24/03/23

Esta década, clave para loitar contra o cambio climático: "Se actuamos agora, aínda é posible un futuro habitable para todos"

 Información en Praza Pública

Castro Candaz, ao descuberto no encoro de Belesar tras un inverno moi seco, nunha imaxe de arquivo © Sara Torreiro

Fálase | Mulleres de Matria

 

MJ Pérez - A Peza Solta (Ao Vivo)

 Esta versión revisada de “A Peza Solta” foi interpretada ao vivo na Sala Rebullón o pasado 5 de marzo de 2022, MJ Pérez acompañada de toda a súa banda ofreceron dentro do seu concerto esta canción que, sen dúbida, foi o momento especial da noite.

23/03/23

Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 13. O vello concello de Oza

Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Lara Beade Hermida e Sara Díaz Ruíz.


 
Antigo edificio do concello de Oza no Corgo (rúa Montes) perto do IES Monelos 
 
 

Presentación na Coruña da exposición "Picasso branco no recordo azul"

A mostra aberta ao público no Museo de Belas Artes dende o venres 24 de marzo contén 120 pezas vinculadas a Picasso das que 68 son obras propias. Unhas enmárcanse cronoloxicamente no período comprendido entre 1891-1895, os anos en que viviu na Coruña; outras pertencen a etapas artísticas posteriores e reflicten a súa pegada, motivos e elementos aprendidos na súa etapa coruñesa.

Información Xunta de Galicia


 

Monoulious DOP - Todas son nosas

 

22/03/23

21/03/23

O Festival Alguén que respira! pecha o seu programa este martes día 21 de marzo coa celebración do Día Mundial da Poesía e a entrada da primavera

 Información Concello de Santiago


 

A dixitalización da Xunta no ensino triplica o número de materias 'vetadas' ao galego

A presenza real do galego no ensino secundario fica moi por baixo do que estabelece o propio decreto de 2010 aprobado polo Goberno galego —que xa reducía a súa presenza—. Edixgal, a ferramenta da Xunta da Galiza de dixitalización no ensino, reduce ou exclúe o galego en determinadas materias. 
 
 
Marcos Maceira e Nuria Fociños, presentando o informe en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
 

Porno antes dos 12 anos: "Ante a falta de educación afectivo-sexual a rapazada aprende da pornografía"

 Case a metade da poboación menor comeza a ver porno antes dos 12 anos. Falamos co profesor de Socioloxía da USC Jorge García Marín sobre o estudo que vén de presentar sobre o consumo cada vez máis temperán e pouco crítico de pornografía. 

Información en Nós Diario


 

Radio Monelos: programa musical "Malandrómeda"

 Programa musical elaborado polos alumnos de 4º ESO Fernando López Arias e Anxo Vázquez Seoane.

 

Videoclips VHS do futuro, Catro agullas pra unha bolboreta e Bótalle caldo(cumbia malandra). Tamén o video De chea con Malandrómeda.

 

Tempo atmosférico na Coruña do 21 ao 28 de marzo

Predición realizada pola Meteoescola do IES Monelos. Na locuión o alumno de 4º ESO Anxo Vázquez Seoane.

 

Recuncho Gamer Podcast Ep.29: Glitches

 

19/03/23

A viguesa María Vázquez faise co premio á mellor actriz no Festival de Cinema de Málaga

 Información en Nós Diario

  María Vázquez nun fotograma do filme 'Matria' (Foto: captura de pantalla).

 

Fernández del Riego, "o home que valía por mil", chega á banda deseñada da man de Galaxia

 Pepe Carreiro e Antón Mascato son os autores desta obra. 

