11/04/22

Loitar saben - 1

 Serie documental de dous capítulos que dá a coñecer o papel que exerceron as mulleres galegas no século XX e o paso destas do espazo privado ao espazo público. Faise a través da historia de mulleres de emigrantes que ficaron na casa e dun equipo de fútbol feminino, unhas e outras contadas por mulleres de distintas zonas de Galicia. 

Pretende tratar temáticas desatendidas pola historiografía e evitar a perda do patrimonio oral e da memoria da sociedade galega mediante a recollida de relatos familiares e colectivos para que non sexan esquecidos. 

 O primeiro capítulo versa sobre o eido privado e o traballo doméstico das mulleres galegas.

07/04/22

Conversa con Iria Veiga "A Raiña Vermella"

 Conversamos con Iria Veiga, "a Raiña Vermella", unha médica psiquiatra, divulgadora científica e da lingua, que actualmente traballa na Seguridade Social e á que podedes ver xunto a Javier Balea no proxecto de divulgación científica Balea Vermella (en twitch, YouTube e formato podcast).

Presentación do novo CHUAC, o novo hospital público da Coruña

 


A máscara de protección pola COVID deixa de ser obrigatoria en interiores o 20 de abril tras case dous anos

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Dúas alumnas da USC, con máscaras de protección © USC/Santi Alvite

 

O universo de Laxeiro en América pode visitarse até o 5 de xuño en Lalín

 Información en Nós Diario

Vista da exposición sobre Laxeiro en Lalín (Foto: Nós Diario).

 

Os nomes da nosa terra - 6 - Monte Pindo

 


06/04/22

Melodía a Compostela. No Majors - 3

 Webserie documental de 6 episodios, de 10 minutos cada un, sobre a música no Camiño de Santiago. En cada capítulo, Benxamín Otero entrevista diferentes especialistas (músicos, musicólogos, frades, historiadores, luthiers, promotores etc.) para introducir o espectador no universo musical que rodea o Camiño. 

A docuserie ten como obxectivo difundir o patrimonio musical que impregna a Ruta Xacobea desde o seu inicio ata a actualidade; promover, en xeral, o patrimonio cultural galego (sobre todo o relacionado coa música, as artes plásticas, a artesanía e a lingua); promover o fenómeno do Xacobeo e os Camiños de Santiago e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural de calidade.

05/04/22

Radio Monelos: "Ataque Escampe"

 Programa de Radio sobre o grupo musical de pop "Ataque Escampe" realizado polas alumnas de 2º ESO B: Inés Rodríguez, Lucía Barbé (na locución) e Iria Tenreiro (no control de son).

Radio Monelos: "Dios ke te crew"

 Programa de Radio Monelos sobre o grupo de rap "Dios ke te crew". Elaborado polas alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez e Celtia Suárez na locución e África Trillo no control de son.


 

Predición meteorolóxica (5 ao 12 abril)

Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos.

 


Músicas inéditas en casas literarias II - 1 - Soio na noite

 Segunda entrega de Músicas inéditas en casas literarias, a cargo do guitarrista Samuel Diz. Trátase dun proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego que se concreta en 8 vídeos gravados nas casas-museo de Manuel María (Outeiro de Rei) e Emilia Pardo Bazán (A Coruña). 

O proxecto ten como finalidade a recuperación sonora de partituras para guitarra de Tino Prados (1924 - 1981) e a gravación da obra contemporánea da compositora Gloria Rodríguez Gil (Vigo, 1972), interpretada na réplica da guitarra de Lorca. Recuperáronse, na voz da cantante Faia, os poemas de Manuel María e Novoneyra musicados por Tino Prados, así como a composición "Oia" de Gloria Rodríguez a partir dun poema en galego, que escoitamos na voz de Belén Bermejo. 

Cada vídeo inclúe unha explicación sobre a historia e o proceso de recuperación da partitura.

04/04/22

As 'Mil Primaveras' para o galego están na música, no xogo, nas redes sociais e nos recursos para crianzas

 Información en Praza Pública

Imaxe da edición 2021 dos Premios Mil Primaveras © CTNL

 

Xa está aquí o Carballo Interplay: nove anos achegando a 'última hora' da creación máis nova

 Información en Praza Pública

Unha das sesións da edición 2021 no Carballo Interplay © CIP

 

Máis garantías e dereitos: as diferenzas que atopan os refuxiados da Ucraína na Unión Europea

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Familias que foxen da guerra na Ucraína esperando na zona de autobuses que os levan cara a outras partes de Europa © UNICEF/UN0610654/Vladimir

 

As Fragas do Eume dez anos despois do incendio: un parque natural sen xestión e que continúa a se degradar

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Os activistas da lingua. Capitulo 3 da web serie "Aquí medra a lingua"

 No IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto de Dinamización Lingüística non é unha simple axenda de actividades senón o corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así, que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado? Ademais dun maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exerce de activista da lingua.

