18/02/21
17/02/21
Rocha Forte: desbrozar a nosa historia
A carón da N-550, entre Santiago e O Milladoiro, estivo o castelo máis grande de Galicia. Era do arzobispado da cidade e non durou máis de dous séculos, cando aló por 1467 os irmandiños remataron con el. Desde aquela permaneceu esquecido: aguantou cincocentos anos, mil batallas e mesmo a desfeita dun tren que o pasou por literalmente por riba.
- En 1998 a veciñanza da Rocha “sublevouse” como fixeran os irmandiños para sacar o castelo de debaixo da herba. Os traballos comezaron no ano 2000 e tras varios paróns e novas axudas, a recuperación do espazo chega a unha nova fase para mellorar a contorna e seguir coas sondaxes. Falamos con Carlos Delgado, presidente da Asociación Rocha Forte; Lola Cerqueiro, arqueóloga municipal; e Mercedes Rosón, actual Concelleira de Cidade Histórica.
16/02/21
Kendrah, video promo
Kendrah nace cunha idea innovadora e sinxela: fusionar a música tradicional galega e a afro-bahiana. Seguindo a traxectoria de grandes artistas como Olodum, Muzenza e ile Aye; e empregando cantos de taberna, poemas en galego e de recoñecidos poetas e poetisas galleg@s. Este ano centrámonos no ano Xacobeo e na poeta Xela Arias.
Unha sardiña de 3 metros e 350 quilos na rotonda do Campo da Leña
O escultor Miguel Couto tardou tres meses en moldear, fundir e soldar no seu taller de Arteixo a enorme sardiña que o concello instalou este luns na rotonda da rúa da Torre coa confluencia da rúa San Xoán como homenaxe ao espírito do entroido coruñés.
15/02/21
Van Gogh
Repaso pola obra de Vicent Van Gogh acompañada da música de Don McLean "Vicent. Starry, starry, night" con subtítulos en galego.
A lagoa de Antela reclama o seu lugar 62 anos despois
As intensas chuvias do inverno están a volver facer rexurdir a lagoa de Antela, que volve reclamar o seu lugar. Así sucedera tamén en 2019.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Publica
As chuvias fan 'revivir' á lagoa de Antela © Árbores da Limia
14/02/21
Monforte homenaxea a Lois Pereiro a partir do 16 de febreiro
Será a partir do 16 de febreiro, día do nacemento do poeta. Na homenaxe participan xente do mundo das letras como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas; músicos como Abe Rábade e Mercedes Peón, xente vinculada ao audiovisual como Alfonso Zarauza, Miguel de Lira e Mariño Rivas; xornalistas como Antón Losada, ademais de persoas do mundo do deseño, a edición ou a educación.
Información en Galicia Confidencial
13/02/21
GZ na verbena do autotune! con Chicho do Funk
⚡ A verbena da cumbia e do merengue con autotune coloca no escenario a Ortiga, un dos proxectos musicais de Manuel González González, tamén coñecido como Chicho do Funk. Con máis conexión pola música con raíces en Latinoamérica -moi conectada con Galiza a raíz da emigración- que cun violinista de Salzburgo, Chicho do Funk fala ante as cámaras de Nós Televisión de Ortiga e de Boyanka Kostova, da lingua galega, da música que move o corpo das pobres, da identidade e da aspiración a pasalo ben na vida. Cumbia e autotune para todxs! 🎶
'Formigas nos pés', de Nazaret López, é a historia dun proceso de recuperación tras unha ruptura, a volta á individualidade plena tras un enganche tóxico
“Sempre é tempo de volver a ser unha mesma e afrontar as verdadeiras querenzas”
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública
Nazaret López, escritora © Manuel González
12/02/21
Xa esta o entroido COVID-19 no IES Monelos!
