09/06/22

"O libro negro da lingua galega", de Carlos Callón

 Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Publicado por Edicións Xerais de Galicia. 


 



Expulsados das ABAU polo menos tres alumnos por copiar no exame

 Información de Sara Carreira en La Voz de Galicia


 

Da Muralla ao circo: a guía para percorrer Lugo no regreso ao grande do Arde Lucus

 Información en Praza Pública

O ministerio apunta como causa da caída da ponte na A-6 a posibles eivas ocultas distintas das reparacións que se realizaban

 Información en Praza Pública

O delegado do Goberno e o director xeral de Estradas do ministerio observan o viaduto caído na A-6 © Ministerio de Transportes

 

Nº 104 de "Luzes"

 Ver sumario da revista


 

Videogramas - Anxos Fazáns

 


08/06/22

Abren no IES Monelos da Coruña o acceso polo parque de Oza que solicitou a comunidade educativa

 

Evitará que o alumnado que entre por Montes teña que esquivar coches e maleza

 Información de Almudena Santos en La Voz de Galicia

 


A comunidade educativa e os pais e nais do IES Monelos levan dende hai tempo pedindo unha solución aos problemas de seguridade viaria nas vías que rodean o centro, polo que o alumnado vese obrigado todos os días a evitar os coches e os cepillos mentres camiñan pola rúa Montes. 
 O pasado mes de febreiro rematou o punto no que se debería construír o novo acceso peonil ao solar, obra que acomete estes días o Concello da Coruña. Os alumnos poderán acceder dende o parque de Oza a partir de agora por unhas escaleiras, evitando a vía de dobre sentido onde moitos vehículos se ven obrigados a invadir a cuneta para non atropelar aos peóns. Grazas tamén á dirección dos pais e nais e do persoal do IES Monelos, as obras comezaron o pasado luns. 
Dous traballadores traballan no campo dende entón. Trátase dunha intervención que ata colleu por sorpresa ao centro educativo. Os seus responsables pensaron que o proxecto quedara estacionado polo tempo transcorrido dende os primeiros contactos coas Administracións (a crise do abastecemento non axudou), polo que mesmo paralizaron o orzamento do portalón, que é a súa responsabilidade. "O luns comezaron a cortar e romper parte do muro", celebra Juan Riera, subdirector do IES Monelos. O orzamento da nova entrada divídese en dous, unha parte que corresponde ao Concello, a cargo das escaleiras, e outra ao colexio, que debe poñer a cancela. Puxeron a porta Riera cre que "se instalará en breve" e poderá utilizarse como nova entrada ao colexio polo parque de Oza. O alumnado non terá que cruzar a perigosa estrada que pasa por riba do instituto e que non ten beirarrúas. “Este traballo soluciona o problema, xa que o que queremos evitar é que os estudantes entren onde fan os coches”, sinala o subdirector. “A maior parte do alumnado procede da parte baixa do parque, polo que tamén evitamos que os alumnos teñan que dar un longo rodeo para chegar á clase”, continúa.

O Camiño mola - 6

 


06/06/22

Publicación dos textos gañadores do Certame das Letras Galegas do IES Monelos 2022

 Os gañadores do certame literario das letras galegas 2022 foron na 2ª categoría (4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato).

 En narrativa breve, tamén na mesma categoría, o gañador foi Jia Hao Yang co relato Os catro tronos. En poesía foi Elena Precedo Prado de 2º Bac D co poema Tolemia transitoria .Ditos textos publicámolos neste apartado (ver entrega do premio).

Aproveitamos este espacio para presentar este video elaborado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices, Rois a modo de telexornal sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán ao que se lle dedicaron as Letras Galegas 2022.

 

Os catro tronos

 

 Un trono soou entre as colinas e a chuvia empezou a caer. As gotas deslizábanse nos vidros a gran velocidade, e uníanse unhas con outras para formar gotas máis grandes que logo desaparecían da vista. Parecían bágoas, como as que tanto chorou a miña nai hai unhas horas. 

Estabamos todos vestidos de negro, nun silencio sepulcral no que só se oía a tormenta, o coche e un molesto pranto compartido entre a miña nai e a miña tía. 

Ninguén tiña ánimos de falar, non despois do funeral. 

Uns minutos pasaron e a miña nai decidiu romper o silencio. 