 


Estación de Autobuses A Coruña. O novo centro intermodal

 


Os nomes da nosa terra - 1 - Barcia de Mera

 Microdocumental da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que persegue difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia. Para realizalo, contouse coa colaboración da veciñanza de cada un dos lugares cuxos topónimos se analizan, de persoas expertas en lingua, en pedagoxía e no audiovisual.

03/04/22

Entrevista con David MacMillan, Nobel de Química 2021

 “Meu pai traballa no aceiro e meu avó era mineiro, nunca imaxines teitos”. Falamos con David MacMillan, galardoado en 2021 xunto a Benjamin List. "Cando me deron a nova pensei que era unha broma de mal gusto”. 

 


Balea Vermella | Astenia primaveral

 


O persoal das contratas da refinaría da Coruña acorda finalmente levantar o paro a partir do 4 de abril

 Información en Nós Diario

Manifestantes participan nunha marcha tras a morte dun traballador da refinaría de Repsol na Coruña. (Foto: M. Dylan / europa Press).

 

O Provincialismo: 176 aniversario da revolución galega de 1846

 Información en Nós Diario

Miguel Solís, Antolín Faraldo e Pío Tarrazo, tres dos máis importnates dirixentes da revolución galega de 1846. (Foto: Nós Diario).

 

RESUMO | Deportivo da Coruña 2-1 CF Rayo Majadahonda | PrimeiraRFEF | Xornada 30 | Grupo 1

 


02/04/22

Bases do concurso: Hai debate 2022 (2ª edición)


 BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2021-2022. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará na semana do 9 ao 13 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 
 
4. Desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis. 5. O tema escollido na fase inicial, semifinal e final quedará establecido polo departamento de filosofía. 
 
6. Estará estruturado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira e segunda semana (19 ao 22 de abril e 25 ao 29 de abril) desenvolverase un debate en cada grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de A-C e B-D. 
• Na primeira semana de maio (2-6 haberá a semifinal). 
• Na segunda semana de maio (9-13 haberá a final). 
 
7. As sesións dos debates poderán ser gravadas. 
 
8. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
 • 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
 • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
9. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

GzMúsica - Keltoi! e Udra

 


Luis Emilio Batallán: "Ahí ven o Maio"

 Microdocumental de memoria poética e musical sobre "Ahí ven o Maio", o primeiro disco de Luis Emilio Batallán, publicado en 1975. O proxecto busca dar a coñecer, da man do compositor e cantautor, o significado deste traballo, así como historias e detalles sobre a época que hai detrás de cada canción, anécdotas e referencias á relación cos poetas autores dos textos sobre os que se compuxeron os dez temas do disco, dos que neste documental se poden escoitar novas versións do propio Batallán.

 


94ª Gala dos Oscar - Cinema Lobeira

 


Radiografía dos accidentes laborais: tres mil persoas morreron no traballo nas últimas tres décadas en Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Concentración na refinería de Repsol na Coruña despois da morte dun dos traballadores e gráfica coa evolución dos accidentes laborais mortais en Galicia CC-BY-NC-SA Foto: CIG | Montaxe: Praza.gal

 

Culturas Estelares: as Constelacións Chinesas

 


01/04/22

2022 Ano Internacional de María Casares

 Información en Concello da Coruña


 

Preto de 23.000 persoas concorrerán ás oposicións de Educación convocadas pola Xunta neste 2022

 Información en Consellería de Cultura, Educación e Universidade


 

Unha ducia de libros infantís e xuvenís en galego premiados internacionalmente

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

Nacer, producir, morrer: o novo disco escuro pero alegre de Grampoder

 Información en Praza Pública


 

A Biercidade con Jelen Superstar

 


Xabier Díaz: María e Curuxa

Que cambia no novo currículo da ESO? Máis 'saber facer' e menos memorización e repeticións de curso

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Aula nun instituto de educación secundaria en Galicia CC-BY-SA Xunta

 

O consumo dos principais combustibles derivados do petróleo caeu un 30% en Galicia dende a crise de 2008

 Información de David Lombao en Praza Pública


 

Traballadores de contratas da refinaría da Coruña exixen máis seguridade a Repsol

 Información en Nós Diario

Manifestantes participan nunha marcha tras a morte dun traballador da refinaría de Repsol na Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).