Organiza a vicedirección do centro
Ola
Estade atentos porque este curso o Entroido en Monelos será diferente ao doutros anos. Temos que cumprir con todas as medidas de seguridade ás que nos obriga a pandemia e por iso non podemos organizar o concurso de comparsas. O que si podemos facer é o seguinte:
- A partir do martes que vén e ata o xoves, teredes que cumprir cunha serie de "mandados" que vos iremos poñendo por aquí, no hall do instituto e na nosa conta de Twitter. O martes xa ten o seu mandadiño asignado, o do mércores subirase o martes e así ata o xoves que será cando rematemos.
- O venres poderedes vir disfrazados pero tendo moito coidado en cumprir cos protocolos nas aulas, nas entradas e no patio. Estades a facelo moi ben así que non vos custará traballo seguir como ata o de agora. Tedes tamén a posibilidade de participar no consurso virtual de disfraces e gañar moitos premios.
Moi feliz entroido a todos!
Mandadiño do martes 9 de febreiro
Entrega dos premios dos carteis do día da paz 2021 do IES Monelos
O director do IES Monelos fai entrega dos diplomas e vales regalos ás alumnas gañadoras do concurso realizado en 3º de ESO coa colaboración do EDLG e o departamento de debuxo do centro.
Queres axudar a que os dispositivos móbiles falen e entendan galego? Segue estes pasos
O proxecto Trasno pide colaboración da cidadanía galega para reunir máis de 5.000 frases curtas en galego e que as máquinas poidan, así, comunicarase na nosa lingua.
Información en Galicia Confidencial
Unha persoa utilizando o seu teléfono móbil. STADA - Arquivo
A Cartabón
A Cartabón é un símbolo no espazo cultural e literario galego que foi quen de resistir desde o ano 1984, entregada ao libro en galego e cunha verdadeira paixón pola profesión de libreiro.
Entrega de premios Canción Solidaria no Camiño.
O 12 de febreiro o director do IES Monelos Antón Orosa fai entrega dos diplomas e os vales dos premios aos gañadores do concurso "Canción solidaria no Camiño".
Nina Varela Ota (2º ESO B) gañadora da 1ª modalidade do concurso
Jia Hao Yang (4º ESO A) gañador da 2º modalidade deste concurso
11/02/21
Experimentos e obradoiros para espertar vocacións científico-tecnolóxicas nas rapazas
11 de febreiro: día internacional da muller e a nena na ciencia.
Investigadoras e profesoras da Universidade de Vigo apostan por celebrar este día con centros de secundaria de Galicia
O caso de María de la Fuente: un precedente pola igualdade na investigación
11 de febreiro: día da muller na ciencia.
Unha sentencia recoñece a discriminación na convocatoria á que a científica galega se presentou en desvantaxe por mor do permiso de maternidade.
A investigadora María de la Fuente, do IDIS. Foto: Sergas.
A xenetista Jimena Fernández de la Vega, Científica Galega do ano 2021
Xunto á súa irmá Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, e acadou gran notoriedade investigadora.
Jimena Fernández de la Vega y Lombán. Foto cedida pola RAGC.
Galego na universidade: por que non?
Máis do 80% das alumnas da Universidade de Vigo toman apuntamentos en castelán. En galego, só o fan sempre o 7%. Un reflexo da situación sociolingüística do país.
10/02/21
09/02/21
08/02/21
Entrevista a Roberto Varela exconselleiro de cultura durante o 2009-2012
"Os ataques que recibín sendo conselleiro doéronme moito; sentinme só e incomprendido. Non entendía nada"
Información de Montse Dopico en Praza Pública
Roberto Varela foi conselleiro de Cultura de abril de 2009 a xaneiro de 2012 CC-BY-NC-SA Praza Pública / Cedida
Gañadores do concurso a Senda dos Faros
1º Premio: Sálvora IES Plurilingüe A Cachada de Boiro (A Coruña)
2º Premio: De Naufraxios, faros e lendas: do Cemiterio dos ingleses a Camariñas do IES Monte Neme de Carballo.
3º Premio: A melodía do faro CMUS Xan Viaño de Ferrol
07/02/21
Ángel Carracedo: "Dicíanme que se escribía en galego non me ía ler ninguén"
Artigo do catedrático da Universidade de Santiago e director da Fundación Pública de medicina xemónica (SERGAS), Ángel Carracedo, para conmemorar o 7 de febreiro os días dos medios en galego.