- Ana, recordas o que a nosa nai dicía cando escoitaba un trono? 

- Como non acordarme - tusiu un pouco antes de recitar - Cando escoites catro tronos. 

- El virá polo mal presaxio. 

- Non te achegues ao reno - rematou o meu pai - E logo dis que non te escoito. 

A miña nai golpeouno un pouco e empezaron a rir. 

- Non serían renos? Para que rimase - engadiu o meu pai na conversación. Ana só negou coa cabeza. 

- Ela sempre o dicía así - fixo unha pequena pausa antes de continuar - Era tan supersticiosa que nos facía escondernos no soto cada vez que escoitaba dous tronos. Unha vez escoitou tres seguidos e volveuse louca, a túa esposa estaba no baño nese momento e arrastrouna cos pantalóns baixados, esa noite o soto uliu fatal - riron pensando na escena, excepto eu e a miña nai, quen tapou a cara pola vergoña. 

- Pero por que o facía? - dixo limpando as bágoas da risa. 

- Non o sabemos, nunca quixo dicirnos. 

- E se escoitaba catro tronos que pasaba? - a miña nai foi quen respondeu. 

- Atrancaba a porta e preparaba a escopeta - suspirou e mirou para a xanela - Recordándoo agora parece até de loucos. 

- É que estaba tola - o meu comentario deixou a todos calados. O meu pai apretou o volante con forza e miroume con rabia. 

- Ten un pouco de respecto, a túa avoa acaba de morrer - encollinme de ombros e soltei o aire nun bufido. 

- É incrible o pouco que me importa esta merda - é era verdade, só a vira unha vez cando era pequeno. A miña nai quixo visitala con toda a familia pero ela só nos gritou e dixo que non quería vernos, ese día a miña nai aguantou moito as bágoas, tanto como agora. Meu pai golpeou o volante. 

- Polo amor de Deus se non querías vir entón deberías quedar na casa - non podía - Estás facendo chorar a túa nai - non me importaba.

 Meu pai chistou cando viu a indiferenza na miña cara e a continuación suspirou. 

- Voute deixar na casa da avoa, cando leve a túa tía ao hotel imos falar - dábame igual, non me importaba. 

O resto do traxecto foi silencioso. Xa a ninguén lle apetecía falar. Eu só mirei a xanela, ignorando o constante zumbido do móbil, concentrándome para ignorar, até que parou. Xusto cando cheguei á casa. 

Abrín a porta pero antes de saír meu pai detívome. 

- Espera. Poderías darlle un bico a túa nai antes de irte? - mireino e marchei sen sequera despedirme. Rompeu a chorar cando cría que non podía escoitala. 

- Que fixen mal como nai? - a miña tía e o meu pai intentaron tranquilizala, ela cría que era o problema, pero era todo o contrario, o problema era eu e dábame igual. Apurei o paso pola chuvia e entrei na casa. 

Saquei o móbil e alí apareceu a razón pola que fun a esa merda de funeral, ese número sen nome. 

“17 chamadas perdidas” “Estás ben?” “Escoitei que fuches a un funeral, sei que non che gustan esas cousas” “Fasno para fuxir de min?” “Por favor quero falar” “Se che fixen dano, síntoo moito” “Quérote” 

Todos crían que eles eran o problema pero o problema era eu e dábame igual. O odio apoderouse de min e escribín a ese número sen nome. Escribinlle cousas horrendas, cousas velenosas, que non me vira máis, que non eramos nada, que non había amor entre nós e que eramos un error. Pulsei mandar e esperei coa respiración trémula. 

“Leído” rin, seguramente se poñería a chorar. Rin máis forte, claramente se puxo a chorar pero dábame igual, recordei o triste que estaba a miña familia e dábame igual, pensei a forma en que me arruinaba e dábame igual. Tirei o móbil con todas as miñas forzas ao solo e dábame igual. Todo me daba igual. 

Un trono soou sacándome do meu trance. 

Estaba de xeonllos no chan, tapando a cara coas mans. Estaban tan molladas que non souben se era pola chuvia ou polas miñas bágoas.

 Mirei o estropicio que fixen, recoñecín ese lugar. Aquí foi onde a avoa nos gritou, recordaba mellor ese día. A miña nai empezou a chorar e ela pediu desculpas. Dixo que por favor non volveramos a ese lugar, abrazou a miña nai, deu unha aperta de mans ao meu pai e a min acaricioume a cara coas súas mans. 