 

Oso pardo gravado por Pela del Álamo no Macizo Central ourensán

 


Un policía multa un home coa 'lei mordaza' na Coruña porque os seus fillos de 2 e 4 anos xogaban na oficina do DNI

 Información en Praza Pública

Instalacións da Xefatura Superior da Policía de Galicia na Coruña, nunha imaxe de arquivo durante unha presentación de vehículos policiais (2018) © Delegación do Goberno de España en Galicia

 

Efecto Coriolis, inapreciable a pequena escala

 O Efecto Coriolis é perceptible en grandes corpos en movemento pero non no lavabo. Esta é a resposta dun físico a un mito con nome francés e acento americano. Na nosa serie #DesmontandoMitos, coa colaboración da FECYT e da USC

31/03/22

#DígochoEu Seguro que sabes o que é o castrapo?

 


'Explícoche matemáticas': vídeos que demostran que todas as materias se poden impartir en galego


 Información en Praza Pública

No 2021 a proposta gañadora foi un vídeo sobre Ada Lovelace, realizado por Sara Ramos López e Uxía Varela Castro do IES Afonso X O Sabio (Cambre). 

  

Alba Casás do IES Manuel Murguía e hoxe véñoche explicar un dato moi curioso acerca da relación das dobreces dun folio coas potencias (2021)

  

Miño Guerreiro (As Pontes): Explicando matemáticas, cociñando e xogando en galego

O plan do Goberno de España pola crise de prezos simplifica os permisos para parques eólicos

 Información de David Reinero en Praza Pública

Zonificación ambiental para a enerxía eólica, coas zonas máis sensibles en cor máis escura e as menos sensibles en cores máis claras © Ministerio para a Transición Ecolóxica

 

A derradeira lección de 'Tita': morre en Vigo aos 98 anos Antía Cal, pioneira da renovación pedagóxica en Galicia

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Antía Cal nun momento do documental 'Regalo de Memoria' © CTV

 

O MAIOR FILME NUNCA FEITO | PODCAST CINEMA T2, E1

 


26/03/22

Miguel Anxo Bastos: "Eu sei que a miña lingua é o galego-portugués"

 


‘O péndulo’ ou a memoria sandadora

 Información Praza Pública

'O péndulo', de Inversa Teatro © Inversa Teatro

 

'Aquí medra a lingua': os centros de ensino como "cómplice indispensable" para a transmisión do idioma

 Información en Praza Pública

Non só comida e teito: ONG galegas redobran esforzos para atender refuxiados da Ucraína "nun sistema saturado"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Divia, de cinco anos, e Damia, de oito, viaxaron coa súa nai de Ucraína a Romanía fuxindo da guerra © UNICEF/UN0599064/Moldovan

 

Esta fin de semana muda a hora. Que foi das propostas para suprimir o cambio?

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Reloxos do mundo, no Parque do Pasatempo CC-BY-SA Óscar (xindilo/fotosderianxo)

 

'A camisa', de Lauro Olmo, chega en formato 'podcast'

 Información en Nós Diario

Álvarez, García, Pizcueta e Cruz na presentación (Foto: Nós Diario)

 

Unha ducia de institucións creadas pola colectividade galega na emigración

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

'Un país en 360' - O castro do Facho

 


20/03/22

'Hierro', 'Jacinto' e 'Tres' triunfan nos vixésimos Mestre Mateo

 Información en Praza Pública

Foto de familia das premiadas e premiados nos XX Mestre Mateo, no remate da gala © Academia Galega do Audiovisual celebrada en Expocoruña © Concello da Coruña

Recitais e un manifesto centran o Día Internacional da Poesía na Galiza

 O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Poesía.  AELG propón o cancelo #Autoraspolapazecontraaviolencia e realízanse actos en varias cidades e vilas do país. 

Información en Nós Diario

Antón Reixa é o autor do manifesto en Compostela (Foto: UVigo)

 

Anuncio Telexornal Florencio Delgado Gurriarán

 


A vida de Florencio Delgado Gurriarán. Parte 01

 «Florencio Delgado Gurriarán, a vida dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista» polo historiador Ricardo Gurriarán. Charla con coloquio sobre a etapa vital do poeta que vai dende o seu nacemento en Córgomo de Valdeorras en 1903 ata o seu exilio a México en 1939. 

