Lara Dopazo gañara o premio literario Illa Nova de Narrativa con O axolote e outros contos de bestas e auga, (Galaxia). Dende entón, non soubemos máis dela como escritora. Aproveitamos a súa estancia en Estados Unidos, onde segue formándose en escrita creativa, para rescatar esta obra, unha das poucas de narrativa que publicou a súa autora, máis coñecida pola súa poesía. O axolote e outros contos de bestas e auga é un libro de contos nos que o animal e o humano e o real e o sobrenatural se mesturan. Onde volven os corpos feridos. Ou a violencia e a morte. Pero tamén a protección da comunidade. Ou dunha natureza que pode ser hostil ou aliada.