Información en Galicia Confidencial
O nivel de ocupación das UCI segue en máximos a pesar do descenso no número de novos casos de COVID
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Nas unidades de coidados intensivos o número de camas ocupadas semella ter chegado ao seu máximo, pero leva varios días situado nese nivel, sen iniciar aínda o desexado descenso CC-BY pxfuel
REACCIÓN ao TikTok galego VOL. III
Nova visión crítica de Olaxonmario sobre o uso do galego en tik tok.
06/02/21
Saúde e Terra, Marta Pérez!
Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva sete producións teatrais.
Agra do Orzán, barrio de cemento
Na parte oeste da cidade da Coruña sitúase a Agra do Orzán, un dos barrios con maior densidade de poboación de toda España. En apenas 0,4 quilómetros cadrados habitan 30 mil persoas. Esta é a historia dun barrio obreiro na que o cemento e os coches foron gañando espazo até expulsar ás persoas e ás árbores. A veciñanza leva décadas solicitando un parque no que poden desenvolver a vida en común.
🎥 Nesta reportaxe, poñemos voz a unha loita compartida en moitos outros barrios conformados por traballadoras e traballadores.
Nova novela de Rexina Vega: "O estado intermedio" (Galaxia)
“A figura paterna márcanos tanto como a materna, detesto esa hiperinflación da maternidade como valor absoluto”
Entrevista realizada por Montse Dopico para Praza Pública
Rexina Vega © Anxo Cabada
Unha ducia de edificios de Rodolfo Ucha en Ferrol
Rodolfo Ucha (Vigo, 1882 - Ferrol, 1981) foi arquitecto municipal de Ferrol entre 1909 e 1936 e nese tempo realizou unha vintena de edificios de estilo modernista, que constitúen unha parte moi destacada do patrimonio arquitectónico da urbe. O Concello iniciou en xaneiro o proceso para concederlle o título de fillo adoptivo da cidade, lembrando ademais o 40 cabodano da súa morte. Repasamos aquí unha ducia destes edificios que desbotan por completo a idea (por desgraza demasiado estendida) de Ferrol como unha cidade fea.
05/02/21
Bens ligados á Casa Cornide afloran no mercado de antigüidades en pleno proceso para botar os Franco
Información de Miguel Pardo en Praza Pública
Casa Cornide, na Cidade Vella da Coruña © Concello da Coruña
Así era Galicia: publícanse na rede miles de imaxes históricas que amosan os cambios das cidades e vilas galegas
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Imaxe do casco histórico de Marín entre 1926 e 1936. Arquivo de Otto Wunderlich CC-BY-SA IPCE
O Concello aproba por primeira vez na súa historia unha ordenanza para o uso do galego
Información Concello da Coruña
José Manuel Lage Tuñas, voceiro do grupo de goberno: “A ordenanza non só normaliza algo que debería
ser normal, senón que tamén pon fin a unha anomalía que tiñamos que
reparar, para cumprir a lexislación vixente, 31 anos despois”.
04/02/21
30 de xaneiro: día da paz e da non violencia
Concurso de carteis realizados polo alumnado de 3º de ESO. Organizado polo EDLG en colaboración co departamento de debuxo do IES Monelos.
.