Mirei de novo os pedazos de móbil no chan, talvez a tolemia era algo de familia. Levanteime e encendín as luces, era incrible que unha casa como esa tivese electricidade. Respirei e puxen un xesto de noxo, cheiraba lixeiramente a podrido, algún animal debeu morrer entre as paredes ou algo. 

Saquei toda a roupa mollada e fun buscar unha vasoira. 

A casa era grande e non a coñecía, chea de trastes, libros e demais utensilios. Nun armario do piso superior encontrei a escopeta, tiña unha fina capa de po e non parecía ser utilizado en anos. 

Concentreime na busca e atopei a vasoira pouco despois. Fun limpar o estropicio. Mirei os pedazos, xa non había volta atrás. Posiblemente me odiara, eu nin o quería saber nin me importaba. 

Xa non habería noites de películas, podería durmir mellor ris ras. Xa non habería tardes de estudo, podería concentrarme en min mesmo ris ras. Xa non habería escapadas en segredo, eran moi estresantes ris ras. 

Debería estar feliz, pero non o estaba. Dábame igual ris ras. 

Golpeei unha parede co puño, que merdas estaba facendo ese ruído e non me acostumaba ao asqueroso olor.

 A luz xustamente foise e maldecín en alto, guieime ás apalpadas na escuridade até a cociña e toquei todo para encontrar o maldito chisqueiro. Encendino e un trono soou. 

Quedei conxelado. Diante de min había unha fiestra, e o trono iluminou a orixe do son. Traguei saliva, tiña que ser unha broma de alguén, ou a mesma avoa antes de morrer. Si, seguramente ela mesma puxo ese cráneo de reno pegado ao cristal porque estaba tola e uns LEDs vermellos por ollos para asustar a alguén. O constante risras non era nada máis que ramas chocando contra a xanela, non eran garras tan grandes como a miña cabeza. As plumas só eran seguramente dalgún paxaro moi grande que morreu xustamente alí e por iso o olor a podredume. 

Levantei a cabeza, esa broma pesada seguía alí, mirándome con eses ollos falsos e seguindo con esos incensantes ruídos que cada vez se volvían máis agudos. Rin porque era unha broma, pero a podremia do aire afogábame e non puiden máis. Vomitei a un lado e levantei a mirada o máis rápido que puiden. Un golpe seco escoitouse e o cristal quebrouse en centos de pedazos, un deles cortoume a cara. A dolor despertoume e empecei a correr tanto como puiden na escuridade sen respirar ese pútrido aire, encendía o chisqueiro cada pouco para guiarme e rezaba para non encontrarme con esa cousa. 

Recordei a avoa. De iso é o que fuxía? Esa estaba máis tola do que pensaba por quedar nun lugar así para coidar dos seus fillos. Que faría agora? Tropecei cunha porta e recoñecina ao instante, era o soto, o lugar onde se escondían. Non dubidei nin un segundo e abrín a porta. 


 Un aire nauseabundo golpeoume e se puidera vomitar máis faríao. Dei un paso e sentín como mollaba o pé. Iluminei o solo co lume e encontrei que estaba completamente inundado, pero non con auga, senón con sangue. Pola comisura do ollo vín flotando un cadáver de reno e saín de alí tan rápido como puiden. 

A miña mente estaba explotando e non podía xa pensar con claridade. Escoitaba como esa cousa ía pola casa e o único no que pensaba era en esconderme. Tropecei coas escaleiras e non dubidei en subilas. Topei co armario e collín a escopeta como defensa, mirei para atrás vendo a xanela. Intentaría fuxir por alí. 

Abrín a cortina, e alí estaba esa cousa. Mirándome. Intentei correr de novo pero a bestia foi máis rápida e rompeu o cristal, abalanzándose cara a única saída. Retrocedín ata bater contra a parede e apunteino coa arma. 

- Acércate e acabas cunha bala na cabeza! - o desagradable olor facíame chorar dificultándome máis a vista da escura silueta, pero eses ollos vermellos destacaban demasiado como para non velos. A bestia ladeou a cabeza como se non me entendera, eu estaba tremendo e case xa non podía respirar. 

