxo Souto. Intentando resaltar en que medida foron quen, no seu contexto, de normalizar a música galega e o idioma.

Este primeiro traballo foi realizado polas alumnas de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.

Hai vai o tren musical de Andrés do Barro co seu corpo xeitoso tendo saúdade de ti!