Entroidos de todo o país tórnanse virtuais ante a pandemia
Os Xenerais da Ulla fan atranques virtuais e o Museo do Pobo organiza un ciclo sobre máscaras tradicionais
03/02/21
02/02/21
A COVID comeza a frear en Galicia cunha inédita carga nos hospitais tras o segundo mes con máis mortes da pandemia
Información de David Lombao en Praza Pública
Cribado da COVID no centro de saúde de Val do Dubra e mapa de incidencia da COVID con datos difundidos o 1 de febreiro de 2021 CC-BY-SA Foto: Sergas | Montaxe: Praza Pública
Máis de 21 persoas enfermas de COVID ingresaron nas UCI galegas cada día da última semana
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Atención na UCI a pacientes coa COVID, nunha imaxe divulgada pola área sanitaria de Ourense © Sergas
O Congreso volve aprobar o traspaso da AP-9 a Galicia, pendente dos descontos nas peaxes incluídos nos Orzamentos do Estado
Información de David Lombao en Praza Pública
Tráfico da AP-9 sobre a ponte de Rande, por cuxa ampliación Audasa foi compensada mediante subas de peaxes © Miguel Riopa / Audasa
01/02/21
31/01/21
A Cidade da Cultura admite ter pouca visibilidade internacional e limitadas fontes de financiamento e encarga un plan para melloralo
Información de David Reinero en Praza Pública
A Cidade da Cultura encarga o seu segundo plan estratéxico dous anos despois de rematar a vixencia do anterior CC-BY-SA Praza Pública - Xunta de Galicia
O 31 de xaneiro de 1820 nacía Concepción Arenal
Tumba de Concepción Arenal no cemiterio de Pereiró (Vigo) onde está soterrada
Xela Arias tradutora
Xela Arias: "Denuncia do equilibrio"
Opinión de Xurxo Nóvoa en Praza Pública
A comezos de agosto de 1986 #XelaArias2021 publica o seu primeiro libro de poemas, «Denuncia do equilibrio», na colección Ventobranco de@Xerais
30/01/21
29/01/21
28/01/21
27/01/21
26/01/21
Ao monumento Mortos do Portiño achégase o libro 'Luz e dignidade'
Obra "viva" para que a memoria perviva
Concello e Deputación da Coruña procuran facer visíbel o monumento "Os mortos do Portiño" favorecendo o acceso á cidadanía á obra. Unha escultura do artista Pepe Galán, realizada a iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e agora conta tamén co libro "Luz e dignidade".
25/01/21
24/01/21
Unha ducia de vídeos dos Meniños Cantores
No ano 2005, co impulso da Asociación Ponte… nas ondas!, o alumnado de 17 escolas galegas e portuguesas gravou o libro-disco Meniños Cantores, con 28 cancións, un álbum presentado en directo en Vigo e Porto e que se converteu nun referente mundial do traballo co patrimonio musical compartido dous dous países. Neste ano 2021 repetirase a iniciativa e 19 colexios galegos e portugueses gravarán cadanseu vídeo musical para o disco Cantamos Nós. Repasamos doce das cancións da primeira edición.
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
23/01/21
Saúde e Terra, MounQup!
MounQup é o proxecto musical da cantante e compositora franco-galega Camille Hédouin. 'Saúde e Terra. Voces da cultura galega'. Todos os sábados a partir das 21 horas na nosa canle de televisión, o 119 de R, e na nosa canle de YouTube.
A Tobeira de Oza, alpendre cultural
A forza cultural dos barrios obreiros é algo que pasa desapercibido para moitos proxectos e negocios que orientan o seu traballo cara o centro das cidades. A Tobeira de Oza convértese nun punto de inflexión no barrio coruñés de Oza desenvolvendo as súas actividades e as súas ofertas cultural co centro no barrio que comparten coa veciñanza. Como construír cultura dende os barrios? É posíbel tecer cultura en tempos de pandemia? Benvidas á Tobeira de Oza!
Os avatares de Afonso X O Sabio
O Consello da Cultura Galega analiza nunha exposición a figura política e cultural do monarca aproveitando a conmemoración dos 800 anos do seu nacemento.
Información de Montse Dopico en Praza Pública
Literatura galega: Ana Santiso no #UniversoGalaxia con 'Alba de Groria' (ilustrada) de Castelao
'Alba de groria' foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao, exemplo da súa capacidade oratoria e política, e que agora se ve enriquecido coas ilustracións de Ana Santiso, quen soña en imaxes o universo histórico e galaico deseñado polo rianxeiro. Un diálogo feliz entre o pasado e o futuro. Unha Alba de groria como non se vira nunca antes.
Antígona ante os xuíces
Representación no IES Elviña da obra de Pociña a cargo do grupo teatral "Sin ir más lejos" de la Casa Castilla La Mancha de Coruña. Director: Ricardo Martín.