Acercouse e xa non pensei máis, apertei o gatillo e nada ocorreu, apertei de novo, e de novo e outra vez. Dinlle tantas veces que nin as puiden contar. Tiña que ser unha broma. Gritei da impotencia e lanceille a arma contra a cabeza, non retrocedeu. Só me mirou como sempre facía. 

Os pés tremían tanto que caín contra o chan. 

Así ía morrer? Que máis daba, xa arruinara todo, así era mellor para os demáis, para o meu pai, a miña nai, aquel número sen nome, para todos. “Estás ben?” a voz desa persoa resooume na cabeza e por unha vez contestei con sinceridade. Non estaba ben, era demasiado covarde, demasiado covarde para amar e ser amado. Pensei en todas as persoas aos que lle fixen dano, o meu pai, a miña nai, a miña tía, a aquel número sen nome. Gritei de novo, non polo monstro fronte a min senón polo monstro que era eu, gustaríame terlle pedido perdón ao meu pai, terlle dado un bico a miña nai e terlle posto sequera un maldito nome ao número… A Xoán, arrepentíame sobre todo de ser tan covarde como para non amalo correctamente, non o merecía e decidiu quedar comigo.

Unhas mans abaneáronme a cara, limpándome as bágoas e o sangue da ferida que olvidara, por unha vez mireino aos ollos de cerca. 

O mundo parou cando me din conta. Recordaba esa mirada, esas caricias, recoñecíaa. 

- Avoa? - e un último trono soou.

 

 Tolemia transitoria

 

Perdido na néboa

sentado na rúa,

leve brisa que,

arrepía a caluga.

Sinto a pel espida,

escoito voces...

                que as siga?

Todo é escuro...

Dor na testa,

coa fiestra aberta

cara a pel espida,

na fría bañeira...

 

 

O Camiño mola - 4

 


03/06/22

Unha ducia de de imperdibles arredor do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña

 Información en Praza Pública


 

ESTÁ DISCRIMINADO O ESPANHOL NOS USA? 🇺🇸 con @Romanophonie

 


Balea Vermella | A ciencia detrás das tatuaxes

 


Conversa con Gabiiig8

 Conversa cun dos meirandes streamers do twitch en galego e un catacrack do tiktok con máis de 50k seguidoras na rede chinesa.

Patinho en twitch - O galego de Asturias

 

GZMúsica. Os Bar Ban Sónicos, Radio Zapa e MJ Pérez

O Camiño mola - 2

 Seis vídeos divulgativos que forman parte dun proxecto máis amplo, O Camiño mola, que inclúe tamén libros-guía. A iniciativa está destinada a divulgar a riqueza da ruta xacobea Santiago de Compostela – Fisterra nas súas vertentes paisaxística, cultural, gastronómica ou histórica.

01/06/22

3º ESO de PMAR IES Monelos. Excursión a Santiago de Compostela (31/5/2022)


2º BAC DE HISTORIA DE ARTE DE MONELOS. VISITA A SANTIAGO (31 de maio de 2022)

 


Entrega de premios Galego con Ciencia 2022

Gañadores na categoría de 3º e 4º de ESO


Iria Hidalgo Novoa (4º ESO A) 1º Premio


Cristina Paz Pérez (3º ESO A) 2º Premio

 

Entrega premios letras galegas 2022

Premio de poesía en 2ª categoría Elena Precedo Prado (2º Bac D)


Premio de narrativa breve en 2ª categoría Jia Hao Yang (1º Bac B)


Predición meteorolóxica na Coruña do 31 de maio ao 6 de xuño

Dicionarios audiovisuais de ida e volta II. Agareso

 


30/05/22

Guadi Galego. Concerto Immersion en Callao City Lights

 Guadi Galego, a súa banda e colaboradores de Immersion (Premio á Promoción da Diversidade Plurilingüe do Estado 2020) ofreceu un concerto en Callao City Lights, Madrid, o 21 de febreiro de 2020, para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna nunha iniciativa organizada conxuntamente polos gobernos de Euskadi, Catalunya, Galicia, Comunitat Valenciana, Navarra e Illes Balears, participantes no Protocolo de colaboración en materia de política lingüística.