Organizada por Valdeorras Infinda coa colaboración da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

As chuvias concentradas e as temperaturas deste inverno aceleran a necesidade de mudar a xestión da auga

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Vista da ría de Arousa dende A Pobra do Caramiñal, nunha imaxe tomada neste mes de marzo de 2022 CC-BY-NC-SA Praza.gal

 

Ao Son de Mou DKTC #aoSDNM

 


19/03/22

As eléctricas ingresan 2.600 millóns en 2021 na Galiza

 Información de Xacobe Ferreiro en Nós Diario

O encoro de Belesar (Chantada), o segundo de maior potencia instalada da Galiza(Foto: Luis Vilanova).

 

Mohammad Ali Pakdel, refuxiado afgán en Ourense: "A historia repítese e teño que comezar unha nova vida nun país que non é o meu"

 Información M. G. Liste en Praza Pública

O xornalista afgán refuxiado en Ourense, Mohammad Ali Pakdel , na xornada con alumnado de Comunicación en Santiago CC-BY-SA Praza Pública

 

A RAG homenaxea no seu cabodano a Xosé Ramón Barreiro, "construtor da identidade da Galicia do presente"

 Información en Praza Pública

Xosé Ramón Barreiro Fernández © Xosé Castro / RAG

 

A dependencia, o fracaso e o desenfreo: 'Smoke on the water' ou como escachar coa risa nun teatro

 Entrevista a Santiago Cortegoso por Ana G. Lista en Praza Pública

Adrián Ríos, Mon Orencio e Belén Constenla, en 'Smoke on the water' © Diego Seixo

 

Ao Son de Chicho #aoSDNM

 


17/03/22

Dúo Vaguedades 2.0. Rosalía de Castro & Eduardo Pondal

 


Cinema Lobeira - XX Mestre Mateo - Previa e quiniela

 Comezamos hoxe a serie de especiais falando de cinema ao que nun ataque de orixinalidade din en chamar Cinema Lobeira. E falamos neste primeiro directo, dos Premios Mestre Mateo, dos que coñeceremos como arrincan, como inscribir pezas audiovisuais, como se votan e as candidaturas deste ano, das que coñeceremos as gañadoras o vindeiro sábado á noite.

 


O bosque animado 20 anos despois

 Documental para todos os públicos elaborado con motivo do XX aniversario da estrea de "O Bosque Animado", filme que supuxo un fito por ser a primeira película europea de animación 3D exhibida en salas. 

O fío condutor é unha entrevista ao director, Ángel de la Cruz, e a outros membros do equipo 20 anos despois. Conta con ilustracións, imaxes, bocetos, debuxos creados para o filme e fragmentos deste. Presenta a historia e anécdotas do proceso de creación e mostra a evolución do audiovisual galego desde entón.

Entrevista a Raquel C. Pico, xornalista: "As mulleres estaban aí, accedendo á información, así que a historia é máis ampla do que pensabamos"

 Información de Ana G. Liste en Praza Pública


 


A folga de transportes obriga o sector lácteo a paralizar a actividade

 Información en Nós Diario

O sector pide garantir o transporte de mercadorías (Foto: Nós Diario).

 

Cuarto día de paro no transporte: perdas millonarias na pesca e problemas no abastecemento de auga mineral

 Información en Praza Pública

As e os transportistas que secundan o paro indefinido no sector percorreron esta quinta feira Ourense até chegar á sede da Subdelegación do Goberno español (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).

 

Ao Son de Nuno #aoSDNM

 


16/03/22

Concurso día internacional da muller (8 marzo)

 GAÑADORAS DO CONCURSO:

Lucía Morandeira Pena (2º ESO A)

Iria Hidalgo Novoa (4º ESO A) 

A entrega dos premios realizarase o venres 18 de marzo no primeiro recreo na porta principal de entrada do Centro.

 

O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 21 de febreiro e rematará o venres 11 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da cultura, ciencia, matemáticas, medicina e educación. A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas. Tamén no blog de normalización: cotarelomonelos.blogspot.com.

 BASES 

1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría. 

2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización. 

3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todos as personaxes femininas.

4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores. 

5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto. 

 

As mulleres do porvir, de Dorotea Bárcena (lectura dramatizada)

Lectura dramatizada do texto "As mulleres do porvir", co que o CCG quere homenaxear á pensadora Concepción Arenal, pero tamén á actriz, directora e dramaturga Dorotea Bárcena. Este foi o seu derradeiro texto dramático, publicado en 2003. O audiovisual está producido para o Consello da Cultura Galega por A Quinta do Cuadrante e dirixido por Tito Asorey.

 


A guerra na Ucraína tamén bloquea o gran celeiro de pensos da gandaría galega e reabre o debate da soberanía alimentaria

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Plantación de millo en Ucraína CC-BY-SA Fototraveller

 

Ao Son de Baiuca #aoSDNM