Información en Nós Diario


 

Entrevista a Lara Dopazo: "A fantasía permite buscar unha saída a historias moi difíciles de resolver na realidade"

Lara Dopazo gañara o premio literario Illa Nova de Narrativa con O axolote e outros contos de bestas e auga, (Galaxia). Dende entón, non soubemos máis dela como escritora. Aproveitamos a súa estancia en Estados Unidos, onde segue formándose en escrita creativa, para rescatar esta obra, unha das poucas de narrativa que publicou a súa autora, máis coñecida pola súa poesía. O axolote e outros contos de bestas e auga é un libro de contos nos que o animal e o humano e o real e o sobrenatural se mesturan. Onde volven os corpos feridos. Ou a violencia e a morte. Pero tamén a protección da comunidade. Ou dunha natureza que pode ser hostil ou aliada. 

Información en Praza Pública

A escritora Lara Dopazo Ruibal © Nicole Villanueva
 

Mayte Cabezas xornalista da TVG: "Non se poden asaltar os medios públicos e facer con eles o que se queira; a CRTVG é de todos os galegos"

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Mayte Cabezas, nunha entrevista para a Universidade de Vigo © UVigo

MEIRE (Allariz) a vista de dron

 

18/03/23

#DígochoEu Non digas *primaveira

 

Percebeir@s do país berraron en Ribeira que "o percebe non se toca"

 Información en Que pasa na Costa


 

Reabre o labirinto do monte de San Pedro tras case catro anos pechado

 Información en O Xornal da Coruña


 

Olladas doutro tempo: “Orzán, oleaxe”

 Información de Fernando Campos Mantiñán en O Xornal da Coruña


 

Entrevista a Malores Villanueva: "Paco del Riego era un home político, pero tívose que reinventar"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Malores Villanueva Gesteira © cedida

Entrevista a Pepe Cunha: "A CRTVG non apostou por divulgar a música galega e sen iso non se pode crear un público e unha industria"

 Nun país no que moitos proxectos culturais e xornalísticos dependente principalmente do entusiasmo dos seus creadores, o vixésimo aniversario dunha iniciativa de divulgación merece celebración e recoñecemento. O portal musical Ábrete de Orellas está a celebrar os 20 anos da súa web (que recentemente anovou a súa estrutura para visualizar mellor as crónicas de concertos, recensións de discos, novas e a axenda), aínda que o proxecto comandado polo ferrolán Pepe Cunha ten aínda máis traxectoria, pois o programa radiofónico do mesmo nome leva emitíndose dende o ano 1997, con máis de 500 edicións.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Pepe Cunha, 25 anos á fronte de 'Ábrete de Orellas' ©


 

Unha ducia de carteis a prol do uso da lingua galega

 No último medio século son moitas as campañas publicitarias lanzadas para promocionar o uso e a normalización da lingua galega, tanto dende a Xunta como dende concellos ou entidades culturais, lingüísticas e formacións políticas. Repasamos aquí algunhas delas, dende as reivindicacións a prol da oficialidade da lingua galega na Transición ás máis recentes apelacións a consumir produtos etiquetados en galego.

Información en Praza Pública


 

O temor a unha nova crise bancaria regresa dez anos despois da caída das caixas en Galicia

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Exterior dunha oficina bancaria de Credit Suisse CC-BY-NC-SA Leo Nemirovsky

Esther Estévez: “Son unha privilexiada pola miña variedade dialectal”

 Esther Estévez nace en Verín en 1997. Licenciase en Xornalismo e fai as súas prácticas na Radio Galega e aquí, en Nós Televisión. 

O seu lanzamento profesional prodúcese na Televisión de Galicia co nacemento, en 2020, do programa #dígochoeu que busca mellorar as competencias lingüisticas da lingua galega e que, desde o inicio, goza de moita popularidade entre a xente. Tanto que a partir do Digócho eu inicial nacen máis proxectos como é o 'Apuntamento lusófono'. 

O traballo da xornalista de Verín conta co recoñecemento de dous Premios Mestre Mateo á mellor comunicadora. Entramos na TVG e sentamos con Esther Estévez para falar da súa carreira profesional, das linguas galega e portuguesa, dos medios públicos galegos e mesmo do seu futuro laboral.