29/05/22

Fragas do Eume, "o parque natural da Europa atlántica peor conservado"

 A piques de facer o seu 25 aniversario, este parque aínda carece de plan reitor de uso e xestión (PRUX). As entidades ecoloxistas, que son pesimistas respecto do futuro do espazo, denuncian seren tratadas pola Xunta como "convidadas de pedra" na "apresurada" elaboración do plan.

Información en Galicia Confidencial


 

Familia Caamagno - Morrasound 2019

 


28/05/22

Balea Vermella | Cóctel científico, especial sobre a Lúa

 

DE VACAS - BEO BEO O XACOBEO

 


Aumentan os pisos turísticos, que xa igualan as prazas hoteleiras en Galicia e reducen as vivendas dispoñibles para alugar

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Mapa de distribución das vivendas turísticas en Galicia sobre unha imaxe de arquivo de edificios no litoral de Sanxenxo, o concello con máis destes pisos rexistrados CC-BY-SA Foto: Turismo de Galicia | Mapa e montaxe: Praza.gal

 

Unha ducia de curtas premiadas nos últimos anos en Cans que podes ver na rede

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Entrevista a Sara Vila: "O máis importante para que as mulleres deixemos de ter medo é o cambio de actitude dos homes"

 Información en Praza Pública


 

Os microscopios de Ramón Varela

 Información de Xosé A. Fraga Vázquez en Praza Pública

Retrato de Ramón Varela de la Iglesia (familia Varela) Dominio Público

 

Cantos de Salitre - San Pedro de Rocas

 


27/05/22

A Coruña queer. Historias da mocidade LGTBI no primeiro ano sen Samuel

 Información en Vinte

© O Novo Normal: A Coruña

 

Victoria Folgueira, concursante de «Saber y ganar»: «Os cartos do programa permitíronme empezar como autónoma»

 Esta exalumna do IES Monelos, licenciada en historia, é unha participante activa dos grandes concursos das televisións en España.

Información de B. Casal en La Voz de Galicia

Folgueira, fotografada no centro da Coruña, recoñece que os concursos enganchan ANGEL MANSO  


DE VACAS - REXURDIMENTE

 Rexurdimente das vacas e revolta feminista, con Rosalía á cabeza. Levamos un tempo traballando nesta homenaxe, con este traxe garaxe personaxe. Agardamos que desfrutedes da escoita igual que nós facéndoa... non tanto polo que vale, senón polo que significa. Avoas, nais, irmás, amigas, e a colaboración dunha tremenda personalidade xitana, forte e libre, como a de Lorena. 

Grazas infinitas! Grazas á Unitaria, escola que nos viu nacer e sempre nos apoia, a Coro González polo seu tempo e dedicación, a Xoán Sánchez pola arte no palmeo. 

 As Rosalías inspiran. Avante! 

 

 

26/05/22

Proxecto Terra: Ferrol-Fragas do Eume

 Actividade realizada polo alumnado de 4º de ESO do IES Monelos (23 e 24 de maio de 2022)

Visita ao Museo da Construción Naval

 

Urbanismo e arquitectura en Ferrol

 

Paseo pola ría de Ferrol

 

Visita ao castelo de San Felipe

 

Albergue de Alvarella

 

Museo etnográfico da Capela

 

Andaina polas Fragas do Eume

Familia Caamagno - Monstro Subnormal (videoclip oficial)

 


22/05/22

Socializar a lectura: "No club todos aprendemos moito uns dos outros"

 Información Ana G. Liste en Praza Pública

Club de lectura coordinado por Irmás Cartoné na libraría Numax © Numax

 

"Hai que crear as condicións para que producir alimentos no rural galego non sexa unha carreira de obstáculos"

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

'Memoria e patrimonio': fotografías que permiten reconstruír o pasado e, dende a escola, “coidar a esencia do que somos”

 Información en Praza Pública

Imaxe tirada en 1964 no norte de Portugal e achegada por Claudio Afonso Conraria da Escola Básica e Secundária do Agrup. de Esc. Muralhas do Minho (Valença) © Ponte nas Ondas!