Fogóns do Anllóns: o río que alimenta a comarca de Bergantiños convértese en destino gastronómico

 

17/03/23

Falece na Coruña o humanista Manuel Sánchez Salorio, referente internacional da oftalmoloxía

 Información de R. Domínguez en La Voz de Galicia


 

Ismael Ramos, premio nacional: «Hoxe sentimos fóra das nosas posibilidades»

 Información de Ana Abelenda en Fugas de La Voz de Galicia


 

María Vázquez, actriz: «Traballo fóra e na casa, son nai, coido... Vaia merda de superheroína»

 Información de Carlos Crespo en Fugas de La Voz de Galicia


 

Vinte en ruta #08. Terras da Salga: de Carnota a Noia

 Información de Jorge Guitián en Vinte

Os illotes dos Forcados e a Reserva dos Miñarzos desde Portocubelo © Adrián Baúlde

O Colexio de Xornalistas critica que continúe en vigor a "perniciosa" Lei Mordaza, un "retroceso á liberdade de prensa"

 Información en Praza Pública

Carga policial nunha mobilización do persoal galego de Alcoa nas proximidades do Congreso dos Deputados © En Común


 

'Último verán en Santa Cristina': os tempos de Franco en Meirás contados a través dos ollos dun rapaz de 12 anos

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Os salarios aumentaron un 2,7% en Galicia na fin de 2022, dous puntos por baixo da media do Estado e moi lonxe da suba do IPC

 Información en Praza Pública

No cuarto trimeste do ano 2022 o custo salarial só aumentara un 2,7% con respecto ao ano anterior Dominio Público pxfuel


 

Fálase | Se Gary Lineker saíse na TVG

 Información en Praza Pública


 

Brais Morán & TANXUGUEIRAS - Cando imos para ese lugar (Luar)

 

16/03/23

Cinema Lobeira - Análise das galas dos Mestre Mateo e dos OSCAR

Andrea Pousa, cantante e actriz - Superheroínas - Novas voces para a lingua

A cantante e actriz Andrea Pousa é unha das sete protagonistas da serie 'Superheroínas', producida pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela no marco da segunda edición do proxecto 'Novas voces para a lingua'. 

A serie foi dirixida por José Manuel Diego Ferreira, alumno de Xornalismo, e protagonizada pola cociñeira Lucía Freitas, a poeta Alba Cid, a creadora de videoxogos Laksmy Irigoyen, a xornalista Esther Estévez, a instagramer Paula Jorge, a fotógrafa Antía Castro e a propia Andrea Pousa. 

A proposta dálle continuidade a 'Novas voces para a lingua', cuxa primeira serie, 'Conseguiremos', tamén pode verse na canle de Youtube da RAG.

15/03/23

Radio Monelos: programa sobre Baiuca

Programa de Radio Monelos elaborado pol@s alumn@s de 1º de Bacharelato Celtia Suárez Fernández e Pepe Verdía García sobre "Baiuca" unha mestura da música electrónica coa tradicional.


 

 Algúns videos musicais de "Baiuca": "Veleno", "Embruxo", "Morriña" e "Adélia":

Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 12. Urbano Lugrís

Neste ano 2023 cúmprese o 50 aniversario da morte do artista coruñés Urbano Lugrís. Desde Radio Monelos queremos recuperar a memoria deste inmenso pintor que ilustrou o soño desta Coruña mergullida nesta inmensidade atlántica.

@s alumn@s de 1º de ESO Inés Insua Puente e Raúl Orosa Sanjuan realizan este programa de Radio Monelos.

E unha novela moi interesante (máis ben para maiores) sobre Lugrís: "O señor Lugrís e a negra sombra" escrita por Luís Rei Núñez e publicada por Xerais no 2007 que ben merece a pena para coñecer a vida deste grande artista. 
 
E algo sobre a súa obra pictórica:

Como espertar a vocación científica entre as nenas?

 

TARAMUNDI (ASTURIAS) a vista de dron

 Percorrido a vista de dron por Taramundi, Pardiñas, Vega de Zarza, Mazonovo, Os Castros, Os Teixois e As Veigas, na Comarca de Oscos-Eo (Asturias).

14/03/23

Radio Monelos: grupo musical "Terbutalina"

Programa musical sobre o grupo garaje punk "Terbutalina" elaborado polos alumnos de 4º ESO A Elías Pardo Fernández e Abel Vilariño Gerpe.
 

Algúns videoclips do grupo: "Muinheira da Costa", "O Rei", "Pura makica" e "Ninguén che quere".

Predición do tempo na Coruña do 14 ao 21 de marzo

 Elaborado pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución o alumno de 4º ESO A Abel Vilariño Gerpe.

VOZ SOA. Mónica de nut. Fragmento

 

13/03/23

Gañadoras e gañadores do concurso da muller na ciencia (11 de febreiro) e do día da muller (11 de marzo)


Relación das gañadoras e dos gañadores do concurso da muller na ciencia e o día da muller convocado pola Biblioteca e o EDLG do IES Monelos:

Vázquez Fuentes Noa     1º ESO A

Lisi Piñeiro, Luca Nahuel 2º ESO PMAR

Ramírez Rojas, Kevin     2º ESO PMAR

García Blanco, Amalia      4º ESO A

Varela Ota, Nina                4º ESO A

Hidalgo Novoa Iria           1ºBacharelato B 

Entrega dos premios aos gañadores na biblioteca do Centro o venres 17 de marzo. De esquerda a dereita Kevin, Iria, Noa, Amalia, Nina e Luca Nahuel.

Fillas de Cassandra // V. AS MOIRAS (ft Nadie González, Xiana Teixeiro) - Vídeo Oficial

 

12/03/23

O galego é xa o 37º idioma con máis peso a nivel mundial e supera outros con millóns de falantes

A última actualización do Barómetro das Linguas do Mundo sitúa a lingua propia do país cunha puntuación global de 5,538 sobre 13. A presenza na Internet, chave na clasificación. 

Información en Nós Diario


 

Ensino do galego - 'O que está a faltar': Responsabilidade Institucional?

 Manolo Portas é sociolingüista e diretor do IES Xelmírez I

Manifestación atlántica e musical por Lugrís

 Información La Voz de Galicia

A caída da curva da natalidade xa se nota nos colexios da Coruña: «No centro onde ensino, este curso só temos 13 nenos na clase de 3 anos»

 Información de M. Méndez en La Voz de Galicia

Imaxe do colexio San Francisco Xavier (A Coruña)
 

'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023

O filme da cineasta Ángeles Huerta obtivo 12 galardóns, entre eles o da mellor longametraxe, o da mellor dirección e o do mellor guión. 

  Galardoados na edición 2023 dos premios Mestre Mateo (Foto: Academia Galega do Audiovisual).

Vinte en ruta #07. Pelerinaxes: nunca é tarde para ir a Santo André de Teixido

 Información de Adrián Estévez en Vinte

Mural do Camiño dos Arrieiros desde As Pontes até Bares CC-BY-NC-SA Adrián Estévez

Cinco concellos, cinco meses, cinco pezas teatrais e unha mesma idea: compartir o camiño

 Información Ana G. Liste en Praza Pública

Unha das representacións do Proxecto de teatro 5x5 © Proxecto 5x5

No seu ingreso na RAG María López Sández chama a "salvagardar o noso territorio e a lingua que o nomea”

 Información en Praza Pública


 

Reducir á metade ou menos o custo do bus interurbano disparou o seu uso un 31%

 Información en Praza Pública

Persoas usuarias na estación de autobuses da Coruña nunha imaxe de arquivo CC-BY-SA Plataforma por un Transporte Público Digno para Ferrol e Comarca


 

As denuncias por violencia machista seguen en máximos en Galicia tras pechar 2022 con máis de 7.000