Alberto Gende: encher o baleiro da ausencia, revelar a obra dun artista

 Información en Praza Pública

Autorretrato de Alberto Gende © Alberto Gende

 

RESUMO | Real Valladolid Promesas 0-4 DEPORTIVO | PrimeiraRFEF | Xornada 37 | Grupo 1

 


Cunqueiro. A grande ilusión

 


21/05/22

Domingo Villar in memóriam


 

Unha ducia de escenarios nos que Domingo Villar deixa orfo a Leo Caldas

 Información de David Reinero en Praza Pública

Illa de Toralla na ría de Vigo
 

María Casares - O deber da memoria

 Audiovisual que forma parte do proxecto 'María Casares. Voces para un centenario'. Iniciativa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. 

Neles combínase a análise de aspectos da traxectoria da intérprete grazas a voces autorizadas (María Lopo e Emilio Grandío), coa interpretación de textos vinculados a Casares por parte de dez actrices galegas. 

Audiovisual apto para todo o conxunto da sociedade, e en especial material didáctico de interese para a comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

María Casares e o Festival de Avignon

 Audiovisual que forma parte do proxecto 'María Casares. Voces para un centenario'. Iniciativa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. 

Neles combínase a análise de aspectos da traxectoria da intérprete grazas a voces autorizadas (María Lopo e Emilio Grandío), coa interpretación de textos vinculados a Casares por parte de dez actrices galegas. 

Audiovisual apto para todo o conxunto da sociedade, e en especial material didáctico de interese para a comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Balea Vermella | Non penses nun elefante rosa

En Balea Vermella  falan coa escritora Antía Yáñez sobre o seu libro "Non penses nun elefante rosa", publicado por Xerais, onde a trama xira arredor do trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) e sobre esta doenza mental centramos a conversa.
 
 

Viola en Oito

 Curtametraxe documental sobre o proceso de reprodución da viola en oito do ancián número 16 do Pórtico da Gloria. Mostra, desde unha perspectiva artística e documental, o estudo, medición, reprodución en plano e construción en madeira da peza, ademais de ligar o seu camiño particular co Camiño de Santiago. O documental remata coa interpretación dunha composición co instrumento creado.

 


20/05/22

Hai debate! (2ª edición)

 Concurso de debate organizado polo departamento de filosofía do IES Monelos  coa colaboración do EDLG do Centro.

Domingo Villar, o gran inspector da alma galega

 Monográfico sobre Domingo Villar en Fugas de La Voz de Galicia


 

 

EME DJ: «Isto é como un alien que levo dentro e teño que domalo»

 Información de Ana G. Liste en Vinte

EME DJ en cabina nun directo © EME DJ


Alcaldesas de todo o Estado asinan na Declaración de María Pita o seu compromiso coa igualdade desde o eido local

 Información en Praza Pública

As dezasete alcaldesas que asinaron na Coruña a Declaración de María Pita, diante do Concello na praza de María Pita © Concello da Coruña

 

Chegan as voces para que a intelixencia artificial fale galego

 Información en Praza Pública

Imaxe dun vídeo promocional do 'Proxecto Nós' CC-BY-SA USC / Xunta

Conversa con Antonio Díaz

 


As rebeldes do viño - Elísabet

 Peza integrada na serie documental de 5 episodios que se achega ao traballo diario das mulleres do panorama vinícola actual galego. A variedade de perfís das protagonistas (viticultoras, sumilleres, distribuidoras, enólogas...) dá conta da variedade galega neste eido. Rodouse nos meses de agosto e setembro, cando a viña está no momento de máximo esplendor e ten lugar a colleita.

Lendas galegas – Os bautizos prenatais

 


19/05/22

Premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia (2022)

 Premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia. 

A Comisión de Selección do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, constituída ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, seleccionou como gañadoras as seguintes curtas: 

Primeiro Premio Conto do Miño, do IES Antón Alonso Ríos. Tomiño. Pontevedra 

Segundo Premio Aturuxando nas ondas, do IES Punta Candieira. Cedeira. A Coruña 

Terceiro Premio Unha illa no medio do mar, do IES Valadares. Vigo. Pontevedra

'De Córgomo a Fair Oaks', a viaxe de Galicia a América do Florencio Delgado máis popular e folk convertida en canción

 Información de Marco Pérez Pena en Praza Pública

DAKIDARRÍA - Ate o Abrente (videoclip oficial)

 


A BANDA DA LOBA - Presentación de Xabón Lagarta en Compostela (16/05/2022)

Fálase | Agro sen terra e afacerse á festa

 

Lendas galegas – O polbo colosal