 Información en Praza Pública


 

Entrevista a Paula Quintás: "Segue a haber moito descoñecemento das artes corporais"

 Información en Praza Pública

O deseñador gráfico, ilustrador e viñetista Luis Davila gaña o Premio Trasalba, que entrega a Fundación Otero Pedrayo

Destácase "a implicación" de Davila "na defensa da nosa lingua" e "a proximidade social das mensaxes que formula en defensa do galego". A acta do acordo subliña ademais "a calidade do humor gráfico e a popularidade das viñetas" de O Bichero, que "transmiten un compromiso e unha modernidade que sería moi do gusto de don Ramón". O acto de entrega celebrarase o vindeiro 25 de xuño.


 

«Ao feminismo, como ao pan, hai que amasarlo "pasiño a pasiño"»

No obrador La Bulanxerí da Coruña o 100 % das traballadoras son mulleres

  Información de Loreto Silvoso en La Voz de Galicia

Mila Vea, Desi Alfonso, Aldara Ares, Mónica Abeijón, Yamila Sidati e, diante, Sara Martínez, o persoal 100 % feminina do obrador artesanal A Bulanxerí da Coruña. MARCOS MÍGUEZ
 

Cafeterías "Pic-nic": O negocio que fai 42.000 tortillas ao ano

 Información de Pablo Portabales en La Voz de Galicia

Laura Lastra, das cafeterías Picnic da Coruña, cunha das 42.000 tortillas que despachan ao ano. Bea Franco

Arantza Portabales: "Nas miñas novelas non só hai crimes, emprégoas para falar dos temas que me interesan"

Arantza Portabales, escritora, vén de publicar a súa terceira novela protagonizada polos inspectores Santiago Abad e Ana Barroso, O home que matou a Antía Morgade (Galaxia). Portabales somérxese na realidade das persoas que medran en vivendas tuteladas, xa que, como ela defende, “é unha forma de pór enriba da mesa a desprotección e a vulnerabilidade”.

Información en Nós Diario

Arantza Portabales volve cunha nova historia tras o éxito de 'Beleza vermella' e 'A vida secreta de Úrsula Bas'. (Foto: Rubén García).

O filme 'Matria' de Álvaro Gago emociona o público de Málaga

 A primeira longametraxe do cineasta vigués é un retrato humano da precariedade. 

Información en Nós Diario

  O director de 'Matria', Álvaro Gago, no centro, este sábado en Málaga (Foto: Fernando Sánchez - Europa Press)

Xacarandaina presenta 'Endaterra' na Coruña

A montaxe está dirixida por Quique Peón e inclúe corpo de baile, coro e instrumentistas.

Información en Nós Diario

  'Endaterra'. (Foto: Sandra Pereira)


 

(RE)SER(VADO) - Carolina Rubirosa e Yolanda Castaño (Lyric Video)

RE) SER (VADO) é o primeiro sinxelo extraído do EP de Carolina Rubirosa "Alén do mar". Trátase dun poema da autora galega Yolanda Castaño, convertido en canción con músicas orixinais escritas e interpretadas por Carolina Rubirosa, baixo a producción de Pablo Vidal. 
(RE) SER (VADO) é un poema en catro tempos que abre o libro “Profundidade de campo”(2007) de Yolanda Castaño. O cuarto texto (D) é o que pon letra a esta canción.
O EP recolle cinco poemas de autores de recoñecido prestixio internacional traducidos ao galego, Indran Amirthanayagam, Salgado Maranhao e Katia- Sofía Hakim, e dúas das autoras galegas máis notables: Eva Veiga e Yolanda Castaño. O videoclip é unha creación da realizadora Iria Iglesias, que se encarga tamén de todo o deseño do arte do EP. As obras de fondo amosadas pertencen á colección "Tormenta de ideas" da artista Batís Campillo. Canción grabada nos estudios AldeaGlobal, Vilagarcía de Arousa, en novembro de 2021.